contact@domain.com
1, My Address, My Street, New York City, NY, USA

ENVIRONMENTAL PROTECTION MANAGEMENT

Apoioamos aos veciños de Amil en todas as súas accións
Home » Arqueoloxía  »  Apoioamos aos veciños de Amil en todas as súas accións
Apoioamos aos veciños de Amil en todas as súas accións

Agora tamén todo o noso apoio a esta nova iciativa reivindicativa,  que pón en valor o patrimonio cultural afectado ,que merece ser protexido .

Reiteramos á  Xunta, ao Concello de Moraña e a Norvento que debe priorizarse o interés xeral e polo tanto deben parar a obra do Polígono Acibal xá.

No marco das celebracións do Día das Letras Galegas, os veciños e veciñas da localidade de Amil emprenden unha acción simbólica para poñer en valor o seu patrimonio cultural e a súa historia. Aproveitando a ocasión, elaboraron e colocaron carteis no Monte Acibal, onde a empresa Norvento está a desenvolver o Proxecto Eólico Acibal, co obxectivo de preservar a toponimia, lendas e lugares significativos para a comunidade.

Os veciños nun dos cotos que va ser dinamitado se non consiguen parar as obras

Os carteis instalados no Monte Acibal, que foron meticulosamente elaborados polos veciños e veciñas de Amil, representan lugares que non estaban rexistrados por escrito, pero que se transmitiron de xeración en xeración a través de lendas e recordos falados. O Monte Acibal, ademais de ser un espazo de gran importancia histórica para a comunidade de Amil, foi testemuña de actividades cotiás como o pastoreo de bestas e vacas pola mañá, a súa recollida pola noite e a subida dos veciños co carro no mes de agosto para facer acopio de toxo, que posteriormente serviría para a cama dos animais e como esterco.

As Brañas pequenas, sobre as que a empresa está a traballar e a ampliar a carretera, destruíndoas

Este acto de defensa do patrimonio cultural por parte dos veciños e veciñas de Amil busca resaltar a importancia de preservar as tradicións e o coñecemento ancestral que se transmiten de xeración en xeración. Ao colocar os carteis no Monte Acibal, desexan facer visible a riqueza cultural e histórica que conforma o tecido social da comunidade.

Esta acción simbólica representa un chamado á reflexión sobre a necesidade de protexer e valorar a toponimia, lendas e lugares que conforman a identidade cultural de Galicia. Ao poñer en evidencia a importancia do noso patrimonio, os veciños e veciñas de Amil esperan sensibilizar tanto ás autoridades como á sociedade en xeral sobre a necesidade de protexer e preservar a riqueza cultural que define a nosa terra.

O Pé do Mouro, pedra singular citada en lendas na comarca, no pico do Mouro que norvento está preparando para ser DINAMITADO

A comunidade de Amil convida a todos os interesados a visitar o Monte Acibal para descubrir os lugares, lendas e a historia que se agochan alí, reforzando así o vínculo coa súa identidade cultural.

Scroll al inicio