contact@domain.com
1, My Address, My Street, New York City, NY, USA

ENVIRONMENTAL PROTECTION MANAGEMENT

Manifesto Acibal
Home » Arqueoloxía  »  Manifesto Acibal
Manifesto Acibal

Facémonos eco e apoiamos o Manifesto Acibal que a continuación se expón. Previamente queremos recordar os acontecementos recentes que teñen que ver co Acibal.

O pasado abril faise unha denuncia penal en Caldas, co traballo complementario de Plataforma AmilSinEolicos, Asociación Petón do Lobo e Ecoloxistas en Acción Galiza Atlántica e Verde.

En Agosto anuncio de contencioso de EA Galiza Atlántica e Verde con xusticia gratuita e solicitando medida cautelar de paralización que finalmente se resolveu positiva a finales de outubro na Sentenza do TSX. Nos próximos días presentarase o contencioso en prazo.

Nota do MANIFESTO ACIBAL:

Esta fin de semana, na Casa da Cultura de Amil presentouse o Manifesto AcibalUn Manifesto Contra o Espolio dos Nosos Montes e Os Seus Bens.

Este Manifesto, impulsado por o colectivo Amil SEN Eólicos e o Colectivo pola defensa do Patrimonio A Forneiriña a raíz do que está a acontecer no monte Acibal ven de ser firmado por máis de 80 profesionais e grandes figuras da cultura e ciencia galegas.

Os colectivos levan meses traballando neste Manifesto, e están encantados co apoio recibido de grandes figuras da Arqueoloxía, Bioloxía e Artes de todo o país. Durante a súa elaboración tamén tiveron contactos con Arqueólogos internacionais que están a estudiar en detalle os petróglifos (algúns xa desaparecidos) atopados polos veciños no Acibal.

Entre os apoios iniciais a este manifesto destacan grandes figuras coma:

  • Agustín Azkarate Garai-Olann. Director Cátedra UNESCO de Paisajes Culturales y Patrimonio.
  • Antonio de la Peña Santos. Arqueólogo membro do Instituto de Estudos Galegos e do Centro de Estudos Históricos de Pontevedra e Académico da Real Academia Catalá de Belas Artes.
  • Dario Seglie. Profesor, Doutor e Director Xeral do CeSMAP- Study Centre and Prehistoric Art Museum Polytechnic of Torino.
  • Joaquín Araújo. Campesiño, escritor e activista ecolóxico.
  • Manuel Rivas. Escritor, guionista e xornalista.
  • Manuel Santos Estévez. Arqueólogo especialista en arte rupestre.
  • Mónica Fernandez-Aceytuno. Bióloga e Defensora do Monte do Gato.
  • Pedro de Llano Cabado. Arquitecto galardoado co Premio de Arquitectura e Rehabilitación de Galicia 2023.
  • Piero Ricchiardi. IFRAO Italian Representative. Presidente do CeSMAP.
  • Xulio Carballo Arceo. Doutor da Universidade de Santiago de Compostela e Arqueólogo.

O contido deste texto chama á acción, reclamando o deber lexítimo das entidades públicas de defender o patrimonio histórico e natural por enriba dos intereses empresariais. Os colectivos detrás do manifesto instan á revisión dos proxectos de macroeólicas en zonas arqueolóxicas, a mellora dos instrumentos de avaliación ambiental e a re-planificación do modelo de desenvolvemento económico de Galicia.

Unha parte esencial do alegato é o compromiso coa soberanía dos concellos que rexeitan a instalación de macroeólicos nas súas áreas e a necesidade de preservar e poñer en valor o rico patrimonio cultural e natural de Galicia. Tamén se subliña a importancia de conservar os espazos naturais para garantir a súa biodiversidade.

Agardan que o Manifesto Acibal sexa un chamamento a protexer os montes galegos e a súa rica herencia cultural e natural para as xeracións futuras, promovendo unha visión de desenvolvemento sustentable que respecte a historia e a natureza da nosa terra.

Este manifesto presentase a mesma semana que unha sentencia do TSX suspendeu cautelarmente as obras no Acibal. Os veciños lamentan que esta medida non teña chegado antes, pero celébrana e vena como unha oportunidade para que de unha vez se avalíen os danos reais no Acibal e a non viavilidade dun Polígono Eólico no medio de un xacemento arqueolóxico e atravesando unha zona de humidal.


O Manifesto Acibal xa é público para todo aquel que o queira ler, compartir e firmar, en: http://amilseneolicos.org/manifesto-acibal

Scroll al inicio