contact@domain.com
1, My Address, My Street, New York City, NY, USA

ENVIRONMENTAL PROTECTION MANAGEMENT

Ecocidio de Carballos, Bidueiros e Salgueiros en Monforte de Lemos.
Home » Biodiversidade  »  Ecocidio de Carballos, Bidueiros e Salgueiros en Monforte de Lemos.
Ecocidio de Carballos, Bidueiros e Salgueiros en Monforte de Lemos.

Nota de prensa: Galego - Castellano

Alega á corta de 1.172 carballos, 421 bidueiros e 513 salgueiros. Todos somos perxudicados. È traballo de todos, ANIMÁMOSVOS a presentar alegacións con data límite o 24 de setembro de 2023. Aquí podedes acceder a alegacións que xa están preparadas, ou que podedes utilizar como base para elaborar unhas propias.

Petón do Lobo e Ecoloxistas en Acción Galiza “Atlántica e Verde”
denuncian o intento de tala de máis de 2.000 árbores dun alto valor
ecolóxico e animan a presentar alegacións.
En concreto estamos a falar de 1172 carballos, 421 bidueiros e 513 salgueiros,
no Rego de Reboredo e Rego de Terra Rubia, a ambos marxes da ribeira, en
Distriz, na parroquia de Monforte de Lemos.
Co fin de evitar a desfeita, ambos colectivos presentaron alegacións tanto
ante a Confederación Hidrográfica como ante a Consellería de Medio
Ambiente.
As afeccións son tan considerables que sorprende que se poda tan sequera
expor algo tan desatinado, e doen os ollos solo con ollar o que publica o 24
de Agosto de 2023 o BOP de Lugo
e que parece abrir a posibilidade dunha
tala masiva.
E doe o corazón ao comprender que a tala constituiría un dano irreparable
para o medio ambiente e o conxunto da cidadanía, e suporía un precedente
difícil de comprender polas xeracións futuras.
As afeccións serían múltiples e en cadea unhas con outras. A principal é que
afectaría aos chans e aos proceso erosivos, repercutindo na Rede Natura 2000.
A zona en cuestión sitúase nunha chaira suxeita a inundación, o que afectaría
gravemente aos humidais existentes, ao fluxo fluvial e á conectividade dos
ecosistemas. Por se fose pouco, a tala afectaría dun xeito severo a hábitats
prioritarios e de interese comunitario, como son as masas maduras de
carballeiras, a podería afectan asemade a auga potable da Cunca do Sil.
Ademais, afectarían severamente a especies catalogadas coma vulnerables
ou en perigo de extinción.
A tala vulneraría varias leis. A lei 5/2019 do 2 de agosto, o DECRETO
37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de
conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia, así como
outras europeas, en especial a Directiva europea 92/43/CEE do 21 de maio
de 1992, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora
silvestres.
Pero máis que leis, o que vulnera é o sentido común na actual crise climática,
onde a única loita con resultados claros é o mantemento dos bosques e a
reforestación de territorios con especies autóctonas, capaces de resistir tanto os incendios coma os desaxustes do clima.
Por todo isto, Petón do Lobo e Ecoloxistas en Acción Galiza "Atlantica e Verde" invitan a toda a sociedade a que presente alegacións, porque tódolos membros da sociedade quedarían perxudicados, e non só os de hoxe senón tamén os de mañá.
Seguindo o indicado no anuncio do BOP de Lugo, o prazo remataría o 24 deste mes. Cada quen pode facelas como considere ou tamén pode utilizar un modelo accesible en word e pdf descargandoo da páxina de Peton do Lobo
Diremos NON a todo ECOCIDIO que se pretenda !!!

Scroll al inicio