contact@domain.com
1, My Address, My Street, New York City, NY, USA

ENVIRONMENTAL PROTECTION MANAGEMENT

Auto de paralizacion P.E. Acibal
Home » Arqueoloxía  »  Auto de paralizacion P.E. Acibal
Auto de paralizacion P.E. Acibal

Hai un principio que é o principio de confianza lexítima, segundo o cal, presúmese que o que fai a Administración está ben. No caso do Acibal ese principio quebrouse de maneira drástica co inicio da execución material das obras e se evidenciou que o condicionado técnico da DIA non era capaz de garantir á protección ao patrimonio cultural e o réxime de turberias do monte Acibal. E é máis, ese principio quebrouse total e absolutamente, cando no día a día da execución das obras e ante a aparición do rico patrimonio arqueolóxico do Monte Acibal, os danos ás bestas salvaxes, os danos ás turbeiras e á biodiversidade en xeral, se demostrou que o trámite ambiental fora unha falacia que non respondía á realidade xeográfica na que se proxectaba implantar o proxecto.

Os maxistrados destacan que:

  • O Plan afecta a hábitats de interese comunitario e de especies catalogadas
  • Pódense producir danos irreparables ao medio ambiente e ao patrimonio
  • Prevalece o interese xeral en manter indemnes eses espazos públicos sobre o da empresa

Ante situacións coma esta, preguntámonos… ¿deberían asumir responsabilidades os políticos e funcionarios que autorizan o que non deberian? Por que, tendo motivos para detela dende marzo, miraron para outro lado e permitiron a destrución parcial ata este auto?

Máis Info:

Twitter @ecoloxistasgal

Twitter @TSXGalicia

PoderJudicial.es

Descarga auto en pdf

Articulo en diario TreintaySeis

Scroll al inicio