Ecoloxistas – Ecoloxistas Galiza https://ecoloxistasgal.org Atlantica e Verde Mon, 26 Jun 2023 20:14:00 +0000 es hourly 1 https://wordpress.org/?v=6.5.5 https://i0.wp.com/ecoloxistasgal.org/wp-content/uploads/2024/07/cropped-00.-LOGO-EG-SEN-FONDO-150x150-1.png?fit=32%2C32&ssl=1 Ecoloxistas – Ecoloxistas Galiza https://ecoloxistasgal.org 32 32 234963627 COMO A XUNTA DE GALICIA CONVERTE OS ANCARES NUN GRAN POLÍGONO INDUSTRIAL EÓLICO https://ecoloxistasgal.org/como-a-xunta-de-galicia-converte-os-ancares-nun-gran-poligono-industrial-eolico/ Mon, 26 Jun 2023 20:14:00 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=484 1.- Os proxectos eólicos Serra da Piñeira e Serra do Colmo presentan as súas poligonais lixeiramente solapadas.

2.- As poligonais dos proxectos eólicos Serra do Colmo e Serra do Furco solápanse.

3.- As poligonais dos proxectos eólicos Serra do Furco e Chao do Marco solápanse.

4.- As poligonais dos proxectos eólicos Chao do Marco e Monteiro tamén se solapan lixeiramente.

5.- As poligonais dos proxectos eólicos Serra do Punago e Navallos tamén se solapan.

6.- As poliongais dos proxectos eólicos Serra da Lagoa e Reboiro solápanse.

7.- O denominado “Complexo eólico dos Ancares” é un conxunto de 10 proxectos eólicos, tramitados pola Xunta de Galicia e ao que hai que engadir o proxecto eólico Levante, de tramitación estatal.

8.- O conxunto dos proxectos localízanse todos moi próximos entre sí e incluso presentan poligonais solapadas.

Na tramitación ambiental non se avaliaron adecuadamente os impactos acumulados do conxunto dos proxectos eólicos previstos, que son aqueles que ocorren con tanta frecuencia en tempo ou en forma tan densa no espazo, que non poden ser asimilados ou combinados con outros efectos ou outras actividades dunha maneira sinerxética

Os proxectos eólicos que conforman o denominado “Complexo eólico dos Ancares” entre os que están os proxectos eólicos Reboiro, Chan do Marco, Serra da Piñeira, Serra da Lagoa, Serra do Colmo, Serra do Furco, Restelo, Monteiro e Levente, localizaríanse nunha área xeográfica cun alto nivel de ocupación polos parques eólicos xa instalados e en tramitación e lindeira con outras ADE tamén con un alto nivel de ocupación de aeroxeradores. Por todo o sinalado despréndese un alto nivel de ocupación e saturación nun área restrinxida e incremento notable no afianzamento do efecto barreira/baleiro, nun entorno con especies sensibles e catalogadas. Do anterior determinase que se xerará un efecto sinérxico e acumulativo de impactos, principalmente de tipo baleiro e/ou barreira sobre a avifauna, incompatible coas necesidades destas poboacións. Polo tanto, á vista dos antecedentes, da análise da documentación e dos datos de campo considérase que o efecto sinérxico e acumulado sobre a avifauna e os quirópteros sería un impacto ambiental crítico. Por todo iso, conclúese que o proxecto presenta impactos acusados sobre o patrimonio natural e a biodiversidade e, por tanto, debera contar con informe ambiental desfavorable e non autorizarse.

]]>
484
Presentado Informe Técnico o Complexo Eólico dos Ancares https://ecoloxistasgal.org/presentado-informe-tecnico-o-complexo-eolico-dos-ancares/ Sat, 24 Jun 2023 07:58:00 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=419 Presentamos por Rexistro ante a Secretaría de Estado de Medio Ambiente do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico, escrito e o informe técnico denominado “INFORME TÉCNICO SOBRE OS PROXECTOS EÓLICOS DO DENOMINADO “COMPLEXO EÓLICO DOS ANCARES: PROXECTO EÓLICO CHAO DO MARCO, PROXECTO EÓLICO SERRA DA PIÑEIRA, SERRA DO COLMO, PROXECTO EÓLICO SERRA DO FURCO, PROXECTO EÓLICO REBOIRO, PROXECTO EÓLICO SERRA DA LAGOA, PROXECTO EÓLICO SERRA DO PUNAGO, PROXECTO EÓLICO NAVALLOS E PROXECTO EÓLICO LEVANTE”,  para a súa consideración no expediente PEol-340 relativo ao proxecto eólico Levante e a  súa infraestructura de evacuación.

]]>
419
Presentado Recurso de Alzada contra o Polígono Eólico Monte Peón https://ecoloxistasgal.org/presentado-recurso-de-alzada-contra-o-poligono-eolico-monte-peon/ Sun, 11 Jun 2023 19:35:59 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=407

O impacto xeral provocado pola acumulación de parques eólicos xera graves afeccións tanto á poboación como aos animais da zona
O impacto xeral provocado pola acumulación de P Eol xera graves afeccións tanto á poboación como aos animais da zona

06-06 2013 Preséntase por Rexistro RECURSO DE ALZADA ao abeiro dos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas e no artigo 62.2.i) da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público, contra a RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se outorga autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción ás instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Monte Peón, sito no concello da Lama (Pontevedra) e promovido por Naturgy Renovables, S.L.U. (expediente IN408A 2018/004), DOG Núm. 108, de 8 de xuño de 2023, que non pon fin á vía administrativa,preséntase ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia dentro do prazo legalmente establecido ,adxuntando tamén o informe técnico correspondente.

Perda da funcionalidade paisaxística da Rede de Miradores e xeración de Feísmo paisaxístico. Xustificante de presentación na seguinte ligazón..

]]>
407
Solicitamos o Persoamento no proxecto de ampliación de Tableros Hispanos https://ecoloxistasgal.org/solicitamos-o-persoamento-no-proxecto-de-ampliacion-de-tableros-hispanos/ Mon, 05 Jun 2023 08:03:00 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=422 Entregouse por Rexistro dirixido á alcaldesa do Concello de Lugo solicitude de Persoamento da Asociación EA Galiza no proxecto de ampliación da mercantil Tableros Hispanos SLU así como que nos sexa facilitada a información correspondente , dada a afección evidente da actividade de Tableros Hispanos SLU aos veciños e o Medio Ambiente.

Solicitándolle que tendo por presentado o escrito, o admita, e de conformidade co exposto, póñase a disposición da solicitante copia en formato electrónico do expediente de aprobación do Proxecto de Ampliación da mercantil “Tableros Hispanos SLU”, incluidos todos os informes sectoriais que conforman o procedemento administrativo.

Ligazón ao xustificante de presentación

]]>
422
Enerxía verde, a que prezo? en Comando Actualidad TVE1 https://ecoloxistasgal.org/energia-verde-a-que-precio-en-comando-actualidad-tve1/ Thu, 01 Jun 2023 20:53:00 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=383 A veciñanza dos concellos de Campo Lameiro, Forcarei, A Estrada, Beariz e Cerdedo-Cotobade foron protagonistas no programa da TVE1 Comando Actualidad baixo o título Energía verde, ¿a qué precio?

Vídeo completo na seguinte ligazón:

https://www.rtve.es/play/videos/comando-actualidad/energia-verde-precio/6902608/

]]>
383
Amil Sen Eólicos realiza o seu maior achádego de petróglifos entre escombros e dinamita das obras do Monte Acibal, a escasos metros dos xa reportados https://ecoloxistasgal.org/amil-sen-eolicos-realiza-o-seu-maior-achadego-de-petroglifos-entre-escombros-e-dinamita-das-obras-do-monte-acibal-a-escasos-metros-dos-xa-reportados/ Tue, 30 May 2023 21:31:00 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=375 O colectivo Amil Sen Eólicos, comprometido coa defensa do Monte Acibal, ven de facer un novo achádego alarmante esta semana. Trátase do primeiro panel completo de petróglifos atopado na zona das obras do monte Acibal.

Este importante descubrimento pon en total evidencia a falta de acción por parte das autoridades responsables na preservación do noso patrimonio. O panel de petróglifos foi atopado xusto ao lado dun dos bens comunicados hai dous meses tanto á Consellería de Patrimonio como á de Industria, rodeado de pedras esnaquizadas que xa foron utilizadas como recheo.

