Un grupo de veciños de Amil, Xeve e Campo Lameiro reuníronse este Domingo para realizar unha andaina polo Acibal e gozar da súa natureza antes da instalación dos aeroxeradores planeados na zona. Durante o percorrido, que transcorreu polas zonas concretas nas que se pretende realizar o polígono e os seus accesos, os veciños fixeron un achado sorprendente: varios petroglifos non catalogados a escasos metros dos futuros emprazamentos. Tan preto que de seguir as obras, estos perderíanse inebitablemente.
Este feito súmase ao informe realizado por Petón do Lobo e Ecoloxistas en Acción Galiza, no que se resalta o perigo que supón a instalación dos aeroxeradores para as brañas de Amil, unha zona húmida de gran valor ecolóxico. Os veciños poideron comprobar na andaina de primeira man, a gran cantidade de regatos e de traídas de auga no na ladeira das Brañas de Amil, así como a deficiente instalación de medidas correctoras para a contaminación por lodos do humidal.
Os veciños informaron ao SEPRONA e Patrimonio, e falarán co Concello para que se tomen medidas e considérese este achado como un factor adicional na solicitude da paralización cautelar das obras.
A reunión dos veciños foi improvisada pero contou cunha importante participación, ao redor de medio centear de persoas, que mostraron o seu compromiso coa protección do medio ambiente e o patrimonio da zona. Esperan que as administracións e o concello escoiten as súas demandas e actúen en consecuencia para protexer os seus intereses.