Despois de ver este artigo en GaliciaConfidencial ...
Dícese de un Pais que é importante e funciona cando:
A-Da igual que partido governe.
B- A sociedade civil vai sempre por diante dos políticos.
A intervención no Parlamento de Galicia por mor do asunto Alcoa-San Cibrao, logo da pregunta e posterior réplica da Titular da Consellería acae na premisa anterior.
Pregúntase, se un Poder político autonómico vai deixar ir unha Empresa multinacional, privada, con propietario extranxeiro e sede rexistral en Madrid.
A resposta é que o partido político que pregunta apoia a reserva contra ás renovábeis. Que a Empresa quere irse porque a enerxía é custosa.
Dende a Oposición política o interpelante non ten un alcance de réplica alternativa ó paso dese alegato. Como tampouco se indica que as causas que conlevan unha decisión empresarial (no contexto da economía de mercado) neste particular serían:
A- Sobrecapacidade mundial da producción de alumnio.
B- A caida do precio do mesmo.
Si que se fala dun marco enerxético competitivo…(eso non quere dicir encher de macro-muiños os montes). Pode supor outras moitas variables a estudar. Mesmo solucións dende a Matriz norteamericana da Empresa.
Se amáis polas instalacións había un posible comprador manifesta a viabilidade da actividade.
Reflexivamente: cando dende a Consellería e os sectores enexéticos se fala de postos de traballo, este é o seu modelo tipo: Alcoa simboliza a perfección todo o proceso.
A casuística é que este exemplo económico-laboral mercantil exténdese a todas esas grandes oportunidades que din do entramado das renovabeis e similares.
Renovábeis na enerxía pro irreversibles nos insumos e na implantación.
Enerxéticamente ineficaces sen un decrecemento enerxético e ambientalmente destructivas.
Os partícipes:
A mesma Xunta e os seus Técnicos que autorizan sen ter en conta nada (susceptible de citación xudicial).
A Oposición política que vai sempre a remolque cumprindo o trámite cos cidadáns xa que eles tiñan un modelo semellante. E os políticos rematan sendo títeres dos grandes grupos.
Os Tribunais de Xustiza que califican actos de mala fe empresarial defendendo a legalidade, que cuestionan o modelo de implantación de determinadas empresas en Galicia e satisfán a todos son logo sinalados pola patronal , pola propia Administración Autonónica e tamén polos Sindicatos e Empresas auxiliares de paralizar proxectos que son aberrantes pro que lle interesan.
Eses sindicatos, traballadores e empresas auxiliares que, en casos como Alcoa, convírtense finalmente sempre en perxudicados.
Como perxudicadas son as Arcas Públicas via subvencións e exencións fiscais nunca dabondo.
Partidos e políticos con dobre mensaxe; cos seus satélites facilitando implantar este modelo colonizador , expoliador e depredador con xeitos decimonónicos nos procedementos indo da man dos promotores.
Medios de comunicación que cadran a conta de resultados camuflando como noticias espazos patrocinados ou dando voz a xornalistas afíns e con tertulianos pagados ó peso.
Se volvemos ó comezo, a caste política non é a de fai tempo... é peor. Nembargantes a sociedade civil actual, si vai por diante. E está liderando a defensa do seu, diante da afrenta ó territorio máis grande que nunca se ten visto.