contact@domain.com
1, My Address, My Street, New York City, NY, USA

ENVIRONMENTAL PROTECTION MANAGEMENT

MALOS TEMPOS…  MALOS VENTOS ! (BORRASCA, BOURA, MONZÓN, VENTISCA, LEVANTE…)
Home » Arqueoloxía  »  MALOS TEMPOS…  MALOS VENTOS ! (BORRASCA, BOURA, MONZÓN, VENTISCA, LEVANTE…)
MALOS TEMPOS…  MALOS VENTOS ! (BORRASCA, BOURA, MONZÓN, VENTISCA, LEVANTE…)

A piques de rematar a "Ponte da Inmaculada Constitución", aproveitando o fervor pre-Nadal que embelesa á poboación co seu estridente lucerío...   O DOG e o BOE NON DURMEN!

Levante.jpg

c

MACROPARQUE de 69 aeroxeradores 403,2 MW FRAUDULENTAMENTE FRACCIONADO en CINCO PROXECTOS e tramitado polo MITECO (Goberno de España) 

VEN-BORR.jpg

LAT,s (Liñas de Alta tensión) desde As Nogais a Xove!

VEN-BORR 2.jpg

Ímonos situando no mapa?

VEN-BORR 3.jpg

Pero é que a cousa é moito máis seria do que parece!

Na zona "Becerreá-Ancares " o  PE LEVANTE (tramitado polo MITECO-Goberno de España) mestúrase compartindo territorio e probablemente estruturas fundamentais coa "Maraña XUNTA" formada, como mínimo, polos proxectos eólicos CHAO DO MARCO, MONTEIRO, NAVALLOS, REBOIRO, RESTELO, SERRA DA LAGOA, SERRA DO PUNAGO, SERRA DA PIÑEIRA, SERRA DO COLMO e SERRA DO FURCO:

lEV + aNCARES.jpg
10+1 001.jpg

E  na "zona norte" a cousa está ainda máis enleada e revolta. O "Grupo Ancares+Levante" conecta coa subestación do PE VENTISCA por medio da súa LAT.
Co VENTISCA continúa a festa eólica chairega  cos proxectos MONZÓN, BOURA e BORRASCA:

Pero é que nesa área temos xa a loucura de proxectos tramitados pola XUNTA DE GALICIA:

MEIRA-FOZ.jpg

Podemos falar, como mínimo dos PE,s PENAS PARDAS, CARBALLAL, FONSECA (Pousadoiro-Fonseca Fases I e II), FARRAPA I Fase I, ALTO DO SEIXAL (Farrapa I Fase II), FARRAPA II, NEDA, NEDA-experimental, PASTORIZA-RODEIRO, A PASTORIZA, AS LOUSEIRAS,  ademáis dos xa coñecidos MONDOÑEDO, SASDÓNIGAS (I e II), CANEDO, FIGUEIRAS, AIRAS...  Tamén aparecen pola zona os PE,s PEQUECHO, CAROLIÑO e MONDIGO. Completan o decorado os PE,s MONTE CONTADO,  COTO DE FRADES e NEIPÍN...   E aínda hai algún máis!

- Non se deberan superpoñer poligonais de parques eólicos diferentes.
- Proxectos diferentes non poderían compartir estruturas básicas e pretender seren tramitados separadamente e con DIA,s diferentes.
- Non se poderían tramitar proxectos eólicos en pezas separadas adiando fraudulentamente a publicación das súas liñas de evacuación.

Veñen malos tempos. Veñen malos ventos!

A INVASIÓN EÓLICA NON É COUSA EXCLUSIVA DESTA ZONA DE LUGO!
É UN PROBLEMA DE TODA GALICIA!

É UN PROBLEMA DE CASE TODA ESPAÑA (Ben sabedes que hai "excepcións")

Podémolo deixar ir... podemos mirar para outro lado.

Podése dicir máis alto e máis forte.
Pero non máis claro!



HAI QUE PARALOS!

HAI QUE BOTALOS!


...e xa estamos indo algo tarde!

Scroll al inicio