contact@domain.com
1, My Address, My Street, New York City, NY, USA

ENVIRONMENTAL PROTECTION MANAGEMENT

Ecoloxistas en Acción Galiza di NON á Ronda Leste
Home » Biodiversidade  »  Ecoloxistas en Acción Galiza di NON á Ronda Leste
Ecoloxistas en Acción Galiza di NON á Ronda Leste
  • A Asociación Ecoloxistas en Acción Galicia e o Grupo Local de Ecoloxistas en acción Lugo en particular, rexeita a construción desta infraestrutura que fomenta o tráfico de coches e sacrifica carballeiras.
  • O paseo do Rato como pulmón que rodea a cidade de Lugo é un patrimonio natural a conservarDébese protexer de toda intervención que o degrade ambientalmente e paisaxísticamente.

Esta construción implicaría uns danos irreparables a nivel ambiental que dende a responsabilidade, o sentido común e o interese xeral deben evitarse. As administracións non deben promover o gasto de fondos públicos no prexuízo do medio ambiente e da mesma sociedade lucense que desfruta destos paraxes diariamente. En todo caso, calquera tipo de actuación que que se quixese levar a cabo debería ir no senso contrario: a renaturalización. Non podemos gastar fondos públicos para fomentar a circulación de coches e moito menos para sacrificar carballeiras, danar á biodiversidade, consumir materiais extractivos e aumentar a contaminación lumínica, acústica ou da calidade do aire.

A Xunta de Galicia basease en proxectos e estudos ambientais de hai vinte anos e polo tanto desfasados. Por iso, lembrámoslle que estamos no 2023 e a sociedade e as súas demandas mudaron así como as perspectivas de crecemento da cidade, estragar o medio ambiente para adiantar un minuto nunha viaxe que xa ten vías alternativas é un despropósito. Esta obra aos únicos intereses que parece atender son aos das construtoras.

Os 20 millóns de euros de orzamento que están plantexados, aos  que haberá que engadir os do seu mantemento, poden destinarse a outros moitos fins que si son unha prioridade e supoñen beneficio ao conxunto da sociedade, como tomar medidas para fomentar o transporte público e a redución do tráfico rodado.

Dicimos un rotundo no porque perderíanse carballeiras centenarias, os seus beneficios ecosistémicos, peches tradicionais, camiños como o das Leiteiras -que debese estar protexido polo seu valor etnográficoe se infrinxiría un dano irreversible aos ecosistemas e ás especies ameazadas que os habitan.

Afectaranse tamén outros camiños como a vía Künig ou a vía romana XIX, sorprendentemente, nunha cidade que presume de ter varios patrimonios de Humanidade. Que dirá o ICOMOS de como se protexe o patrimonio cultural por parte da administración que debera defendela?. Non dubidamos que de seguir para adiante este tipo de proxectos, innecesarios e disparatados, Galicia e os seus dirixentes, como responsables últimos, non sairán ben parados.

O lugar está ademáis, dentro do perímetro dunha zona de protección de augas mineiro medicinais segundo recolle o visor do SIAMS da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, pois toda a zona do rego de Samai e do rio da Chanca -ou rio Rato- está protexida, polo que esta infraestrutura pode prexudicala aínda máis. Dirixirémonos ao organismo competente para que actúe, xa que este tipo de augas ten protección recoñecida.

En definitiva a sociedade luguesa, debe ser consciente de que este proxecto supón unha obra totalmente innecesaria que nin sequera vai xerar un adianto considerable nos viaxes e que xerará danos irreversibles para os ecosistemas e os seus habitantes. Dende Ecoloxistas en Acción Galiza, pedimos á Xunta que atenda ao interese xeral, protexa o patrimonio natural e cultural e desista deste proxecto na súa totalidade. O grupo local de Ecoloxistas Lugo poñerá todos os medios ao seu alcance para que así sexa.

Zoa de protección de augas mineiro medicinais

Scroll al inicio