contact@domain.com
1, My Address, My Street, New York City, NY, USA

ENVIRONMENTAL PROTECTION MANAGEMENT

Amil Sen Eólicos denuncia ante a Fiscalía de Medio Ambiente a destrucción de elementos patrimoniais no polígono eólico do Monte Acibal
Home » Arqueoloxía  »  Amil Sen Eólicos denuncia ante a Fiscalía de Medio Ambiente a destrucción de elementos patrimoniais no polígono eólico do Monte Acibal
Amil Sen Eólicos denuncia ante a Fiscalía de Medio Ambiente a destrucción de elementos patrimoniais no polígono eólico do Monte Acibal

Este Luns, integrantes de Amil Sen Eólicos presentaron unha denuncia formal ante a Fiscalía de Medio Ambiente de Pontevedra, poñendo en coñecemento da xustiza a grave situación que están a vivir no monte Acibal debido á construción dun polígono eólico. Esta denuncia busca abordar a problemática que atenta contra o patrimonio cultural e natural da zona.

O descubrimento casual do primeiro petróglifo o pasado 19 de marzo por parte dos veciños e veciñas durante unha andaina revelou a insuficiencia da avaliación do impacto do proxecto eólico sobre o patrimonio cultural existente na área. Dende entón, Amil sen eólicos ven de atopar máis de 40 posibles elementos patrimoniais na zona de obras, que puxo en coñecemento das autoridades competentes, como o Servizo de Protección da Natureza (Seprona) e distintos departamentos da Xunta de Galicia.

A pesar de múltiples solicitudes por parte de Amil Sen Eólicos, así como doutras organizacións e cidadáns preocupados, non se obtivo resposta por parte da Consellería de Patrimonio e outras consellerías competentes. Ante a falta de acción e supervisión por parte das autoridades responsables, solicitouse un ditame á Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA), o cal concluíu que o monte Acibal non é un lugar axeitado para a instalación do polígono eólico debido á súa riqueza arqueolóxica, a máis ca posible aparición de máis elemen tos, a existencia de brañas e turbeiras, así como a celebración da tradicional festa da Baixa das Bestas, que se vería afectada pola construción do proxecto.

Os veciños tamén contan cun informe elaborado por Xulio Carballo, Arqueólogo de Patrimonio da Xunta xa retirado, no que, ao igual que a RAGBA, sinalan a condición de xacemento da zona e o interés de conservala. A construcción do polígono deixaría un xacemento arqueolóxico rodeado de instalacións industriais de 200m de altura.

Amil Sen Eólicos denuncia ante a Fiscalía de Medio Ambiente a destrucción de elementos patrimoniais no polígono eólico do Monte Acibal

Ante esta situación, Amil Sen Eólicos decidiu presentar formalmente a denuncia ante a Fiscalía de Medio Ambiente de Pontevedra co obxectivo de garantir a protección efectiva do patrimonio cultural e natural do monte Acibal.

Scroll al inicio