Vista da zona onde se atoparon os pretroglifos, desolada e arrasada

Para agravar a situación, os petróglifos xa foron gravemente danado polas máquinas utilizadas pola empresa Norvento durante as obras. As pasadas das pás e a maquinaria pesada causaron danos irreparables nesta valiosa manifestación artística e histórica.

A pesar das declaracións emitidas pola Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais a mediados de abril, nas que aseguraban que “se estaban realizando estudos a fondo en coordinación coa Dirección Xeral de Patrimonio Cultural para protexer os novos elementos arqueolóxicos”, o descubrimento deste panel completo xunto ao petróglifo xa vallado demostra claramente que esas accións non se levaron a cabo.

Danos visibles nos petróglifos

Os veciños e veciñas da zona veñen denunciando reiteradamente a falta de prospección e protección do patrimonio, e consideran que este novo achádego, a escasos 5 metros dun petróglifo xa protexido, confirma as súas preocupacións e críticas.

Diante desta situación, Amil Sen Eólicos informou formalmente ao Concello, á Consellería de Patrimonio e á de Industria sobre estes novos datos, que serán incorporados á denuncia xa interposta na Fiscalía. A plataforma esixe a paralización urxente das obras para evitar a continuación da destrución e espolio de elementos patrimoniais que vén ocorrendo desde hai meses.

Vista 3d dos petroflifos realizado por unh dos compoñentes de Amil Sen Eólicos, de maneira amateur. Para Dados os danos precísase do traballo dun profesional para identificalos ben. 
Vista 3d dos petroflifos realizado por unh dos compoñentes de Amil Sen Eólicos, de maneira amateur. Para Dados os danos precísase do traballo dun profesional para identificalos ben. 

Dende Amil Sen Eólicos continuaremos loitando incansablemente pola protección do Monte Acibal e do noso patrimonio cultural. Instamos á cidadanía a sumarse á nosa causa e esixir unha acción inmediata para preservar a nosa historia e identidade.

Para obter máis información e poñerse en contacto con Amil Sen Eólicos, poden facelo en contacto@amilseneolicos.org

]]>
375
Denuncia LAT Serra da Lagoa- Navallos https://ecoloxistasgal.org/denuncia-lat-serra-da-lagoa-navallos/ Fri, 26 May 2023 09:02:00 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=472 Entregada por rexistro denuncia por defectos de tramitación no proxecto de execución da LAT 132 kV SET P Eol Serra da Lagoa-Set PEol NAVALLOS que afecta aos concellos de Ancares (Lugo)

Ligazón ao xustificante da presentación.

A imaxe que acompaña esta publicación é o Barrio do Concello de Baralla ,  afectado se se chegase a levar a cabo o P Eol Serra da Lagoa

]]>
472
Denuncia Procedemento P Eol Anduriña https://ecoloxistasgal.org/denuncia-procedemento-p-eol-andurina/ Fri, 26 May 2023 08:37:00 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=444 Entrégase por Rexistro dirixida á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e recursos Naturais , Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, na condición de persoa interesada denuncia por considerar que se observan defectos de tramitación do expediente do proxecto de execución, en concreto, das instalacións do parque eólico Anduriña, situado nos concellos de Barro, Campo Lameiro, Moraña e Pontevedra, da provincia de Pontevedra (expediente IN408A 2019/46), pola omisión do trámite de posta ao dispor das Administracións Públicas afectadas e das persoas interesadas, dos informes preceptivos que resultan relevantes para os efectos da decisión sobre a execución do proxecto, SOLICITANDO á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais a adopción das medidas administrativas oportunas, ao obxecto de non incorrer deliberadamente na vulneración dos dereitos constitucionais de participación que asisten.

Ligazón ao xustificante de presentación

]]>
444
Denuncia defectos tramitación P Eol Monte do Pé https://ecoloxistasgal.org/denuncia-defectos-tramitacion-p-eol-monte-do-pe/ Fri, 26 May 2023 08:23:00 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=440 Entrégase por Rexistro denuncia, na condición de persoa interesada , e denúncianse os defectos de tramitación do expediente do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) do parque eólico Monte do Pé, situado nos concellos de Cerdedo-Cotobade e Ponte Caldelas, provincia de Pontevedra (IN408A 2019/25), pola omisión do trámite de posta ao dispor das Administracións Públicas afectadas e das persoas interesadas, dos informes preceptivos que resultan relevantes para os efectos da decisión sobre a execución do proxecto, SOLICITANDO á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais a adopción das medidas administrativas oportunas, ao obxecto de non incorrer deliberadamente na vulneración dos dereitos constitucionais de participación que asisten.

Ligazón ao xustificante de presentación

]]>
440
Denuncia Procedemento P Eol ZUDREIRO https://ecoloxistasgal.org/denuncia-procedemento-p-eol-zudreiro/ Thu, 25 May 2023 08:09:00 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=426 Entregada por Rexistro á Dirección Xeral de Planificación  Enerxética  e Recursos Naturais da Vicepresidencia Primera e Consellería de Economía ,Industria e Innovación  : DENUNCIA por  DEFECTOS DE TRAMITACIÓN no expediente do proxecto do P Eol Zudreiro, emprazado nos concellos de Moraña e Campo Lameiro da provincia de Pontevedra (expediente IN408A 2019/45) e na condición de persoa interesadapola omisión do trámite de posta ao dispor das Administracións Públicas afectadas e das persoas interesadas, dos informes preceptivos que resultan relevantes para os efectos da decisión sobre a execución do proxecto, SOLICITANDO á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais a adopción das medidas administrativas oportunas, ao obxecto de non incorrer deliberadamente na vulneración dos dereitos constitucionais de participación que asisten.

Ligazón ao xustificante de presentación

]]>
426
Entregadas por Rexistro Alegación ao P Eol TARGOS https://ecoloxistasgal.org/entregadas-por-rexistro-alegacion-ao-p-eol-targos/ Wed, 24 May 2023 22:30:00 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=398 Entregadas por Rexistro Alegación ao P Eol TARGOS que afecta á Estrada e a Slleda (Pontevedra)

Xustificante de presentación na seguinte ligazón.

Imaxe: Brañas de Xestoso , que sufrirían unha afección severa

]]>
398
Entrega Alegación ao Proxecto Eólico Serra da Fracha https://ecoloxistasgal.org/entrega-alegacion-ao-proxecto-eolico-serra-da-fracha/ Tue, 23 May 2023 22:26:00 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=393 Entregamos por rexistro alegación ao Proxecto Eólico Serra da Fracha que afecta ao Concello de Ponte Caldelas (Pontevedra)

O proxecto afecta de forma severa e permanente á Rede de Miradores da entorna.

Na seguinte ligazón atópase o xustificante da presentación.

Imaxe: Desde a Fracha,Vistas de Arcade e Ponte Sampaio, Mirador do Coto das Forcadas

]]>
393
Enviadas alegacións ao proxecto da Planta de Hidróxeno das Pontes https://ecoloxistasgal.org/enviadas-alegacions-ao-proxecto-da-planta-de-hidroxeno-das-pontes/ Tue, 23 May 2023 22:22:00 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=389 Enviadas por rexistro alegacións á Planta de Hidróxeno Verde das Pontes: Proxecto de Produción de hidróxeno renovable H2 POLE

Na seguinte ligazón atópase o xustificante da presentación.

]]>
389
Denunciamos a situación da colonia de gatos de Santa María https://ecoloxistasgal.org/denunciamos-a-situacion-da-colonia-de-gatos-de-santa-maria/ Tue, 23 May 2023 19:40:00 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=371 Presentamos ante a SEPRONOA LUGO instancia solicitando entre outros que se protexa o benestar animal da colonia de gatos do Fogar de Santa María.

Pola presente comparece ante esta administración e, como mellor proceda en dereito,

EXPÓN


1-.Estase a realizar no Concello de Lugo, no Fogar de Santa María da Deputación de Lugo,
situado na ronda da muralla xunto enfronte da Muralla de Lugo Patrimonio da Humanidade.
Unhas obras que no seu día foron permitidas polo Concello de Lugo. Existe no lugar unha
colonia de gatos rexistrada, no Concello de Lugo. Tratase polo tanto de obras que pertencen a
Deputación Lugo.


