contact@domain.com
1, My Address, My Street, New York City, NY, USA

ENVIRONMENTAL PROTECTION MANAGEMENT

Aparcadoiro en Avenida Breogán de Lugo
Home » Biodiversidade  »  Aparcadoiro en Avenida Breogán de Lugo
Aparcadoiro en Avenida Breogán de Lugo

Enviamos en Xuño e setembro do 2023 dous escritos informando que na zona de Casas, concretamente no principio da Av. Breogan, na cidade de Lugo, a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, pretende crear un aparcamento disuasorio, nunha parcela pola que pasa o rego que nace na zona da Abella e que desemboca no Rio Miño, na zona das Saamasas.
Unha actuación que prexudicará seriamente o curso de ese rego, nunha zona que e de aportación de auga para o Rio Miño, nun punto no que o Miño, está protexido como Rede Natura. O lugar atopase dentro da Reserva da Biosfera Terras do Miño. Hai que recordar que este rego nese lugar concreto foi canalizado nas últimas décadas do século XX, prexudicando o seu entorno ecolóxico. Tratase dunha zona actual verde, con hortas tradicionais.
A Axencia Galega de Infraestruturas, da Xunta de Galicia, vai a realizar unha inversión para un aparcamento disuasorio nun lugar no que non hai problemas de aparcamento tal como demostramos coas fotos que aportadas no escrito de setembro do 2023, pois hai sempre moitas prazas dispoñibles, de aparcamento tanto na Avenida Breogan, como no lugar onde esta o centro comercial da Abella, así como instituto de casas, polo que os costes- beneficios desta actuación son mais prexudiciais, para o medio ambiente e para as arcas públicas, que os beneficios para a sociedade de Lugo. Os principais beneficiarios desta grande inversión será a empresa construtora e o dono dos terreos, única e exclusivamente.
O concello de Lugo recentemente contestou o seguinte:
“Visto o seu escrito presentado con data do 25 de setembro de 2023, co cal
reitera un anterior presentado con data do 3 de xuño de 2023, compre informarlle
que, en relación co posto de manifesto no mesmo, con data do 11 de xullo de 2023,
remitiuselle a Axencia Galega de Innovación, dito escrito xunto cun oficio cuxo teor
literal é o seguinte:
“Vista a denuncia presentada por Nery Díaz en representación de
Ecoloxistas en Acción, con data do 3 de xullo de 2023, no cal pon de manifesto
literalmente:
“ Na zona de Casas, concretamente no principio da Av. Breogan, na
cidade de Lugo, a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Infraestruturas e
Mobilidade, pretende crear un aparcamento disuasorio, nunha parcela pola que
pasa o rego que nace na zona da Abella e que desemboca no Rio Miño, na zona
das Saamasas.
Unha actuación que prexudicará seriamente o curso de ese rego, nunha
zona que e zona de aportación de auga para o Rio Miño, nun punto no que o Miño,
está protexido como Rede Natura. O lugar atopase dentro da Reserva da Biosfera
Terras do Miño. Hai que recortar que este rego nese lugar concreto foi canalizado
nas últimas décadas do século XX, prexudicando o seu entorno ecolóxico. Tratase
dunha zona actual verde, con hortas tradicionais.
A Axencia Galega de Infraestruturas, da Xunta de Galicia, vai a realizar unha
inversión para un aparcamento disuasorio nun lugar no que non hai problemas de
aparcamento, pois hai moitas prazas dispoñibles, de aparcamento tanto na Avenida
Breogan, como no lugar onde esta o centro comercial da Abella, así como instituto
de casas, polo que os costesbeneficios desta actuación son mais prexudiciais, para
o medio ambiente e para as arcas públicas, que os beneficios para a sociedade de
Lugo.
Os principais beneficiarios desta grande inversión vai a ser a empresa
construtora e o dono dos terreos, única e exclusivamente.”
Feitas as correspondentes comprobacións no Servizo de Licenzas de que non
consta nin concedido nin en trámite título habilitante para acometer as obras
denunciadas, e visto o informe da Policía Local de data do 5 de xullo de 2023, no
que se comproba que ditas obras de aparcamento disuasoria non se estan levando
a cabo, e polo tanto non existen feitos constitutivos de infracción
urbanísticaconforme ó disposto nos artigos 152 e seguintes da Lei 2/2016 do 10 de
febreiro do solo de Galicia, comunícaselle o contido da denuncia presentada xunto
coa documentación adxunta á mesma, para o seu coñecemento e oportunos
efectos por si resultara do seu interese dentro do seu ámbito competencial e en
virtude dos principios de coordinación, cooperación, colaboración e lealtade
institucional entre Administracións prevista no artigo 140 da Lei 40/2015, de 1 de
outubro de Réxime Xurídico do Sector Público.”.
Asimesmo informaselle que dado que as circunstancias continúan a ser as
mesmas que as da denuncia inicial, daráselle de novo traslado do mesmo á
AXENCIA GALEGA DE INFRAESTRUTURAS para o seu coñecemento e oportunos
efectos.
O que lle notifico para o seu coñecemento e oportunos efectos, indicándolle
que para calquera dúbida ou aclaración deberá dirixirse ó Servizo Municipal de
Urbanismo, Negociado de Disciplina Urbanística.
Asinado dixital á marxe.- O XEFE DO SERVIZO DE URBANISMO”


