contact@domain.com
1, My Address, My Street, New York City, NY, USA

ENVIRONMENTAL PROTECTION MANAGEMENT

A plataforma Amil Sen Eólicos, Asociación Ecoloxistas en Acción de Galicia e a Asociación Petón do Lobo solicitan a paralización inmediata das obras do parque eólico Acibal de Moraña
Home » Biodiversidade  »  A plataforma Amil Sen Eólicos, Asociación Ecoloxistas en Acción de Galicia e a Asociación Petón do Lobo solicitan a paralización inmediata das obras do parque eólico Acibal de Moraña
A plataforma Amil Sen Eólicos, Asociación Ecoloxistas en Acción de Galicia e a Asociación Petón do Lobo solicitan a paralización inmediata das obras do parque eólico Acibal de Moraña

Informes técnicos apuntan cara unha grave alteración hidrolóxica do humedal e dos
manantiais de auga potable a consecuencia das obras de cimentación para instalar os
aeroxeradores do proxecto industrial eólico que impulsa Norvento, S.L. polo que
veciñanza, plataformas e entidades ecoloxistas piden medidas cautelares urxentes

Debido aos posibles efectos negativos sobre o humedal de Brañas do Amil no monte Acibal e sobre a Masa protexida de auga soterrada “Caldas -O Salnés”, as tres asoacións solicitan que se se proceda á delimitación do humedal seguindo criterios hidrolóxicos, edáficos, paleoecolóxicos, sedimentolóxicos e botánicos, e baseándose na identificación de hábitats característicos dos humedais de Galiza.

De non facelo e proceder a dar comezo ás obras, vaise producir una alteración importante da capa freática coa conseguinte alteración do ecosistema. Unha circunstancia que é cualificada de
inadmisible, máis cando isto vai supoñer tamén unha modificación da conectividade dos cursos de auga subterráneos e superficiais. Como consecuencia final, teríamos un maior fluxo de auga na superficie por falta de drenaxe e polo tanto unha maior chaira de inundación e unha maior erosión.

Polos datos do catastro, a delimitación das superficies inundables coinciden coas parcelas previstas para a instalación industrial, circunstancia pola que se solicita a adopción da medidas cautelares urxentes e a inmediata paralización das obras do proxecto industrial eólico Acibal pois os prexuizos serán severos e irreversibles para o humedal das Brañas de Amil, quedando afectado o ecosistema de tal xeito que o humedal perdería gran parte da súa biodiversidade. Entre as especies en perigo de extinción está a Macromia splendens, unha especie de libélula protexida pola directiva europea de Hábitats.



Conclúese, en consecuencia, a necesidade de requerir á Dirección Xeral de Planificación enerxética e recursos naturais da Xunta de Galicia, a Augas de Galicia, á Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia e ao Concello de Moraña sobre a paralización cautelar indicada en base ao principio de precaución en materia ambiental.

Scroll al inicio