2-. Os animais están no medio das obras, sen ningún tipo de protección, e as licencias déronse
sen ter en conta a colonia de gatos, aínda que se sabía da súa existencia. Feitos moi graves
realizados polas administracións Públicas, máxime cando unha ten a colonia na súa propiedade
e dicir a Deputación de Lugo, e a outra o Concello de Lugo, e a responsable dos animais
abandonados que hai dentro do Concello.

3-. Poderíamos estar ante posibles delitos contra o maltrato animal, sen falar das posibles
infraccións administrativas.

Polo que, en base o anteriormente exposto SOLICITAMOS:


1-.Que se investigue os citados feitos se poden ser considerados delitos, ou infraccións
administrativas, se investigue os presuntos responsables de non respectar as normas legais.


2-. Si houbera algunha presunta irregularidade se actúe en consecuencia, se protexa o
benestar animal da colonia de gatos do Fogar de Santa María.

Achegamos na seguinte ligazón xustificante da presentación

]]>
371
Entrega Rec Alzada e Inf Tecnico P Eol FIGUEIRAS https://ecoloxistasgal.org/entrega-rec-alzada-e-inf-tecnico-p-eol-figueiras/ Tue, 23 May 2023 09:11:00 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=480 Entrega por rexistro do Recurso de ALZADA  ao P Eol Figueiras sito nos concellos de Alfoz, Mondoñedo e Valadouro (Lugo) dirixido a Francisco Conde, Vicepresidente Primeiro e Conselleiro de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia promovido por Fergo Galicia Vento PEE S.L. Adxuntando tamén o informe técnico correspondente .

Ligazón ao xustificante de presentación.

Imaxe: Detalle da vexetación da área de instalación do aeroxerador F3 con afección severa e directa a breixeiras oromediterráneas endémicas con aliaga , hábitats de interés comunitario.

]]>
480
Denuncia posibles danos polas balsas de Frades https://ecoloxistasgal.org/denuncia-posibles-danos-polas-balsas-de-frades/ Tue, 23 May 2023 08:41:00 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=448 Entrégase denuncia por Rexistro dirixida á Vivepresidencia Primeira e Consellería de Industria Enerxía e Innovación polos posibles danos causados polo fallo das balsas mineiras ao caude do Rego da Regueira, afluente do Río Maruzo, á Veiga do Río Maruzo e ao Rego Gaiteiro. Denuncia da ubicación de balasas mineiras na zona de policía do cauce da Regueira , sitas no Concello de Frades (A Coruña).

Solicítase acceso a autorización de Augas de Galicia que autoriza á empresa titular das balsas para a súa localización na zona de policía do cauce da Regueira e do cauce innominado, afluente directo do Río Gaiteiro.

Remata a denuncia solicitando a paralización inmediata da actividade e precintado das blasas.

Ligazón ao xustificante de presentación

]]>
448
Solicitamos persoación na obra que se está a realizar no Fogar de Santa María https://ecoloxistasgal.org/solicitamos-personacion-na-obra-que-se-esta-a-realizar-no-fogar-de-santa-maria/ Tue, 23 May 2023 07:26:00 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=364 Prsentouse solicitude de persoación na obra que se está a realizar no Fogar de Santa María ante a Sra. Alcaldesa do Concelo de Lugo. Achegamos a continuación un resumo da mesma.

EXPÓN

1-.Para realizar unha actuación urbanística, a construción dun aparcadoiro, no Fogar de Santa María, edificio da Deputación de Lugo, situado na Rolda da Muralla, intentouse realizar unha corta de arbores centenarias, que foi paralizada por unha denuncia realizada aos servicios de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, cuestión á que días antes xa alegamos para intentar evitar o arboricidio , ainda que a día de hoxe non recibimos resposta


2-. Os responsables da deputación de Lugo, manifestaron que tiñan permiso do Concello de Lugo para a corta das arbores.

Polo que, en base o anteriormente exposto SOLICITAMOS:

1-. Que se considere á Asociación Ecoloxistas en Acción Galiza, parte interesada no procedemento administrativo que teña aberto o Concello de Lugo, nesta autorización.


2-.A Organización Ecoloxistas en Acción, quere saber se esa corta ten permiso do Concello de Lugo. Se tivera permiso do Concello queremos que se nos achegue a seguinte documentación como parte interesada :

  • Copia da autorización do Concello de Lugo, para a corta de esas arbores centenarias.
  • Copia da solicitude do organismo que realiza a actuación, a Deputación de Lugo, ao Concello de Lugo, e informe que presentou si fora o caso, para xustificar a corta das arbores.
  • Identificación dos responsables do Concello de Lugo, que autorizaron, a referida tala.

Incorporamos a continuación xustificante da presentación na ligazón.

]]>
364
Amil Sen Eólicos denuncia ante a Fiscalía de Medio Ambiente a destrucción de elementos patrimoniais no polígono eólico do Monte Acibal https://ecoloxistasgal.org/amil-sen-eolicos-denuncia-ante-a-fiscalia-de-medio-ambiente-a-destruccion-de-elementos-patrimoniais-no-poligono-eolico-do-monte-acibal/ Mon, 22 May 2023 19:23:00 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=359 Este Luns, integrantes de Amil Sen Eólicos presentaron unha denuncia formal ante a Fiscalía de Medio Ambiente de Pontevedra, poñendo en coñecemento da xustiza a grave situación que están a vivir no monte Acibal debido á construción dun polígono eólico. Esta denuncia busca abordar a problemática que atenta contra o patrimonio cultural e natural da zona.

O descubrimento casual do primeiro petróglifo o pasado 19 de marzo por parte dos veciños e veciñas durante unha andaina revelou a insuficiencia da avaliación do impacto do proxecto eólico sobre o patrimonio cultural existente na área. Dende entón, Amil sen eólicos ven de atopar máis de 40 posibles elementos patrimoniais na zona de obras, que puxo en coñecemento das autoridades competentes, como o Servizo de Protección da Natureza (Seprona) e distintos departamentos da Xunta de Galicia.

A pesar de múltiples solicitudes por parte de Amil Sen Eólicos, así como doutras organizacións e cidadáns preocupados, non se obtivo resposta por parte da Consellería de Patrimonio e outras consellerías competentes. Ante a falta de acción e supervisión por parte das autoridades responsables, solicitouse un ditame á Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA), o cal concluíu que o monte Acibal non é un lugar axeitado para a instalación do polígono eólico debido á súa riqueza arqueolóxica, a máis ca posible aparición de máis elemen tos, a existencia de brañas e turbeiras, así como a celebración da tradicional festa da Baixa das Bestas, que se vería afectada pola construción do proxecto.

Os veciños tamén contan cun informe elaborado por Xulio Carballo, Arqueólogo de Patrimonio da Xunta xa retirado, no que, ao igual que a RAGBA, sinalan a condición de xacemento da zona e o interés de conservala. A construcción do polígono deixaría un xacemento arqueolóxico rodeado de instalacións industriais de 200m de altura.

Amil Sen Eólicos denuncia ante a Fiscalía de Medio Ambiente a destrucción de elementos patrimoniais no polígono eólico do Monte Acibal

Ante esta situación, Amil Sen Eólicos decidiu presentar formalmente a denuncia ante a Fiscalía de Medio Ambiente de Pontevedra co obxectivo de garantir a protección efectiva do patrimonio cultural e natural do monte Acibal.

]]>
359
Apoioamos aos veciños de Amil en todas as súas accións https://ecoloxistasgal.org/apoioamos-aos-vecinos-de-aml-en-todas-as-suas-accions/ Thu, 18 May 2023 09:38:29 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=341 Agora tamén todo o noso apoio a esta nova iciativa reivindicativa,  que pón en valor o patrimonio cultural afectado ,que merece ser protexido .

Reiteramos á  Xunta, ao Concello de Moraña e a Norvento que debe priorizarse o interés xeral e polo tanto deben parar a obra do Polígono Acibal xá.

No marco das celebracións do Día das Letras Galegas, os veciños e veciñas da localidade de Amil emprenden unha acción simbólica para poñer en valor o seu patrimonio cultural e a súa historia. Aproveitando a ocasión, elaboraron e colocaron carteis no Monte Acibal, onde a empresa Norvento está a desenvolver o Proxecto Eólico Acibal, co obxectivo de preservar a toponimia, lendas e lugares significativos para a comunidade.

