contact@domain.com
1, My Address, My Street, New York City, NY, USA

ENVIRONMENTAL PROTECTION MANAGEMENT

ANULACIÓN DE PROXECTOS EÓLICOS Vendendo (outra vez) a mesma moto…
Home » Arqueoloxía  »  ANULACIÓN DE PROXECTOS EÓLICOS Vendendo (outra vez) a mesma moto…
ANULACIÓN DE PROXECTOS EÓLICOS Vendendo (outra vez) a mesma moto…

Publica hoxe o DOG a anulación definitiva dos proxectos eólicos PUZA, PENA OMBRA, PEDRA LONGA, O VAO, MANCELO, ALTO DA CROA (non confundir co ALTO DA CROA II), A PICOTA (non confundir co A PICOTA II), A ESPADA e A COSTA.

Pero o certo é que non hai novidade. Isto era sabido xa desde hai tempo. Desde que foran publicadas en DOG as respectivas DIA,s DESFAVORABLES.

Por exemplo a DIA DESFAVORABLE do PE PUZA foi publicada no DOG do 22/12/22. Hai case un ano!

Que outra cousa podería ter acontecido distinta á publicación no DOG do arquivo/anulación definitivo do proxecto?

Agora queda que, dentro de 5 ou 6 meses, nolo comuniquen dixitalmente a través do notifica.gal e que nolo conten tamén por e-mail avisándonos, ademais, de que recibiremos notificación escrita, por correo certificado entregado en man... Como fixeran co Albariño I (e con ningún outro, que eu saiba) . Lembrades?

Xa sabemos que o retraso nas publicacións no DOG non son intencionados. Débense sempre a "problemas técnicos".

PE PUZA: DIA DESFAVORABLE publicada no DOG 22/12/22

PE PENA OMBRA: DIA DESFAVORABLE publicada no DOG 24/01/23

PE PEDRA LONGA: DIA DESFAVORABLE publicada no DOG 20/01/23

PE O VAO: DIA DESFAVORABLE publicada no DOG 20/01/23

PE MANCELO: DIA DESFAVORABLE publicada no DOG 22/12/22

PE ALTO DA CROA: DIA DESFAVORABLE publicada no DOG 24/01/23 (ALTO DA CROA II 20/01/23)

PE A PICOTA: DIA DESFAVORABLE publicada no DOG 23/01/23 (A PICOTA II 20/01/23)

A ESPADA: DIA DESFAVORABLE publicada no DOG 10/07/23

A COSTA: DIA DESFAVORABLE publicada no DOG 20/01/23

É de supoñer que nestas datas vaian aparecendo no DOG os anuncios de SUSPENSIÓN DEFINITIVA doutros proxectos eólicos con DIA DESFAVORABLE publicada hai xa varios meses no DOG...

Manexan e manipulan a información á súa comenencia e pretenden facer pasar este tipo de publicacións como se fosen novidades ou mesmo o resultado da súa boa xestión na defensa do territorio...

E aínda haberá quen o celebre!

É un absoluto insulto á intelixencia da cidadanía.

A primeira vez que que nos minten é culpa deles por falsos e mentiráns. A segunda vez xa é culpa nosa por parvos e inxenuos. E a terceira... e a cuarta?


Son un Grupo Armado Organizado para Delinquir. Son auténticos delincuentes!

HAI QUE PARALOS!
HAI QUE BOTALOS!

Ecoloxistas.org Galicia "Atlántica e Verde"

Scroll al inicio