contact@domain.com
1, My Address, My Street, New York City, NY, USA

ENVIRONMENTAL PROTECTION MANAGEMENT

Recurso Alzada ALVITE II
Home » Arqueoloxía  »  Recurso Alzada ALVITE II
Recurso Alzada ALVITE II

Presentamos por Rexisto  RECURSO DE ALZADA contra a RESOLUCIÓN, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se outorga autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción ás instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Alvite II, sito nos concellos de Mazaricos, Negreira e Santa Comba (A Coruña) e promovido por Green Capital Power, S.L. (expediente IN408A 2019/016), DOG Núm. 111, de 13 de xuño de 2023, ante a conselleira de Economía dentro do prazo legalmente establecido ,presentando tamén  o correspondente informe técnico .

As infraestruturas do proxecto eólico Alvite II afectan a hábitats naturais de interese comunitario ou prioritarios:  Uceiras secas europeas,  Breixeiras húmidas atlánticas de zonas mornas de Erica ciliaris e Erica tetralix,  Uceiras oromediterráneas con toxo,  Augas oligotróficas cun contido de minerais moi baixo das chairas areosas,  Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior . Constátase a presencia dun elevado número de anfibios e réptiles vencellados a estes espazos e que precisamente atópanse clasificados coa categoría de vulnerable.

Cómpre resaltar o carácter unitario dos parques eólicos previstos, no sentido de que todos os seus elementos e instalacións deben contemplarse desde unha perspectiva unitaria, desde os accesos e os propios aeroxeradores ata a liña de conexión dos parques no seu conxunto coa rede de distribución ou transporte de electricidade.

Xustificante

Scroll al inicio