Os veciños nun dos cotos que va ser dinamitado se non consiguen parar as obras

Os carteis instalados no Monte Acibal, que foron meticulosamente elaborados polos veciños e veciñas de Amil, representan lugares que non estaban rexistrados por escrito, pero que se transmitiron de xeración en xeración a través de lendas e recordos falados. O Monte Acibal, ademais de ser un espazo de gran importancia histórica para a comunidade de Amil, foi testemuña de actividades cotiás como o pastoreo de bestas e vacas pola mañá, a súa recollida pola noite e a subida dos veciños co carro no mes de agosto para facer acopio de toxo, que posteriormente serviría para a cama dos animais e como esterco.

As Brañas pequenas, sobre as que a empresa está a traballar e a ampliar a carretera, destruíndoas

Este acto de defensa do patrimonio cultural por parte dos veciños e veciñas de Amil busca resaltar a importancia de preservar as tradicións e o coñecemento ancestral que se transmiten de xeración en xeración. Ao colocar os carteis no Monte Acibal, desexan facer visible a riqueza cultural e histórica que conforma o tecido social da comunidade.

Esta acción simbólica representa un chamado á reflexión sobre a necesidade de protexer e valorar a toponimia, lendas e lugares que conforman a identidade cultural de Galicia. Ao poñer en evidencia a importancia do noso patrimonio, os veciños e veciñas de Amil esperan sensibilizar tanto ás autoridades como á sociedade en xeral sobre a necesidade de protexer e preservar a riqueza cultural que define a nosa terra.

O Pé do Mouro, pedra singular citada en lendas na comarca, no pico do Mouro que norvento está preparando para ser DINAMITADO

A comunidade de Amil convida a todos os interesados a visitar o Monte Acibal para descubrir os lugares, lendas e a historia que se agochan alí, reforzando así o vínculo coa súa identidade cultural.

]]>
341
Recurso ALZADA P Eol Rodicio II https://ecoloxistasgal.org/recurso-alzada-p-eol-rodicio-ii/ Thu, 18 May 2023 08:45:00 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=452 Envíase por Rexistro Recurso de ALZADA relativo ao proxecto eólico Rodicio II ao Vicepresidente Primeiro e Conselleiro de Economía, Industria e Innovavión  da Xunta de Galicia Sr. Dn. Francisco Conde López. Este proxecto afectaría aos concellos de Maceda e Montederramo (Ourense). Envíase tamén o informe técnico correspondente.

Ligazón ao xustificante de presentación

]]>
452
Presentamos recurso de alzada ao proxecto eólico Monte da Croa https://ecoloxistasgal.org/presentamos-recurso-de-alzada-ao-proxecto-eolico-monte-da-croa/ Tue, 16 May 2023 19:17:00 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=354 O 16 mayo enviouse por rexistro á Sec Xeral Técnica da Consellería de Economía , Industria e Navegación, recurso de reforma, solicitude e informe técnico sobre o P Eol  Monte da Croa que afecta aos concellos de Dumbría e Vimianzo

Achegamos o xustificante de presentación na seguinte ligazón.

]]>
354
Entrega Re ALZADA do P Eol O Cerqueiral https://ecoloxistasgal.org/entrega-re-alzada-do-p-eol-o-cerqueiral/ Tue, 16 May 2023 08:54:00 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=464 Envío por rexistro Recurso de ALZADA adxuntando o correspondente informe técnico dirixido ao Vicepresidente Primeiro e Conselleiro de Economía, Industria e Innovación Sr. Francisco Conde López acerca do P Eol “O Cerqueiral” que afecta aos concellos de Coristanco, Cabana de Bergantiños e Santa Comba promovido por Greenalia Wind Power O Cerqueiral, S.L.U.

Ligazón ao xustificante de presentación.

A imaxe que acompaña esta publicación mostra parte do Humedal das Brañas da Serra, que se encadra nas parroquias de San Pedro de Xallas de Castriz (Santa Comba) e San Miguel de Couso (Coristanco), que constitúen un dos brezais atlánticos húmidos mais grandes de Galicia, actualmente en perigo de desaparición polo abuso do sector forestal.

]]>
464
Presentación recurso de Alzada ao Polígono Eólico SANTUARIO ante o MITECO https://ecoloxistasgal.org/presentacion-recurso-de-alzada-ao-poligono-eolico-santuario-ante-o-miteco/ Mon, 15 May 2023 20:12:00 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=348 Este luns 15 de maio de 2023, enviamos ao Miteco recurso de alzada polo Polígono Eólico SANTUARIO e as súas infraestruturas de evacuación, adxuntado informe pericial elaborado dende o equipo técnico.

O proxecto afecta aos concellos de Xermade, Vilalba e Guitiriz (Lugo) xunto con As Pontes de García Rodríguez, San Sadurniño, Moeche e As Somozas (A Coruña).

Adxuntamos xustificante da presentación que se pode descargar na seguinte ligazón.

]]>
348
Solicitud protección 7 árboles en recinto Hogar Sta María en Lugo https://ecoloxistasgal.org/solicitud-proteccion-7-arboles-en-recinto-hogar-sta-maria-en-lugo/ Fri, 12 May 2023 09:51:00 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=329 La Asociación Ecoloxistas en Acción Galiza, presenta dolicitude ante LA COMISIÓN NACIONAL ESPAÑOLA DE COOPERACIÓN CON LA UNESCO para evitar la corta de 7 árboles en la ciudad  y fotos relativas a la misma, pidiéndoles que actúen con la máxima diligencia, dado que hemos presentado alegaciones tanto a la Diputación como al Ayuntamiento de Lugo y han sido ignoradas.

Tras recibir la denuncia de que se estaban cortando ramas donde había nidos de pájaros, varios agentes de Medio Ambiente se personaron, revisaron y vieron que así era y procedieon a paralizar la corta pero tememos que esa paralización pudiese levantarse en pocos días y los daños al patrimonio natural de la ciudad si eso sucediese podrían ser irreversibles.

El escrito termina con la siguiente solicitud:
1) Traslade los hechos señalados, con la documentación adjunta, al servicio competente de la UNESCO, para que tome constancia de los mismos.
2) Otorgue amparo a esta parte y a los cientos de ciudadanos que rechazan la actuación de tala indiscriminada e injustificada de árboles singulares que quieren realizar la Diputación Provincial de Lugo y el Concello de Lugo.
3) Se plantee ante el servicio competente de la UNESCO que se pronuncie sobre los hechos descritos, y sobre su compatibilidad con el respeto al patrimonio cultural y natural.
4) Se solicite por la UNESCO al Concello de Lugo y a la Diputación Provincial de Lugo la paralización de las actuaciones, y la realización de las medidas oportunas con el fin de preservar el arbolado singular descrito, algo que es perfectamente compatible con la ejecución del proyecto de aparcamiento.
5) Se adopte cualquier medida complementaria a las anteriores que la UNESCO estime oportuno con la finalidad de corregir esta situación, y prevenir otros impactos semejantes de actuaciones promovidas por las administraciones.

]]>
329
Alegación ao PROYECTO DE “OBRAS DE REPAVIMENTACIÓN ZONA DE APARCAMIENTO EXPLANADAS 1 Y 2 DE SANTA MARÍA https://ecoloxistasgal.org/alegacion-ao-proyecto-de-obras-de-repavimentacion-zona-de-aparcamiento-explanadas-1-y-2-de-santa-maria/ Sun, 07 May 2023 09:28:00 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=318 Ecoloxistas en Acción Galiza presenta alegación ao PROYECTO DE “OBRAS DE REPAVIMENTACIÓN ZONA DE APARCAMIENTO EXPLANADAS 1 Y 2 DE SANTA MARÍA. Solicítase como medida cautelar a urxente consistente na paralización dos traballos de apeo ou tala das árbores afectadas polo proxecto.

Incorporamos no documento que se pode descargar a alegación presentada.

Conclúe a mesma co seguinte:

Evítese a tala de árbores na cidade de Lugo, xa que con iso non só conséguese construír cidades máis grises, tamén fomenta un problema ambiental e de saúde pública. Os espazos verdes brindan múltiples servizos e son unha aposta importante para a habitabilidade das cidades, principalmente en escenarios de crecemento da poboación humana e cambio climático. As árbores de gran porte aportan vida á cidade e importantes servizos ecosistémicos que deber ser obxecto de respecto e protección ao abeiro do artigo 45 da Constitución española.

