contact@domain.com
1, My Address, My Street, New York City, NY, USA

ENVIRONMENTAL PROTECTION MANAGEMENT

Amil Sen Eólicos realiza o seu maior achádego de petróglifos entre escombros e dinamita das obras do Monte Acibal, a escasos metros dos xa reportados
Home » Arqueoloxía  »  Amil Sen Eólicos realiza o seu maior achádego de petróglifos entre escombros e dinamita das obras do Monte Acibal, a escasos metros dos xa reportados
Amil Sen Eólicos realiza o seu maior achádego de petróglifos entre escombros e dinamita das obras do Monte Acibal, a escasos metros dos xa reportados

O colectivo Amil Sen Eólicos, comprometido coa defensa do Monte Acibal, ven de facer un novo achádego alarmante esta semana. Trátase do primeiro panel completo de petróglifos atopado na zona das obras do monte Acibal.

Este importante descubrimento pon en total evidencia a falta de acción por parte das autoridades responsables na preservación do noso patrimonio. O panel de petróglifos foi atopado xusto ao lado dun dos bens comunicados hai dous meses tanto á Consellería de Patrimonio como á de Industria, rodeado de pedras esnaquizadas que xa foron utilizadas como recheo.

Vista da zona onde se atoparon os pretroglifos, desolada e arrasada

Para agravar a situación, os petróglifos xa foron gravemente danado polas máquinas utilizadas pola empresa Norvento durante as obras. As pasadas das pás e a maquinaria pesada causaron danos irreparables nesta valiosa manifestación artística e histórica.

A pesar das declaracións emitidas pola Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais a mediados de abril, nas que aseguraban que "se estaban realizando estudos a fondo en coordinación coa Dirección Xeral de Patrimonio Cultural para protexer os novos elementos arqueolóxicos", o descubrimento deste panel completo xunto ao petróglifo xa vallado demostra claramente que esas accións non se levaron a cabo.

Danos visibles nos petróglifos

Os veciños e veciñas da zona veñen denunciando reiteradamente a falta de prospección e protección do patrimonio, e consideran que este novo achádego, a escasos 5 metros dun petróglifo xa protexido, confirma as súas preocupacións e críticas.

Diante desta situación, Amil Sen Eólicos informou formalmente ao Concello, á Consellería de Patrimonio e á de Industria sobre estes novos datos, que serán incorporados á denuncia xa interposta na Fiscalía. A plataforma esixe a paralización urxente das obras para evitar a continuación da destrución e espolio de elementos patrimoniais que vén ocorrendo desde hai meses.

Vista 3d dos petroflifos realizado por unh dos compoñentes de Amil Sen Eólicos, de maneira amateur. Para Dados os danos precísase do traballo dun profesional para identificalos ben. 
Vista 3d dos petroflifos realizado por unh dos compoñentes de Amil Sen Eólicos, de maneira amateur. Para Dados os danos precísase do traballo dun profesional para identificalos ben. 

Dende Amil Sen Eólicos continuaremos loitando incansablemente pola protección do Monte Acibal e do noso patrimonio cultural. Instamos á cidadanía a sumarse á nosa causa e esixir unha acción inmediata para preservar a nosa historia e identidade.

Para obter máis información e poñerse en contacto con Amil Sen Eólicos, poden facelo en contacto@amilseneolicos.org

Scroll al inicio