contact@domain.com
1, My Address, My Street, New York City, NY, USA

ENVIRONMENTAL PROTECTION MANAGEMENT

Ecoloxistas en Acción Galiza apoia as concentracións contra as matanzas de raposos como actividade “deportiva”
Home » Biodiversidade  »  Ecoloxistas en Acción Galiza apoia as concentracións contra as matanzas de raposos como actividade “deportiva”
Ecoloxistas en Acción Galiza apoia as concentracións contra as matanzas de raposos como actividade “deportiva”

O reconto anual de todos os exemplares que notifican as asociacións galegas de caza falan que, segundo os datos facilitados pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente, unha media de 15.000 exemplares son abatidos cada ano, algo totalmente inaceptable nunha sociedade que se considere a si mesma como civilizada. Antes da pandemia, esta cifra chegou a superarse ampliamente con máis de 17.000 raposos mortos durante a tempada 2018-2019.

A nivel galego o raposo forma parte da nosa mitoloxía e crenza popular, ao igual que noutras moitas culturas o que a levou a formar parte de mitos e lendas que abranguen todos os xéreros imaxinables, sen súbida polo seu frecuente contacto coas sociedades labregas. O mesmo Álvaro Cunqueiro chegou definilo como o "animal máis antigo de Galiza".

Pola súa representatividade, e porque é a nosa natureza a que está en xogo, Ecoloxistas en Acción Galiza manifesta rotundamente a súa oposición á matanza anual de raposos e chama a manifestarse na concentración organizada por #LoitaRaposa e #FreeFox contra esta irracionalidade tolerada pola Xunta.

Cando? o venres 24 de febreiro de 2023, ás 12:00 horas.

Onde? simultánea diante da Consellería de Medio Ambiente en Santiago de Compostela (r/ Ceuta, 59) e na rúa Alcalá, 16 (Madrid).

Scroll al inicio