]]>
318
Solicitude información resultados RAPOSO https://ecoloxistasgal.org/solicitude-informacion-resultados-raposo/ Thu, 04 May 2023 08:51:00 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=460 Enviose por Rexistro á Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de  Medio Ambiente , Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia SOLICITUDE de información acerca dos resultados cinexéticoas da caza do raposo.

Ligazón ao xustificante de presentación.

]]>
460
Solicitude información competicións caza Raposo https://ecoloxistasgal.org/solicitude-informacion-competicions-caza-raposo/ Thu, 04 May 2023 08:46:00 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=456 Enviada por Rexistro á Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería  de Medio Ambiente Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia SOLICITANDO información acerca das competición de caza de raposo de Galicia.

Ligazón ao xustificante de presentación.

]]>
456
Entrega Informe LAT Serra da Lagoa-Navallos https://ecoloxistasgal.org/entrega-informe-lat-serra-da-lagoa-navallos/ Mon, 01 May 2023 08:20:00 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=436 Entrégase por Rexistro na Secretaría Xeneral Técnica da Consellería de Economía Industria e Innovación da Xunta de Galicia, oficio e informe técnico denominado “INFORME TÉCNICO SOBRE O PROXECTO DE EXECUCIÓN LAT 132 KV SET PE SERRA DA LAGOA – SET PE NAVALLOS (EXPEDIENTE IN408A/2020/117) E SOBRE O PROXECTO SECTORIAL DE INCIDENCIA SUPRAMUNICIPAL DAS INSTALACIÓNS RELATIVAS AO PARQUE EÓLICO SERRA DA LAGOA solicitando que sexa tido en consideración.

Ligazón ao xustificante de presentación

]]>
436
Entrega Informe P Eolico Serra da FRACHA https://ecoloxistasgal.org/entrega-informe-p-eol-serra-da-fracha/ Mon, 01 May 2023 08:14:00 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=432 Entrégase por Rexistro dirixido á Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación oficio de remisión e  Informe Técnico denominado “INFORME TÉCNICO SOBRE O PROXECTO SECTORIAL (PROXECTO DE INTERESE AUTONÓMICO) E A DECLARACIÓN DE UTILIDADE PÚBLICA DO PARQUE EÓLICO SERRA DA FRACHA, SITUADO NOS CONCELLOS DE PONTE CALDELAS E PONTEVEDRA, NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA (EXPEDIENTE IN408A 2020/148)”, para a súa toma en consideración no expediente da RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción, o estudo de impacto ambiental, o proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico) e a declaración de utilidade pública do parque eólico Serra da Fracha, situado nos concellos de Ponte Caldelas e Pontevedra, na provincia de Pontevedra (expediente IN408A 2020/148)

Ligazón ao xustificante da presentación

]]>
432
Charla informativa -O “Boom” da eólica na provincia de Lugo- e cea solidaria https://ecoloxistasgal.org/charla-informativa-o-boom-da-eolica-na-provincia-de-lugo-e-cea-solidaria/ Wed, 19 Apr 2023 08:19:00 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=309 Convite a toda a xente interesada en coñecer sobre “O boom da eólica na provincia de Lugo”.
que terá lugar sábado 22 de abril en Lugo ás 19:30 no Centro Social A Hedreira, na rúa Catasol nº 17.

Comezaremos ás 19:30 cunha charla informativa sobre O “BOOM” DA EÓLICA NA PROVINCIA DE LUGO con ponencias a cargo da Asociación Ambiental Petón do Lobo e do Instituto de Estudos Miñoráns.


Por parte da Asociación Petón do Lobo intervirá a avogada Ana Varela, e por parte do Instituto de Estudos Miñoráns o mestre Bruno Centelles.


Dúas persoas valentes que defenden un día sí e outro tamén o patrimonio natural, o dereito á paisaxe, a conservación dos acuíferos, á protección a biodiversidade,.. en definitiva: a intentar evitar danos irreversibles que afectarán toda a sociedade e tamén as seguintes xeneracións.


Unha palestra que, sin dúbida, axudar á a que se entenda cal é a situación actual, e qué podemos facer ante eso a cidadanía.


Na Asoc EA Gza consideramos todo un luxo ter a oportunidade de presentar a dúas persoas de máximo nivel .

A presentación e moderación da poñecia estará a cargo Nery Díaz, activista e presidenta da asciación.

E posteriormente as 21:30 celebrarase unha cea solidaria contra os macroeólicos, na que os beneficios da mesma se destinarán a organización da manifestacion do día 21 de Maio.

]]>
309
Nosotras las Personas Especial Lugo https://ecoloxistasgal.org/nosotras-las-personas-especial-lugo/ Mon, 17 Apr 2023 11:31:18 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=307 Esta semana en Nosotras las Personas: ESPECIAL LUCHAS Y RESISTENCIAS en LUGO, partiendo de lo que es un nuevo ESPACIO DE COMUNIDAD de vida el Centro Social Autogestionario A HEDREIRA, de donde surgen las hiedras de la vida, con Nuria Zurita.

Luego repasamos la lucha contra A RONDA ESTE, con Lucia Anido; pero antes escuchamos un tema inolvidable de la banda A Tropa do Carallo.

Seguimos este especial con la voz de Camino Casabella que nos habla como portavoz de la lucha por evitar OUTRO GARAÑON .

Y como no podía ser de otra manera compartimos ese tema de lucha y homenaje a las mujeres galegas de la mano de SES y su versión de MULLER.

El cierre de esta horita de Nosotras las Personas lo pone Nery conocida activista ecologista de la ciudad que denuncia la pretensión de la llamada urbanización SAAMASAS, pegadito al rio Miño.

Esperamos que disfruten de esta hora con Nosotras…Nos vemos en las kalles!!

Escuchar y compartir programa:http://audio.urcm.net/Nosotras-las-Personas-Especial-Lugo

]]>
307
Alegacións Rolda Leste Lugo https://ecoloxistasgal.org/alegacions-rolda-leste-lugo/ Wed, 12 Apr 2023 11:28:00 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=305 Nas seguintes ligazóns dispos de modelos de alegación para presentar ao proxecto da Rolda Leste de Lugo

Modelo alegación en word Modelo alegación en pdf

O prazo para presentalas remata o martes 18 de abril

]]>
305
A Asociación Petón do Lobo e a Ecoloxistas en Acción Galiza denuncian os posibles danos polos vertidos no Tambre https://ecoloxistasgal.org/a-asociacion-peton-do-lobo-e-a-ecoloxistas-en-accion-galiza-denuncian-os-posibles-danos-polos-vertidos-no-tambre/ Tue, 11 Apr 2023 21:12:26 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=300

]]>
300
Ecoloxistas en acción Galiza pídelle a Xunta que poña freo os parques eólicos na Costa da Morte https://ecoloxistasgal.org/ecoloxistas-en-accion-galiza-pidelle-a-xunta-que-pona-freo-os-parques-eolicos-na-costa-da-morte/ Tue, 11 Apr 2023 21:07:17 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=297

]]>
297
Ecoloxistas en Acción Galiza apela ao sentido común e pide que non se continue inzando eólicos na liña do litoral da Costa da Morte. https://ecoloxistasgal.org/ecoloxistas-en-accion-galiza-apela-ao-sentido-comun-e-pide-que-non-se-continue-inzando-eolicos-na-lina-do-litoral-da-costa-da-morte/ Sun, 09 Apr 2023 18:09:48 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=290 A Asociación Ecoloxistas en Acción Galiza pide á Xefatura da Vicepresidencia primeira que recue na tramitación do proxecto eólico Monteagudo polos severos impactos visuais e paisaxísticos que produciría sobre o sistema lagunar de Baldaio.

Segundo Ecoloxistas en Acción Galiza, a protección do litoral que se aplicou cos fallidos proxectos eólicos de Soesto e Monte Chan, no municipio costeiro de Laxe, debera estenderse aos municipios costeiros de Carballo e A Laracha e aos proxectos Monteagudo e Monte Neme, para non afectar ás aves e á Rede Natura

A asociación ecoloxista alega que o proxecto industrial eólico da mercantil Acciona produce unha especial incidencia visual e  paisaxística na Zona de Especial Conservación ZEC Costa da Morte, que a súa vez é Zona de Especial Protección para as Aves ZEPA, International Bird Area (IBA) e Espazo Mariño ZEPA.

