contact@domain.com
1, My Address, My Street, New York City, NY, USA

ENVIRONMENTAL PROTECTION MANAGEMENT

En resposta ao Sr. Méndez (1)
Home » Biodiversidade  »  En resposta ao Sr. Méndez (1)
En resposta ao Sr. Méndez (1)

En resposta o artigo en prensa en GaliciaConfidencial.com:

Sindicalistas a prol dos proxectos eólicos: "Os xuíces non teñen nin idea do tema, son pancas do Estado"

Realmente son sorprendentes – sendo moi benevolentes- as palabras dun representante sindical con cargo institucional en CCOO. Na súa entrevista, apela ao descoñecemento e ao insulto a destro e a sinistro e solta aseveracións sen máis; hai que dicir que sen fundamento científico algún. A modo de exemplo: poucos países teñen tanto vento; de onde sae iso? Galicia é o terceiro país no mundo en recurso eólico cal é a fonte de información?; convidamoslle a informarse no Global Wind Atlas, elaborado en conxunto pola Universidade Técnica de Dinamarca e o Grupo do Banco Mundial. Máis adiante, Vd. fala de 3000 horas anuais en termos de xeración de enerxía, isto que significa?... tamén di que son poucos 4000MW de potencia; pouco para que?; só se cubre o 30% da demanda das industrias enerxéticas; cal é a fonte? Cal é o consumo de industrias intensivas enerxéticamente?

Lendo o que di si que se perciben “eslóganes” (que non sorprende do seu cargo e da súa organización). Non queira ver o que Vd. fai na entrevista no que as e os cidadáns facemos ao falar cos nosos veciños dos nosos problemas. Si Sr. Mendez, as nosas preocupacións sobre como imos sobrevivir no medio rural se nos expolian o territorio.

Acusa Vd. en xenérico dun uso político e argumenta en que a resposta obvia a que non se poñan no Paseo da Castelá en Madrid é que non hai vento; e nos preguntamoslle: seica non sabe Vd. que na Comunidad de Madrid é imposible a instalación de parques MACRO eólicos porque está prohibido na normativa autonómica? Logo, abunda co argumento do prezo do leite! Comentario demagóxico onde os haxa. Podemos imaxinar o que pensarán do seu argumento as/os gandeiras/os de leite de Galicia, quenes estiveron ameazados polo prezo e tiveron que pechar as explotacións e quen ven ameazados agora pola carreira para a implantación de MACRO parques EÓLICOS onde sexa. Ao mellor, isto non é unha cuestión sindical!

Pero sigamos coa segunda parte da súa entrevista: as súas declaracións sobre as alegacións, os recursos, o criterio dos xuíces,… son profunda e manifestamente antidemocráticas Sr. Méndez. Os recursos e alegacións non só son legais e lexítimas, senón máis que desexables e necesarias nunha sociedade democrática. Isto é así de modo particular cando se alega en defensa do territorio, do colectivo, da comunidade e dun futuro xusto, limpo, sostible e para quen vén detrás. O “cortoplacismo” non nos trouxo nada bo ás/os traballadoras/es deste país e asombra que un representante sindical diga o que Vd di. As e os xuíces no seu traballo, interpretan a normativa vixente e só cabe dicir que os proxectos caeron nos tribunais porque non cumpren as normas. Se non fóra así, por que non lle explica ao seu público que desde a Xunta de Galicia aproveitarase a Lei de orzamentos para 2024 para modificar normas que faciliten a implantación de macroparques que Vd. tanto defende.

E por último e broche final fala de Alcoa, empresa que vén recibindo diñeiro público desde hai anos e que ademais de altamente contaminante, constitúe un perigo para os seus traballadores, familias e contorna. Postos a subvencionar non é mellor para todos que se subvencione outra empresa limpa, segura e sostible? Vd. neste punto, simplemente réndese a que non hai alternativas; pois haberá que buscalas Sr. Méndez!. Pode ser que sexa pedirlle moito a Vd. e á súa organización xa que lles confronta co “cortoplacismo”, a mirada curta e unha visión reducida e “reduccionista”.

Non queremos despedirnos de Vd. sen dicirlle que pelexamos e seguiremos pelexando por unha sociedade xusta, equitativa, solidaria e protectora do medio natural. Afortunadamente -tamén para Vd.- somos, cada día máis, quenes continuaremos esixindo enerxías renovables coa nosa opinión e que se nos teña en conta.

Renovables SI, pero NON ASÍ !!!

Renovables SI, MACRO renovables NON !!!

Comments are closed!

Scroll al inicio