contact@domain.com
1, My Address, My Street, New York City, NY, USA

ENVIRONMENTAL PROTECTION MANAGEMENT

Recurso Alzada contra TOURIÑÁN III-2
Home » Arqueoloxía  »  Recurso Alzada contra TOURIÑÁN III-2
Recurso Alzada contra TOURIÑÁN III-2

Preséntase por Rexistro RECURSO DE ALZADA contra a RESOLUCIÓN  da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se outorgan as autorizacións administrativas previa e de construción ao proxecto do parque eólico Touriñán III-2, emprazado nos concellos da Estrada, Cuntis e Campo Lameiro (Pontevedra) e promovido por Greenalia Wind Power Touriñán, S.L.U. (expediente IN661A 2011/13-4), DOG Núm. 103, de 1 de xuño de 2023, que non pon fin á vía administrativa, ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia dentro do prazo legalmente establecido por infracción normativa e nulidade de pleno dereito

A implantación do PE supoñería afección severa aos recursos hídricos con danos irreparables a hábitats prioritarios e de interés comunitario, aos que hai que engadir as afección previstas pola LAT de evacuación e os derivados do continxente de parques previstos

O proxecto afecta de forma severa e prevé prexuizos irreversibles e danos irreparables para os cauces, a vexetación de ribeira e a importantes masas de bosque autóctono galego, afectando este proxecto a 18 cauces.

A afección visual e paisaxística para a AEIP-08-10 Área arqueolóxica de Campo Lameiro, á AEIP-08-09 Castro de Penalba, á AEIP-08-23 San Xusto-Río Lérez, á a AEIP-07-33 Coto de Codeseda prevese irreversible.

Segundo a análise de visibilidade realizada no EIIP do EsIA, os aeroxeradores serán visibles dende distintos elementos de interese paisaxístico como son as AEIP, miradoiros e rutas de sendeirismo. Polo que segundo o EIT, a este respecto cabe destacar a alta incidencia visual que se producirá, dada a distancie existente e o potencial número de observadores, sobre a metade leste da AEIP-08-10 Área arqueolóxica de Campo Lameiro, dende onde serán visibles os cinco aeroxeradores do parque.

Tamén a rapa das bestas de Sabucedo é un evento que se celebra en Sabucedo (A Estrada) durante tres días, o primeiro sábado, domingo e luns de xullo. En 2007 foi declarada festa de interese turístico internacional.

Cómpre destacar que é a única festa tradicional de rapa dás bestas que conta con albergues propios para a acollida de visitantes, un museo da rapa dás bestas, de roteiros promocionais da rapa dás bestas, dunha paisaxe única vencellada a unha tradición secular…etc. O impacto das infraestruturas eólicas non é só para o gando salvaxe senón que tamén incide no aspecto turístico do albergue, o Museo da Rapa e a Casa das Vellas: un catalizador turístico para Sabucedo e a súa entorna.

A Rapa dás Bestas de Sabucedo cómpre analizala desde unha perspectiva de unidade paisaxística -cultural e etnográfica característica e integrada na entorna que rodea aos curros e o núcleo de Sabucedo, que debera entenderse con criterios de unicidade para evitar a súa descontextualización e que resulta incompatible con unha área xeográfica que se prevé con unha presión eólica excesiva. Non só se deberan ter en conta os impactos dos proxectos eólicos Campo da Rosas, senón tamén o proxecto eólico Porto Vidros, o proxecto eólico Cabanelas, o proxecto eólico Touriñán III-2, o proxecto eólico Touriñán…etc.

A implantación masiva de proxectos eólicos, tal e como se prevé arestora, afecta non só a unha festa de interés turístico internacional dunha tradición ancentral. A corta da matogueira, a eliminación de arborado, a transformación da paisaxe, as obras precisas para a instalación das infraestruturas eólicas elimina a capa fértil dos chans, eliminando por tanto, o hábitat propio do monte e das bestas. A afección prevese irreversible alomenos durante toda a vida útil das instalacións aínda que cómpre ter en conta que o chan é un recurso finito e non renovable.

Ademais non se avaliou a afección do ruído e o impacto da presencia dos aeroxeradores sobre o gando que verá modificadas as súas rutinas.

Xustificante de presentación

Imaxes: Rapa-Sabucedo-P-Eolico-TOURINAN-III-2 e P-eolico-TOURINAN-III-2-Afectacion-aos-cauces

Rapa-Sabucedo-P-Eolico-TOURINAN-III-2

P-eolico-TOURINAN-III-Afectacion-aos-cauces

Scroll al inicio