Ademais, o proxecto está incluído dentro do ámbito de aplicación do Plan de recuperación da subespecie lusitánica da escribenta das canaveiras, catalogada en perigo de extinción, e afectará a varias especies incluídas no Catálogo Galego de Especies Ameazadas catalogadas como vulnerables e en perigo de extinción. De realizarse o proxecto, haberá unha afección irreversible para a herpetofauna e importantes comunidades de briófitas.

Dende un punto de vista urbanístico, parte das instalacións atópanse no ámbito de aplicación do Plan de ordenación do litoral de Galicia e inclúe un área de protección. De feito, na parte correspondente ao concello de Carballo, domina a clasificación de solo rústico de especial protección paisaxística establecida polo PXOM.

O proxecto vai en contra da prevalencia da protección ambiental sobre a ordenación territorial, afectando de forma severa e irreversible á necesaria coherencia da Rede Natura 2000, tendo en conta ademáis que se sitúa nunha contorna onde xa hai unha presión eólica excesiva. Hai que ter en conta que o proxecto eólico do Monte Neme, ubicado na zona costeira da Costa da Morte conta xa con Declaración de impacto ambiental favorable.

Por outra banda, a asociación Ecoloxistas Galiza considera que o impacto paisaxístico e visual é inasumible. As instalacións do proxecto industrial eliminan a funcionalidade paisaxística das AEIP (areas de especial interese paisaxístico) e afectan aos espazos próximos da Rede Natura 2000 e á rede de miradoiros con particular afección sobre a Lagoa de Baldaio.

A Declaración de impacto ambiental do proxecto eólico Monteagudo indica literalmente:

“O principal impacto paisaxístico deste proxecto será a incidencia visual producida polos aeroxeradores, que pola súa forma e altura, serán visibles desde unha ampla extensión de terreos e a longas distancias; esta incidencia perdurará durante todo o tempo en que estean instalados os aeroxeradores, e verase incrementada polo efecto sinérxico derivado da presenza doutros parques eólicos na contorna. Neste caso, entre as zonas afectadas pola incidencia visual cabe destacar a vila de Caión, o seu contorno e a praia de Baldaio, así como os numerosos miradoiros e demais núcleos de poboación próximos”.

De realizarse o proxecto, haberá unha moi grave perda da funcionalidade paisaxística en áreas de especial interese, e afectará de forma severa e irreversible á conectividade ecolóxica dos espazos naturais de alto valor ecolóxico, pola afección aos hábitats , os procesos erosivos e de perda de humus (capa fértil dos chans) que se xeran coas cimentacións eólicas e demais infraestruturas asociadas. Segundo a Zonificación ambiental establecida polo Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico parte da poligonal localízase sobre zonas non recomendadas para a implantación da enerxía eólica.

Por último, a asociación lembra que o impacto paisaxístico e a descontextualización do patrimonio cultural é inasumible. Apélase por tanto ao sentido común e prégase  que non se continúe inzando eólicos na liña do litoral da Costa da Morte.

]]>
290
A ASOCIACIÓN PETÓN DO LOBO E ECOLOXISTAS EN ACCIÓN GALIZA DENUNCIAN ANTE A CONSELLERÍA DE INFRAESTRUCTURAS E MOBILIDADE, POSIBLES DANOS CAUSADOS POLA ROTURA DE BALSAS MINEIRAS https://ecoloxistasgal.org/a-asociacion-peton-do-lobo-e-ecoloxistas-en-accion-galiza-denuncian-ante-a-conselleria-de-infraestructuras-e-mobilidade-posibles-danos-causados-pola-rotura-de-balsas-mineiras/ Tue, 04 Apr 2023 14:31:00 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=288 As balsas mineiras estarían en zona de policía do cauce da Regueira e estarían vertendo residuos ao cauce do rego A Regueira, afluente do Río Maruzo, á veiga do Río Maruzo e ao Rego Gaiteiro.

Á vista da posible rotura de balsas mineiras que está a causar estragos na chaira de inundación ou veiga do Río Maruzo e do Río Gaiteiro e nos respectivos cauces, leitos protexidos por formar parte do espazo Rede Natura 2000 Río Tambre, Petón dO lobo e Ecoloxistas en acción Galiza procederon a presentar a denuncia dos feitos.

As asociacións solicitan que se proceda a drenar as balsas mineiras e á correspondente eliminación destas, posto que se ubican na zona de policía do Rego da Regueira, afluente do Río Maruzo e do Rego innominado afluente do Río Gaiteiro. A tal efecto deberíase proceder á paralización inmediata da actividade mineira desarrollada pola empresa promotora e ao precintado das balsas e á correspondente clausura e peche da explotación, posto que non se garante a non afección aos recursos hídricos, aos chans, ás paraxes ribeiregas, a chaira de inundación dos leitos e á Rede Natura 2000.

Asemade, se pide que se valoren as afeccións aos cauces protexidos, as respectivas veigas e ribeiras e por tanto, as afeccións á Rede Natura 2000, e que se proceda a execución da fianza ou aval da empresa titular en orde á reparación dos danos causados de ser o caso. Neste sentido, as asociacións consideran que debería levarse a cabo a incoación do correspondente procedemento sancionador pola falla de dilixencia debida en relación á seguridade das balsas e á súa inidónea localización, na zona de policía de cauces.

Por último, ambas asociacións piden acceso ao Plan de vixiancia ambiental das balsas mineiras da empresa Erimsa – Explotación de Rocas Industriales y Minerales S.A., acceso á autorización administrativa que permitiu a instalación das balsas mineiras indicadas na zona de policía dos cursos fluviais indicados, e acceso ao informe ambiental/ declaración de impacto ambiental na que se basea a actividade mineira desarrollada na zona e aos condicionamentos ambientais desta actividade.

]]>
288
Ecoloxistas en Acción Galiza alerta dos 5 parques eólicos que ameazan á aguia real e ao oso pardo nos Ancares-Courel https://ecoloxistasgal.org/ecoloxistas-en-accion-galiza-alerta-dos-5-parques-eolicos-que-ameazan-a-aguia-real-e-ao-oso-pardo-nos-ancares-courel/ Sun, 02 Apr 2023 16:47:00 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=283 Piden non autorizar os proxectos eólicos Treboada, Ventumelo, Xeada, Orballeira e Neboada e anular as respectivas declaracións de impacto ambiental por infracción normativa e nulidade de pleno Dereito alegando os prexuizos que se ocasionarían aos hábitats das especies catalogadas como vulnerables e en perigo de extinción e en consecuencia ás propias especies.

Entre as devanditas especies en perigo de extinción figuran o aguia real, o miñato real e a tartaraña cincenta. Tamén veranse afectados gravemente os hábitats do oso pardo e moitas especies de réptiles e anfibios. A non execución deste proxectos estaría xustificada tendo en conta que se sitúan dentro de zonas de alta sensibilidade, non recomendadas para a instalación de plantas eólicas segundo a zonificación ambiental do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico.

A asociación considera moi grave que a industrialización de territorios emblemáticos non teña en conta o patrimonio natural e a biodiversidade, o cal a todas luces vulnera leis de protección ambiental e ten unhas consecuencias irreversibles para a contorna e a propia Rede Natura. Ademais da afección directa sobre paisaxes protexidas e sobre as especies, a execución do plan podería quebrantar á necesaria conectividade ecolóxica dos ecosistemas. E por se fóra pouco, os proxectos sitúanse preto das poboacións de Treboada, Ventumelo, Neboada, Xeada e Orballeira. Todo xunto, e de levarse a cabo estes proxectos, implicará unha vulneración dos intereses públicos de carácter xeral que de ningún xeito poderían seren paliados con medidas compensatorias.

No referente ao proxecto industrial eólico Ventumelo, sito nos concellos da Pobra de Trives e San Xoán de Río (Ourense) e Ribas de Sil (Lugo), e promovido por Wind Hero, S.L., Ecoloxistas en acción presentou recurso de alzada e solicitude de suspensión. Esta ultima foi denegada por la Consellería de Economía, Industria e Innovación. Entre os motivos de dita solicitude estaban que parte do trazado da poligonal está dentro da paisaxe protexida “Val do río Navea”, incluída dentro da Rede galega de espazos protexidos, e dentro tamén da reserva da biosfera “Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel”, á súa vez incluída no xeoparque Montañas do Courel, ambas consideradas áreas protexidas por instrumentos internacionais. Ademais, o proxecto está incluído dentro do ámbito do Plan de recuperación do sapoconcho europeo, e é moi evidente que a afección paisaxística e moi importante, en especial no Val do Río Navea e Montefurado, e a miradoiros como o de Monte Furado e Pena Folenche.

