contact@domain.com
1, My Address, My Street, New York City, NY, USA

ENVIRONMENTAL PROTECTION MANAGEMENT

A Patronal eólica reclama que se desatasque xudicialmente o sector …
Home » Arqueoloxía  »  A Patronal eólica reclama que se desatasque xudicialmente o sector …
A Patronal eólica reclama que se desatasque xudicialmente o sector …

En resposta a este artigo na prensa

"A EÓLICA ESTÁ XUDICIALMENTE ATASCADA
O DESATASCADOR XUDICIAL
QUE XUDICIALMENTE A DESATASQUE
BO DESATASCADOR XUDICIAL SERÁ"

É tempo de Entroido. É tempo de disfraces!. "LA VOZ DE GALICIA" disfrazada de xornal e Beatriz Couce disfrazada de xornalista falando de ENERXÍA EÓLICA en Galicia. Unha nova mostra de PROPAGANDA SUBVENCIONADA disfrazada de INFORMACIÓN XORNALÍSTICA.

A Asociación Eólica de Galicia, máis coñecida como EGA polas súas siglas en inglés, reclama que se desatasque xudicialmente o sector eólico.
Manuel Pazo, presidente da EGA: "Levamos vintecinco anos facendo as tramitacións ambientais da mesma forma e nunca houbo problemas, e facémolas exactamente igual que no resto das autonomías, non somos diferentes"… "Non esquezamos ás empresas electrointensivas xa existentes, como o caso de ALCOA na Mariña lucense, que tamén PRECISAN ENERXÍA BARATA para sobrevivir…" …a inmensa maioría dos galegos, perto do 90%, está a favor da implantación eólica"

O que non nos conta nin "La Voz de Galicia" nin a EGA é que despois de moi longos, intrincados e farragosos procedementos administrativos tramitados sempre con todo tipo de trampas e enganos polas consellerías de Medio Ambiente e de Industria XUNTA DE GALICIA e no que foron presentados milleiros de alegacións, queixas e denuncias é o Recurso de Alzada o que pon fin á VIA ADMINISTRATIVA na que a XUNTA tiña a potestade de corrixir erros e mesmo de anular a meirande parte dos proxectos eólicos presentados. Tiña ademáis -tiña e ten- a XUNTA a obriga de defender o territorio e o patrimonio común de todas as galegas e galegos fronte a voracidade dos intereses empresariais e financieiros nesta inadmisible INVASIÓN EÓLICA.

Tiña a XUNTA e ten, sempre e en todo momento, o encargo de defender os intereses da cidadanía fronte a calquera outra consideración. Ese é o encargo que recollerá o novo goberno da Xunta a partir do vindeiro 18 de febreiro.

Pero a Xunta de Feijóo, Rueda, Conde, Vázquez ou Lorenzana decidiron, en vía administrativa, desatender as demandas, alegacións e denuncias da sociedade civil organizada. Mesmo no momento do Recurso de Alzada.
Pechada a vía administrativa sen respostas da XUNTA non queda máis remedio que a vía xudicial contenciosa-administrativa.

Son moitos os proxectos tramitados a correr, sen rigor nin transparencia. Son, todos eles, proxectos inzados de irregularidades e falsidades.
Hai moito esforzo e moito traballo de equipos de persoas que de xeito altruísta e organizadas de asociacións cidadás como PETÓN DO LOBO ou ECOLOXISTAS EN ACCIÓN GALIZA "ATLÁNTICA E VERDE" , incansables, estudamos cada proxecto e presentamos milleiros e milleiros de alegacións todas elas documentalmente respaldadas por argumentos científico-técnicos asinados por persoas especialistas de primeiro nivel en cada unha das áreas.

É certo que son moitos proxectos, cada un deles coas súas ilegalidades. É moi probable que, a Sala Terceira do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) se vexa saturada…

A sra. Couce, recoñecida "especialista eólica", insistente e sesuda voceira da EGA que adoita transcribir en "La Voz de Galicia" - xornal subvencionado pola Xunta de Galicia- a voz do seu amo, Manuel Pazo, porfía no seu artigo -e van xa non se sabe cantas veces- en lembrarnos o nome e apelidos do maxistrado presidente desa Sala Terceira do Contencioso do TSXG e do resto de maxistrados e maxistradas facendo, como non, especial fincapé na figura de Luís Villares, "que fue candidato a la Xunta por En Marea y luego se reincorporó a la carrera judicial". "Se reincorporó", sra. Couce. Si. Así é. Luís Villares xa era maxistrado no TSXG antes de abrir unha paréntese na súa carreira profesional para asumir responsabilidades políticas. Pechada a súa etapa na política activa retoma a súa carreira profesional como maxistrado do TSXG. Cal é o problema?

Se o sector (eólico), sra. Couce e sr. Pazo, está xudicialmente atascado e precisa ser desatascado non será porque tanto nos proxectos como nos procedementos HAI MOITA MERDA OCULTA?

A ver se vai ser iso, sra. (Beatriz) Couce.
A ver se vai ser iso, sr. (Manuel) Pazo.
A ver se vai ser iso, sra. (Mª Jesús) Lorenzana e sra. (Ángeles) Vázquez.
A ver se vai ser iso, sr. (Alberto) N. Feijóo, sr. (Alfonso) Rueda e sr. (Francisco) Conde…

Scroll al inicio