Ante o cal coas seguintes imaxenes queremos informar de que as obras van empezar entendemos sen licencia, actuación polo tanto moi grave por parte da Xunta de Galicia.

O rego da Abella no seu curso foi xa agredido pola Urbanización das Saamasas, que se pretende realizar no Concello de Lugo, na parroquia das Saamasas, e no seu día pouco se fixo por parte da administración competente para a súa defensa. Tratase dun rego con abondoso caudal en diversos momentos do ano tal como se aprecia na foto da zona das Saamasas nun momento de xuño, polo que podería haber problemas non só ecolóxicos, coa construción do aparcadoiro, tal como se produce en moitos lugares debido o cambio climático.

O rego de casas ou abella pódese ver no plano de zonas de policía fluvial, do Plan Básico Autonómico.
Este rego como se comentou anteriormente, morre nunha zona de Rede Natura (Parga-Ladra- Támoga, ES 1120003), Zona Especial de Protección dos Valores Naturales, que foi declarada mediante Decreto 72/2004, do 2 de abril, a súa declaración realizouse para a conservación dos corredores fluviais na zona alta do conca do Miño, co cal se inclúe o rego da Abella ou canal de casas, que morre no Rio Miño a altura das Saamasas, afluente do Miño, que vai volver a ser afectado por un aparcamento disuasorio que pretende construír a Xunta de Galicia, a altura da Avenida de Breogán.
http://www.mapas.xunta.es/visores/conservaciondanatureza/ Imaxe do visor.


O Concello de Lugo de acordo coa lei 7/1985 do 2 de abril reguladora das bases de réxime local, debe velar por que se cumpra as normas que protexen o medio ambiente, especialmente si están en zonas de protección, e pola legalidade en todo momento a igual que calquera outros órganos das administracións, tamén segundo os art 390,404, 408,428 da Lei Orgánica 10/1995 do 23 de novembro.


Si non hai intención de defender por parte das administracións competentes os lugares protexidos, veremos obrigados a acudir a xustiza para que abra unha investigación, e depure posibles responsabilidades das administracións responsables, do que sucedeu nos últimos tempos con ese rego, como esta asociación fixo en situacións similares en todo estado español, é fixo recentemente en Galicia, incluíndo o Tribunal de contas o tratarse de fondos públicos mal empregados.


Polo que, en base o anteriormente exposto volvemos a SOLICITAR:

Que cos medios a disposición o Concello de Lugo, coa policía Local impida os posibles traballos, polos medios legais necesarios, polo tanto non dando licencia, a construción dese aparcamento disuasorio sobre zona do curso do rego, por parte da Xunta de Galicia, por medio da Axencia Galega de Infraestruturas. E sancionando a Xunta por actuar sen permiso, o ter pechado o lugar sen permiso.

--

Asimesmo remitíuse escrito similar a CHMS Confederación Hidrográfica Miño Sil

Scroll al inicio