Afeccións semellantes presenta o proxecto eólico de Treboada, e no caso de Neboada os estudos indican un perigo para a vida de especies protexidas, en perigo de extinción ou catalogadas coma vulnerables, todas elas dentro do Catálogo galego de especies ameazadas (CGEA). Afeccións non só producidas pola industrialización das montañas e os accidentes coas palas dos muíños, senón tamén coas liñas de alta tensión que necesitaranse levantar por todo o territorio.

Ecoloxistas en acción Galiza denuncia que a vulneración paisaxística esténdese ao patrimonio cultural producindo a súa descontextualización dos xacementos, castros, igrexas, capelas e o mesmo Camiño de Santiago (Camiño de Inverno) e a Ribeira Sacra (ben de interese cultural coa categoría de paisaxe cultural). En xeral, o impacto visual e paisaxístico é severo e esténdese aos espazos pretos da Rede Natura 2000, e polo tanto esnaquizando a propia coherencia da Rede Natura. Pero afectaría tamén a núcleos de poboación importantes como O Barco, A Rúa, Quiroga, a Pobra de Trives ou Viloira, sendo as aldeas máis próximas aos parques eólico as que presentan unha visibilidade máis elevada, como ocorre con Roblido, Fiais e Cereixido.

Destacar tamén que o proxecto industrial eólico Orballeira tamén presenta unha afección severa para masas maduras de carballeiras e soutos de castiñeiros: hábitats naturais de interese comunitario, sobre os que existe a obriga normativa de mantelos.

Por último, Ecoloxistas en Acción Galiza denuncia a elevada saturación de aeroxeradores crea unha barreira crítica para as aves e a biodiversidade, fragmenta os hábitats, produce un inaceptable efecto sinerxia e xera un importante “feísmo” paisaxístico que debera terse en conta polo órgano substantivo. Asemade, reduce as posibilidades de recuperación de especies como oso pardo, cuxa presenza no termino municipal de Quiroga, por exemplo, está xa documentada polos numerosos danos en colmeas producidos nestes últimos anos por exemplares desta especie.

]]>
283
A Asociación Ecoloxistas en Acción Galiza recurre no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a autorización da mina de Urbas en Silán (Muras) https://ecoloxistasgal.org/a-asociacion-ecoloxistas-en-accion-galiza-recurre-no-tribunal-superior-de-xustiza-de-galicia-a-autorizacion-da-mina-de-urbas-en-silan-muras/ Sat, 25 Mar 2023 16:43:00 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=280
  • A asociación ecoloxista presentará demanda no contencioso -administrativo logo de pedir xustiza gratuita.
  • O Monte de Escoiras tería un total de 12 balsas de decantación e a posible rotura dunha delas tería consecuencias nefastas para os núcleos próximos e os ríos, incluido o río Landro.

    Cómpre ter en conta que os materiais en suspensión destas balsas adoitan ter metáis pesados. Cando se abandonan metais tóxicos no ambiente, contaminan o chan e acumúlanse nas plantas e os tecidos orgánicos. O perigo dos metais pesados é maior ao non ser química nin biolóxicamente degradables. Unha vez emitidos, poden permanecer no ambiente durante centos de anos.

    O perigo dos metais pesados reside en que non poden ser degradados (nin química, nin biolóxicamente) e, ademais, tenden a bioacumularse e a biomagnificarse (que significa que se acumulan nos organismos vivos acadando concentracións maiores que a que alcanzan nos alimentos ou medioambiente, e que estas concentracións aumentan a medida que ascendemos na cadea trófica), provocando efectos tóxicos de moi diverso carácter. No ser humano detectáronse infinidade de efectos físicos (dores crónicas, problemas sanguíneos, etc) e efectos psíquicos (ansiedade, pasividade, etc). Ver: https://www.miteco.gob.es/es/calidad-y-evaluacion-ambiental/temas/atmosfera-y-calidad-del-  aire/emisiones/probamb/metales_pesados.aspx

    Por tanto estas balsas deberan catalogarse como balsas de residuos mineiros da Categoría A e por tanto, deberan contar con un sistema de xestión da seguridade e de emerxencias. Cómpre lembrar que estamos a falar de terreos húmidos que escoan pola súa propia configuración e non existe un estudo xeotécnico que demostre que as balsas se poden excavar sobre a rocha directamente como afirma a promotora. Por outra banda, en base ao principio de precaución e tendo en conta a presencia moi próxima de núcleos de poboación, fontes, cauces e brañas con presencia de turberias xa non debera permitirse esta actividade extractiva a ceo aberto.

    Cómpre lembrar ademais que o periodo de retorno do caudal das balsas está previsto para 20 anos. Así prevese unha Balsa 1 (Fronte 1) con un volumen de 960 m3, unha balsa 2 (Fronte 2) con un volumen 1.575 m3, unha balsa 3 (Fronte

    3) con un volumen e 960 m3 e unha balsa 4 (fronte 4) con un volumen de 942 m3.

    Un total de auga de 4.437 metros cúbicos almacenada en 12 balsas e partindo das previsións realizadas pola promotora, xa que en canto ás intensidades, unha choiva lixeira oscila entre 0,25 a 1 mm/hora, e unha choiva intensa ou torrencial excede os 20 mm./hora. As precipitacións que orixinan avenidas catastróficas son excepcionalmente intensas, ás veces máis de 200 mm nunha hora, e este aspecto non foi avalidado. A mercantil promotora non avalía o peor escenario posible. Cómpre lembrar ao respecto o desastre ambiental que no ano 2014 supuxo a rotura das balsas da canteira do Monte Neme en Carballo (A Coruña), a raíz precisamente de abondosas precipitacións e as concentracións anómalas de aluminio que contiñan estas augas, que tamén procedían da auga da choiva al igual que indica a promotora no proxecto.

    A necesidade da preceptiva avaliación de impacto ambiental do proxecto.

    A avaliación ambiental resulta indispensable para a protección do medio ambiente. Facilita a incorporación dos criterios de sustentabilidade na toma de decisións estratéxicas, a través da avaliación dos plans e programas. E a través da avaliación de proxectos, garante unha adecuada prevención dos impactos ambientais concretos que se poidan xerar, á vez que establece mecanismos eficaces de corrección ou compensación.

    Por outra banda NON CONSTA a renovación e prórroga dos permisos de investigación outorgados á mercantil promotora por periodos sucesivos nin que estes estén vixentes consonte ao artigo 30 da Lei 3/2008, e 23 de maio, de ordenación da minería de Galicia e consonte ao disposto na lexislación xeral.

    No Monte de Escoitas atópanse as especies higrófilas como, fundamentais para os ecosistemas como:

    1)  Rumex rupestris 7723 Higrófilo. Comunidades fontinales

    2)  Sphagnum pylaesii Briófito Higrófilo. Zonas turbosas

    3)  Woodwardia radicans 9455 Higrófilo. Bosques higrófilos

    4)  Sphagnum spp. Turfófitos De interés especial

    5)  Vandenboschia speciosa (=Trichomanes speciosum) 9258 Higrófilo. Bosques higrófilos Listado

    Os hidrófitos e helófitos son plantas que dependen totalmente dos hábitats acuáticos, xa que tanto a súa anatomía, como a súa fisioloxía e demais procesos vitais están adaptados ás condicións que impón este medio.

    Pola súa banda, os higrófitos habitan en terreos moi húmidos ou cubertos de auga, tanto de maneira permanente como temporal.

    Dentro dos higrófitos, estarían as especies turfófitas, asociadas aos hábitats de turbeira. Son plantas que ocupan diversos tipos de ambientes, cun denominador común que é a presenza de auga: os ambientes máis representados son os cursos de auga e humidais temporais non salinos, seguidos dos prados húmidos, os bosques higrófilos e os hábitats turbosos.

    A execución da explotación mineira eliminaría e afectaría de forma irreversible a estes hábitats afectando á necesaria permeabilidade dos ecosistemas, á conectividade ecolóxica e á necesaria coherencia da Rede Natura 2000.

