contact@domain.com
1, My Address, My Street, New York City, NY, USA

ENVIRONMENTAL PROTECTION MANAGEMENT

Ecoloxistas en Acción pide á Fiscalía que investigue o posible delito que supón a matanza de raposos “por deporte” a nivel galego
Home » Biodiversidade  »  Ecoloxistas en Acción pide á Fiscalía que investigue o posible delito que supón a matanza de raposos “por deporte” a nivel galego
Ecoloxistas en Acción pide á Fiscalía que investigue o posible delito que supón a matanza de raposos “por deporte” a nivel galego

A asociación ven de solicitar ao Ministerio Público a apertura de dilixencias de investigación por un presunto ilícito contra o medio ambiente e os recursos naturais.

Ecoloxistas en Acción Galiza explica que a Federación Galega de Caza está a organizar matanzas de raposos a nivel competitivo rexéndose polo regulamento de caza menor. Sen embargo, a modalidade empregada é a de "batida", considerada de caza maior pola lexislación vixente. Neste senso, que a batida sexa unha modalidade de caza maior supón que ten que cumprir de maneira obligatoria uns requisitos específicos de seguridade, de comunicación previa e de resultados, ademáis de normas de control de subproductos animais non destinados ao consumo humano e de sanidade animal.

A Xunta elabora os censos das especies cinexéticas únicamente a partir dos datos dos inventarios da fauna que forman parte dos Plans de Ordenación Cinexética dos tecores (terreos cinexéticamente ordenados). O censo de raposos estimado pola Xunta a 30/05/2022, despois da pandemia na que se reduciron as actividades cinexéticas e non houbo competicións de caza, é de 46.863 raposos na comunidade autónoma; antes da pandemia, na tempada 2019/2020, con toda seguridade habería menos raposos. A Xunta tamén aporta o dato de que na tempada 2019/2020 se cazaran 15.728 raposos; posiblemente o número de raposos cazados obtido a partir de datos de capturas é inferior ao número de raposos cazados na realidade, porque os tecores que o solicitaron non teñen a obriga de contabilizar nas capturas os raposos cazados por danos.

A partir dos datos anteriores resulta un 33,56% de animais mortos, e dicir, en cada tempada de caza mátase máis da terceira parte da poboación total de raposos, o que só pode ser calificado de auténtica masacre.

A presión cinexética sobre o raposo é moi elevada porque se caza en tódolos terreos sen respectar nin os vedados; porque se pode cazar por danos durante todo o ano sen respectar as épocas de maior sensibilidade reproductiva; porque se poden cazar as crías e as femias seguidas de crías por ser considerada especie de caza menor (nas especies de caza maior está prohibido, agás no xabaril); cázanse  con modalidades de caza maior e menor e con municións de caza maior e menor, e ademais celébranse numerosas competicións de caza (campionatos oficiais e sociais, copas e probas clasificatorias) nas que o obxectivo é matar o maior número de raposos.

Os raposos tamén se cazan por xestión nos tecores que levan a cabo as denominadas "actuacións de mellora sobre poboacións cinexéticas que poidan ser afectadas negativamente polo raposo", ou sexa, soltas de perdices e coellos procedentes de granxas cinexéticas na maioría dos casos. A Xunta autoriza caza por xestión dos raposos en toda a superficie dos tecores sen esixir o informe técnico preceptivo para cazar en vedados.

Nas normas para os campionatos de raposo da FGC figura a seguinte observación: "cando nos nosos montes escasea a perdiz, o coello e a lebre, vemos con xúbilo que o raposo aumenta cada ano a súa poboación". Para a entidade federativa, coa caza sementada os cazadores alimentan aos raposos e aumentan a súa taxa de reproducción; é así xustifican a súa caza.

Sen embargo e na práctica os cazadores son os responsables de que a esperanza de vida dun raposo silvestre sexa únicamente duns 3 anos debido á presión existente sobre a especie, ao tempo que coas actuacións cíclicas de caza intensiva e solta de presas como coello e perdiz rematan por alterar o equilibrio dos ecosistemas.

Scroll al inicio