Convite a toda a xente interesada en coñecer sobre "O boom da eólica na provincia de Lugo".
que terá lugar sábado 22 de abril en Lugo ás 19:30 no Centro Social A Hedreira, na rúa Catasol nº 17.
Comezaremos ás 19:30 cunha charla informativa sobre O "BOOM" DA EÓLICA NA PROVINCIA DE LUGO con ponencias a cargo da Asociación Ambiental Petón do Lobo e do Instituto de Estudos Miñoráns.
Por parte da Asociación Petón do Lobo intervirá a avogada Ana Varela, e por parte do Instituto de Estudos Miñoráns o mestre Bruno Centelles.
Dúas persoas valentes que defenden un día sí e outro tamén o patrimonio natural, o dereito á paisaxe, a conservación dos acuíferos, á protección a biodiversidade,.. en definitiva: a intentar evitar danos irreversibles que afectarán toda a sociedade e tamén as seguintes xeneracións.
Unha palestra que, sin dúbida, axudar á a que se entenda cal é a situación actual, e qué podemos facer ante eso a cidadanía.
Na Asoc EA Gza consideramos todo un luxo ter a oportunidade de presentar a dúas persoas de máximo nivel .
A presentación e moderación da poñecia estará a cargo Nery Díaz, activista e presidenta da asciación.
E posteriormente as 21:30 celebrarase unha cea solidaria contra os macroeólicos, na que os beneficios da mesma se destinarán a organización da manifestacion do día 21 de Maio.