contact@domain.com
1, My Address, My Street, New York City, NY, USA

ENVIRONMENTAL PROTECTION MANAGEMENT

PERIGO !!! de novo os arboricidas poñen en risco ás árbores das que falou o inesquecible Carlos Casares
Home » Biodiversidade  »  PERIGO !!! de novo os arboricidas poñen en risco ás árbores das que falou o inesquecible Carlos Casares
PERIGO !!! de novo os arboricidas poñen en risco ás árbores das que falou o inesquecible Carlos Casares

🌳🌳🌳 Precisamente pensando nas árbores da estrada do San Mateo/Avda. de Celanova de Xinzo de Limia, Casares escribiu nun dos seus libros: "Nunca me decatara do fermosos que eran os grandes pradeiros de casca amarela que se aliñaban ao longo da estrada e que Arturo me acababa de dicir que os ían cortar a principios do outono porque resultaban perigosos para a seguridade…” (O sol do verán IV).
Os pradairos "Platanus hybrida" da estrada do San Mateo de Xinzo son un dos poucos conxuntos arbóreos que quedan en Galicia similares as avenidas e bulevares dos países da civilizada Europa.
De novo o brutalismo, a insensibilidade e a incultura impon o seu criterio, os arboricidas non son capaces de ver a fermosura das árbores das que disfrutou Carlos Casares, da que disfrutamos todos e todas nós, das que poden e deben seguir disfrutando as xeracións vindeiras.
Os actuais gobernantes do Concello de Xinzo de Limia aínda estan a tempo. Aínda que só sexa por respecto ao seu escritor máis universal, parén as máquinas!!! Parén a desfeita!!! non estraguen as árbores de "casca amarela"!!! Rectificar é de sabios 🌳🌳🌳🏞️🌌🌍

Scroll al inicio