contact@domain.com
1, My Address, My Street, New York City, NY, USA

ENVIRONMENTAL PROTECTION MANAGEMENT

Voto particular ao AUTO MEDIDAS CAUTELARES 7234
Home » Arqueoloxía  »  Voto particular ao AUTO MEDIDAS CAUTELARES 7234
Voto particular ao AUTO MEDIDAS CAUTELARES 7234

Notas sobre o Voto particular ao AUTO MEDIDAS CAUTELARES 7234/2023

 (Deixando fóra cuestións xurídicas e atendendo ao que calquera persoa de a pé pode comprender)

PREVIO.  

No texto do AUTO anterior á incorporación da RECTIFICACIÓN do VOTO PARTICULAR da sra. aparecía:

00001.jpg

"La ilegalidad alegada no es perceptible a simple vista"  Pero como pode ser que unha maxistrada do TSXG, no exercicio das súas funcións, utilice semellante frase para xustificar nada!

De verdade, que a ilegalidade non é perceptible a simple vista?

111111.jpg

A ver se así, achegándose un pouquiño máis,

222222.jpg
Deixando a un lado a súa "agudeza visual", non lle toca a vostede aplicar o criterio da "simple vista" cando exerce como maxistrada.

A sociedade que a mantén no seu posto, a mesma que paga os seus gastos e o seu salario, agarda de vostede un pouco máis de "profundidade" na toma de decisións na súa práctica profesional. 


1.   

A sra. Paz Eiroa disinte da maioría. Forma parte dun tribunal de CINCO persoas. CATRO delas coinciden na pertinencia da aprobación da Suspensión Cautelar do proxecto eólico Campo das Rosas. UNA, a sra. Paz Eiroa, fala de denegala. Sen entender moito de leis  pero si de maiorías. Igual non está moi atinada nesta ocasión.

2.

De verdade pensa que a Administración pública, neste caso a Xunta de Galicia en materia de tramitación de proxectos eólicos, sirve con obxectividade os intereses xerais? 

De verdade? 

3.

Valora a sra. Paz Eiroa, desde o punto de vista semántico e amparada na acepción RAE, que os "perxuízos significativos" non son tal. Non son importantes, relevantes, valiosos, destacados...
Os seus outros CATRO colegas maxistrados, polo que se pode ler na "Parte Dispositiva" non opinan así.


4.  Liña 164 da quinta páxina do "Voto particular..." da sra. Paz Eiroa aparece  o concepto de "cadea"



Unha cadea de solicitudes?
Aínda admitindo a denominación "cadea" cómpre lembrar que cada unha destas solicitudes corresponde a un proxecto eólico concreto dunha, agora si, auténtica anterior "cadea" de proxectos eólicos  publicada no DOG á mellor comenencia da Xunta e da Patronal Eólica. Cada proxecto ten un prazo de alegacións propio que nun primeiro momento a Xunta pretendeu reducir a 15 días pero esa mesma Sala 3ª do TSXG, na súa sentenza 00017/2022 de 21 de xaneiro, dá a razón á parte demandante obrigando á Xunta a respectar a normativa europea.

E despois da fase Administrativa, rematada co Recurso de Alzada, ven a fase Contenciosa, xa en sede xudicial, tamén cos seus estritos prazos. É aí é onde entra a Sala 3ª do TSXG da que fai parte a sra. Perez Eiroa.

A sra. Paz Eiroa, maxistrada da Sala 3ª do TSXG coñecerá ben esta xa famosa sentenza:

Retomando -e admitindo- o concepto "cadea de solicitudes" empregado pola sra. Paz Eiroa non xería de xustiza, sra. maxistrada, descontextualizalo da escandalosa "cadea de proxectos eólicos" publicados pola Consellería de Industria da Xunta de Galicia, por exemplo neste último ano:

1234.jpg

Sen ánimo de exhaustividade, simplemente para reforzar o concepto de "cadea" (DOG,s 20, 23 e 24 de xaneiro):

49.jpg

Esta "contabilidade" fai referencia aos expedientes traballados con fdata 19/07/2023:

5.

Loxicamente, todos estes proxectos veñen amparados pola Xunta de Galicia e todos eles amosan o mesmo tipo de irregularidades e defectos

Se por "fórmula" entende que os expedientes eólicos revisados pola Sala  3ª do TSXG presentan estruturas semellantes baseándose no mesmo tipo de argumentos, ten toda a razón.
Pero como podería ser doutro xeito se a práctica totalidade dos proxectos eólicos publicados pola Xunta presentan o mesmo tipo de trampas e irregularidades?

Xustamente, sra. Paz Eiroa. Este pode ser un bo exemplo de acumulación de efectos ("sinerxia" ou "efecto acumulativo") manifestamente superior á mera suma de efectos individuais.

6.


Cita agora a sra. Paz Eiroa o artigo 34 do Proxecto de Lei de Medidas Fiscais e Administrativas (Proxecto de Lei  de Acompañamento dos Orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia 2024) que pretende fixar un novo concepto: "INTERESE PÚBLICO SUPERIOR" para que no caso de que se presenten recursos administrativos contra proxectos eólicos na Sala 3ª do TSXG se teña en conta o establecido nese artigo 34.

Pretende a sra. Paz Eiroa aplicar neste asunto unha lei aínda non vixente?
Impresionante!

6.

Efectivamente, entender que "cualquier solicitud" de suspensión formulada por una asociación ecoloxista acompañada de informe propio...

Non é "calquera solicitude", sra. maxistrada. Son todas elas solicitudes amplamente documentadas e razoadas.
Non teñen outra intención que a súa consideración pola Sala 3ª do TSXG e, se así o estima a sala, POR MAIORÍA dos seus maxistrados e maxistradas, proceda á ANULACIÓN DOS PROXECTOS EÓLICOS considerados IRREGUALARES e NON CONFORMES A DEREITO.

Todas estas solicitudes, foron elaboradas por organizacións cidadás de moi recoñecido prestixio dentro e fóra de Galicia pola súa defensa do territorio e do patrimonio. Non se trata pois de simples "asociacións ecoloxistas". É a SOCIEDADE CIVIL ORGANIZADA en diferentes grupos e colectivos que con moitísimo esforzo e sempre presionada polos tempos que habilmente manexa a o DOG é quen de presentar diante do TSXG solicitudes absolutamente razoables, fundadas e con firme intención de obter sentenzas favorables.
E sempre á base de traballo altruísta de equipos de persoas e sempre con recursos propios.

"...acompañada de informe propio..."
Pois claro. De que outro modo podería ser?

Calquera persoa minimamente informada é quen de entender que nun procedemento xudicial as dúas partes en conflito, demandante e demandada, comparecen e argumentan as súas posicións aportando, na medida das súas posibilidades, os informes técnicos que consideran necesarios e oportunos para a mellor defensa dos seus intereses. Cada unha das partes aporta os seus propios informes.

Ou non é así ?

E isto é todo, polo momento...

Ecoloxistas En Acción Galiza Atlántica e Verde

Scroll al inicio