contact@domain.com
1, My Address, My Street, New York City, NY, USA

ENVIRONMENTAL PROTECTION MANAGEMENT

7 arbores que deixan de ser centenarias
Home » Biodiversidade  »  7 arbores que deixan de ser centenarias
7 arbores que deixan de ser centenarias

Xa o pasado mes de maio -por poñer en antecedentes- os axentes do servizo de Patrimonio Natural da Xunta frearan a tala destas árbores centenarias, para confirmar a existencia de niños nas pólas.

Agora, na madrugada do sábado 19 de agosto, en pleno mes de vacacións, procedeuse a dita tala.

O mesmo sábado intentase parar esta tala, pero é complicado dadas as datas nas que estamos e o día e a hora escollidos... No xulgado de garda presentouse unha denuncia e intentouse contactar coa Xunta, a deputación e o concello , e finalmente conseguiuse que os axentes ambientais acudan ao lugar, pero a Deputación denegou o acceso.

O luns seguinte regresaron a Policía Autonómica, pero a tala xa estaba feita.

Un posible delito contra a flora foi reclamado ante o Seprona e a Policía Nacional. Agardamos que - aínda que as árbores centenarias non volverán - as protestas teñan recepciòn polo órgano encargado de supervisar este tipo de actuacións e impoñer polo menos unhas multas non só en diñeiro senón en reposición como compensación por un acto que nunca debería ter acontecido...

Scroll al inicio