contact@domain.com
1, My Address, My Street, New York City, NY, USA

ENVIRONMENTAL PROTECTION MANAGEMENT

ALCOA, deixar ir …
Home » Biodiversidade  »  ALCOA, deixar ir …
ALCOA, deixar ir …

Despois de ver este artigo en GaliciaConfidencial ...

Dícese de un Pais que é importante e funciona cando:

A-Da igual que partido governe.

B- A sociedade civil vai sempre por diante dos políticos.

A intervención no Parlamento de Galicia por mor do asunto Alcoa-San Cibrao, logo da pregunta e posterior réplica da Titular da Consellería acae  na premisa anterior.

Pregúntase, se un Poder político autonómico vai deixar ir unha Empresa multinacional, privada, con propietario extranxeiro e sede rexistral en Madrid.

A resposta é que o partido político que pregunta apoia a reserva contra ás renovábeis. Que a Empresa quere irse porque a enerxía é custosa.

Dende a Oposición política o interpelante non ten un alcance de réplica alternativa ó paso dese alegato. Como tampouco se indica que as causas que conlevan unha decisión empresarial  (no contexto da economía de mercado) neste particular serían:

A- Sobrecapacidade mundial da producción de alumnio.

B- A caida do precio do mesmo.

Si que se fala dun marco enerxético competitivo…(eso non quere dicir encher de macro-muiños os montes). Pode supor outras moitas variables a estudar. Mesmo solucións dende a Matriz norteamericana da Empresa.

Se amáis polas instalacións había un posible comprador manifesta a viabilidade da actividade.

Reflexivamente: cando dende a Consellería e os sectores enexéticos se fala de postos de traballo, este é o seu modelo tipo: Alcoa simboliza a perfección todo o proceso.

A casuística é que este exemplo económico-laboral mercantil exténdese a todas esas grandes oportunidades que din do entramado das renovabeis e similares.

Renovábeis na enerxía pro irreversibles nos insumos e na implantación.

Enerxéticamente ineficaces sen un decrecemento enerxético e ambientalmente destructivas.

Os partícipes:

A mesma Xunta e os seus Técnicos que autorizan sen ter en conta nada (susceptible de citación xudicial).

A Oposición política que vai sempre a remolque cumprindo o trámite cos cidadáns xa que eles tiñan un modelo semellante. E os políticos rematan sendo títeres dos grandes grupos.

Os Tribunais de Xustiza que califican actos de mala fe empresarial defendendo a legalidade, que cuestionan o modelo de implantación de determinadas empresas en  Galicia e satisfán a todos son logo sinalados pola patronal , pola propia Administración Autonónica e tamén polos Sindicatos e Empresas auxiliares de paralizar proxectos que son aberrantes pro que lle interesan.

Eses sindicatos, traballadores e empresas auxiliares que, en casos como Alcoa, convírtense finalmente sempre en perxudicados.

Como perxudicadas son as Arcas Públicas via subvencións e exencións fiscais nunca dabondo.

Partidos  e políticos con dobre mensaxe; cos seus satélites facilitando implantar este modelo colonizador , expoliador e depredador  con xeitos decimonónicos nos procedementos indo da man dos promotores.

Medios de comunicación que cadran a conta de resultados  camuflando como noticias espazos patrocinados ou dando voz a xornalistas afíns e con tertulianos pagados ó peso.

Se volvemos  ó comezo, a caste política non é a de fai tempo... é peor. Nembargantes a sociedade civil actual, si vai por diante. E está liderando a defensa do seu, diante da afrenta ó territorio máis grande que nunca se ten visto.

Scroll al inicio