contact@domain.com
1, My Address, My Street, New York City, NY, USA

ENVIRONMENTAL PROTECTION MANAGEMENT

Presentación Recurso Alzada TROITOMIL
Home » Arqueoloxía  »  Presentación Recurso Alzada TROITOMIL
Presentación Recurso Alzada TROITOMIL

Preséntase por Rexistro o RECURSO DE ALZADA contra a RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se outorga autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción ás instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Troitomil, sito nos concellos da Baña e Negreira, promovido por Green Capital Power, S.L. (expediente IN408A 2017/024), DOG Núm2.

A elevada saturación de aeroxeradores na zona crea unha barreira crítica para as aves e a biodiversidade, fragmenta os hábitats e xera un importante Feísmo paisaxístico que debera terse en conta polo órgano substantivo. Esta barreira crítica de aeroxeradores obriga ás aves a realizar grandes cambios de roteiros, co consecuente gasto enerxético que iso supón. O aumento de densidade de aeroxeradores xerará un efecto sinérxico, principalmente de tipo baleiro e/ou barreira sobre a avifauna, incompatible coas necesidades destas poboacións. Por outra banda a paisaxe preséntase fragmentada con un elevado grao de aeroxeradores susceptibles de producir feísmo paisaxístico.

Non deberan instalarse máis infraestruturas deste tipo nun área xeográfica que se caracteriza precisamente pola elevada concentración e densidade de aeroxeradores e liñas eléctricas.

Ademais, as infraestruturas do proxecto industrial eólico afectan a hábitats prioritarios e de interés comunitario, producindo afeccións severas e irreversibles para estes.

Adxúntouse tamén o correspondente informe técnico.

Xustificante

Scroll al inicio