contact@domain.com
1, My Address, My Street, New York City, NY, USA

ENVIRONMENTAL PROTECTION MANAGEMENT

Se están a realizar varias talas de arbores, no Concello de Baralla, na estrada autonómica LU-710
Home » Biodiversidade  »  Se están a realizar varias talas de arbores, no Concello de Baralla, na estrada autonómica LU-710
Se están a realizar varias talas de arbores, no Concello de Baralla, na estrada autonómica LU-710

Temos aviso de diversas persoas veciñas de Baralla, de que se están a realizar varias talas de arbores, no Concello de Baralla, na estrada autonómica LU-710, entre a citada vila e a conexión a autovía, entre o PK 0 éo PK 5 aproximadamente, en ambos marxes da estrada, en onde se abriron pistas para a retirada da madeira. Parece que se vai arranxar ese tramo de estrada pero se pode facer un novo firme conservando o maior número de arbores, pois polas estacas que se puxeron no terreo se poderían conservar, sobre todo as mais antigas, como se fai en outros lugares similares a ese, en actuacións similares, en Asturias ou noutras zonas do estado Español.

Na zona hai vexetación autóctona preto da estrada, e nas proximidades do Rio Neira. O rio esta próximo a estrada, nese tramo de catro quilómetros da estrada LU-710. As cortas se están realizado pegadas o Río Neira nalgún tramo destes catro quilómetros, se trataría de árbores frondosas. No caso de realizarse talas no lugar deben contar con permisos, é cumprir cos mesmos, no caso de ser arbores frondosas, da Xunta de Galicia das distintas consellerías competentes (medio rural, medio ambiente, infraestruturas etc.), se fora nas proximidades do Rio Neira, tamén Confederación Hidrográfica Miño-Sil.

Hai que recordar que é una zona que conta con un paisaxe fermoso, e o que dispón o Decreto 96/2020, de 29 de maio, polo que se aprobou o Regulamento da Lei 7/2008, de 7 de xullo, de protección del paisaxe de Galicia, que obriga a conservacións destes medios naturais. Polo que a AXÍ debe acatar esas normas.

Solicitamos que se inspeccione ese tramo da estrada entre os PK 0 ata PK 5, da LU-710, no caso de haber talas, que estás, conten con todos os permisos necesarios e cumpran coas condicións dos mesmos, das administracións competentes sobre todo se se trata de Frondosas, ou se están nas proximidades do Rio Neira. Se arranxe o firme da estrada, conservando o maior número de arbores próximas, sobre todo as centenarias e se poña en valor ese lugar para o futuro do Concello de Baralla. Asi mesmo si houbera algunha irregularidade se actúe en consecuencia.

Tamén en base o principio de colaboración entre administracións se avise polas cortas a outras administración que tiveran competencia en materia de Medio Ambiente.

Scroll al inicio