contact@domain.com
1, My Address, My Street, New York City, NY, USA

ENVIRONMENTAL PROTECTION MANAGEMENT

TRANSICIÓN ENERGÉTICA JUSTA
Home » Enerxía  »  TRANSICIÓN ENERGÉTICA JUSTA
TRANSICIÓN ENERGÉTICA JUSTA

1. Estamos nunha nova fase do capitalismo: xa ten o control de casi todos os medios de producción; ten o control da cultura ao traveso dos medios de comunicación (cine, televisión, radio, prensa escrita, libros de texto…..); trata de controlar a enseñanza pois as universidades (por poñer un exemplo) créanse e financianse polos bancos e grandes corporacións; cada día privatizase mais a sanidade….. E si xa controlou a enerxía derivada dos fósiles, agora toca exercer o control total da chamada renovable (que eses"medios" que dicía antes, se encargan de convertila en "verde").

  1. A ubicación e implementación masiva de enerxía en todo o planeta, implica a creación de zonas de sacrificio (terras indíxenas nos países do Sur, e zonas rurales e pouco pobladas nos países chamados ricos), sin que se cuestione a violencia política e económica do sistema social que esta enerxía potencia.
  2. Pretender dar solucións ao tema enerxético dentro do sistema actual (o capitalismo), fronte a outras transformacións socias que serían fundamentales para a futura supervivencia, expresa a nosa incapacidade para imaxinar/crear calqueira outra forma de sociedade.
  3. Tan só para construir un aeroxenerador de 3 megavatios e 150 metros de altura seica son necesarios: varias toneladas de formigón; 335 toneladas de aceiro; 4,7 toneladas de cobre; 3 toneladas de aluminio; e 2 toneladas de outros minerais, dos chamados "tierras raras".
  4. A meirande parte dos minerais para o funcionamiento dos aparatos que producen esa "enerxía verde" (aeroxeneradores e placas fotovoltaicas) estanse extraendo dos países do Sur: África, América Latina…….e, como non, China. Na medida que nos países do Sur se vaian esgotando,
    (pequena operación matemática: multipliquemos as toneladas de eses minerais polos miles de millóns de muiños e de placas que se están instalando. O resultado -ainda que non se poida calcular con esactitude- é catastrófico: non hai planeta para tanto furado!)
    Debemos prepararnos, pois si xa son donos de parte do territorio (para algo se fan as polígonais), logo empezarán a cavar, a ceo aberto, no resto.
    6. Ademáis da industria privada (e venta dos países máis productores e màis pobres aos países compradores e máis ricos), as outras grandes industrias (das que casi nadie fala), as militares, están cada vez máis interesadas na nova enerxía para aplícala as súas infraestructuras e equipos militares, pois "las fuerzas del orden (de todo tipo) que protegen las democracias", coñecedoras da destrucción ecolóxica das súas operacións, xa están ensaiando fórmulas para volverse ecolóxicamente máis sustentables.

PD. Por si alguèn se pregunta: entón que modelo de sociedade propós?; digo que non o seí, pero que igual hai que pensar no que xa puxo en práctica o movemento libertario no 36: cooperativismo, autoxestión, apoio mútuo…., do que, por certo, xa falaban, entre outros, o compañeiro Pedro (de apelido Kropotkin, por si hai confusión), en "el apoyo mútuo" e "campos fábricas y talleres", é coma non, Murray Bookchin (o que algúns autores lle chaman o pai da ecoloxía social e do comunalismo), e dos que, seguramente , están "bebendo" actualmente os zapatistas.

Scroll al inicio