    ]]>
    280
    Veciños de Amil, Xeve e Campo Lameiro atopan petroglifos accidentalmente durante unha andaina na zona do futuro Polígono Eólico Acibal https://ecoloxistasgal.org/vecinos-de-amil-xeve-e-campo-lameiro-atopan-petroglifos-accidentalmente-durante-unha-andaina-na-zona-do-futuro-poligono-eolico-acibal/ Mon, 20 Mar 2023 17:55:00 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=275 Un grupo de veciños de Amil, Xeve e Campo Lameiro reuníronse este Domingo para realizar unha andaina polo Acibal e gozar da súa natureza antes da instalación dos aeroxeradores planeados na zona. Durante o percorrido, que transcorreu polas zonas concretas nas que se pretende realizar o polígono e os seus accesos, os veciños fixeron un achado sorprendente: varios petroglifos non catalogados a escasos metros dos futuros emprazamentos. Tan preto que de seguir as obras, estos perderíanse inebitablemente.

    Este feito súmase ao informe realizado por Petón do Lobo e Ecoloxistas en Acción Galiza, no que se resalta o perigo que supón a instalación dos aeroxeradores para as brañas de Amil, unha zona húmida de gran valor ecolóxico. Os veciños poideron comprobar na andaina de primeira man, a gran cantidade de regatos e de traídas de auga no na ladeira das Brañas de Amil, así como a deficiente instalación de medidas correctoras para a contaminación por lodos do humidal.

    Os veciños informaron ao SEPRONA e Patrimonio, e falarán co Concello para que se tomen medidas e considérese este achado como un factor adicional na solicitude da paralización cautelar das obras.

    A reunión dos veciños foi improvisada pero contou cunha importante participación, ao redor de medio centear de persoas, que mostraron o seu compromiso coa protección do medio ambiente e o patrimonio da zona. Esperan que as administracións e o concello escoiten as súas demandas e actúen en consecuencia para protexer os seus intereses.

    ]]>
    275
    A plataforma Amil Sen Eólicos, Asociación Ecoloxistas en Acción de Galicia e a Asociación Petón do Lobo solicitan a paralización inmediata das obras do parque eólico Acibal de Moraña https://ecoloxistasgal.org/a-plataforma-amil-sen-eolicos-asociacion-ecoloxistas-en-accion-de-galicia-e-a-asociacion-peton-do-lobo-solicitan-a-paralizacion-inmediata-das-obras-do-parque-eolico-acibal-de-morana/ Thu, 16 Mar 2023 12:51:00 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=264 Informes técnicos apuntan cara unha grave alteración hidrolóxica do humedal e dos
    manantiais de auga potable a consecuencia das obras de cimentación para instalar os
    aeroxeradores do proxecto industrial eólico que impulsa Norvento, S.L. polo que
    veciñanza, plataformas e entidades ecoloxistas piden medidas cautelares urxentes

    Debido aos posibles efectos negativos sobre o humedal de Brañas do Amil no monte Acibal e sobre a Masa protexida de auga soterrada “Caldas -O Salnés”, as tres asoacións solicitan que se se proceda á delimitación do humedal seguindo criterios hidrolóxicos, edáficos, paleoecolóxicos, sedimentolóxicos e botánicos, e baseándose na identificación de hábitats característicos dos humedais de Galiza.

    De non facelo e proceder a dar comezo ás obras, vaise producir una alteración importante da capa freática coa conseguinte alteración do ecosistema. Unha circunstancia que é cualificada de
    inadmisible, máis cando isto vai supoñer tamén unha modificación da conectividade dos cursos de auga subterráneos e superficiais. Como consecuencia final, teríamos un maior fluxo de auga na superficie por falta de drenaxe e polo tanto unha maior chaira de inundación e unha maior erosión.

    Polos datos do catastro, a delimitación das superficies inundables coinciden coas parcelas previstas para a instalación industrial, circunstancia pola que se solicita a adopción da medidas cautelares urxentes e a inmediata paralización das obras do proxecto industrial eólico Acibal pois os prexuizos serán severos e irreversibles para o humedal das Brañas de Amil, quedando afectado o ecosistema de tal xeito que o humedal perdería gran parte da súa biodiversidade. Entre as especies en perigo de extinción está a Macromia splendens, unha especie de libélula protexida pola directiva europea de Hábitats.



    Conclúese, en consecuencia, a necesidade de requerir á Dirección Xeral de Planificación enerxética e recursos naturais da Xunta de Galicia, a Augas de Galicia, á Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia e ao Concello de Moraña sobre a paralización cautelar indicada en base ao principio de precaución en materia ambiental.

    ]]>
    264
    Presentación oficial do Encontro Burla Verde https://ecoloxistasgal.org/presentacion-oficial-do-encontro-burla-verde/ Wed, 15 Mar 2023 09:41:00 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=254
    • Máis de 50 colectivos galegos apoian e colaboran con este encontro reivindicativo dunha transición enerxética real en este momento.
    • Durante as semanas previas realizaranse diversas actividades artísticas e deportivas enmarcadas dentro do programa oficial do certame.

    No día de onte tivo lugar en Santiago de Compostela, a presentación oficial do Encontro Burla Verde e das actividades que nas vindeiras semanas se van a desenrolar como parte do programa oficial.

    A presentación correu o cargo das asociacións: Rapa das Bestas de Sabucedo, SOS Suído Seixo, Colectivo do Vento, Asociación Veciñal e Sociocultural Ambiental Alarma na Terra de Montes e A de Rousmeri Caroi, no seu papel de organizadores e anfitrións nesta primeira edición do Encontro Burla Verde.

    Nunha primeira parte trasladouse a motivación do certame, dando lectura ao seguinte:

    O que nos xunta é a vontade de coidar, conservar e defender a terra do afán ecocida das eléctricas e das mineiras. A responsabilidade como pobo de conservar a vida fronte a especulación mafiosa das multinacionais da devastación.

    Queremos encontrarnos con todos os colectivos, asociacións, artistas e xente que se moveu e move pola defensa da terra, queremos que a Burla Verde festexe a irmandade do ben común que nos
    vincula: a terra, o patrimonio material e inmaterial e a biodiversidade
    .

    Dende a sociedade reivindicamos unha transición enerxética real baseada na redución do consumo, no decrecemento e na priorización da biodiversidade e a conservación do entorno. Unha transición na que se teña en conta a voz de quen habita os lugares.

    O 1 de Febreiro do 2003 o pobo galego xuntábase nunha mobilización cultural a prol do movemento Nunca Máis. Nacía a Plataforma contra a Burla Negra como ferramenta de protesta dende o sector cultural.

    Hoxe, ás portas do segundo cuarto do século 21, dende as montañas ao mar, o territorio galego e as súas habitantes, O 29 de Abril do 2023 xuntarémonos nun grande encontro nacional en Sabucedo (A Estrada) contra esta gran burla verde, contra a estafa da transición enerxética, contra a depredación dos nosos montes e ríos, pola defensa da terra e da vida. Unha xuntanza de convivio, loita e festexo á que estades todas convidadas

    Posteriormente fíxose público o calendario de actividades a desenrolar nas semanas previas.

    • 18 de Marzo: ACCIÓN ARTÍSTICA FOTOGRÁFICA “O devalar do monte galego” nos montes do Cádavo e Montouto (Concellos de A Estrada, Cuntis, Campo Lameiro e Cerdedo)
    • 1 de Abril: Recital poético en Toubes (Ourense)
    • 8 de Abril: TORNEO DE BALOMPÉ no pavillón de Cerdedo
    • 22 de Abril: Gran SUBIDA A CONLA co galo do día da terra (Concellos A Estrada, Campo Lameiro e Cerdedo)

    Para cada unha de estas accións, se enviará a correspondente nota de prensa con máis detalles.

    Posteriormente pasou a detallarse o programa festivo-formativo-reivindicativo coas diversas actividades do propio día do Encontro Burla Verde.

    Entre as principais actividades destacan a medio día a misa de romaxe para dar a benvida aos asistentes antes de proceder a sesión vermú e o xantar de confraternidade no que se disporá de carpa con polbo e tamén de food trucks .

    Xa pola tarde terán lugar diversas mesas redondas onde abarcar desde diversas perspectivas a actual situación de asoballamento das eólicas tanto no mar coma na montaña e as mineiras.
    En paralelo celebraranse espectáculos varios o longo da tarde para todas as ideades. Exposicións
    fotográficas, concertos, teatro, conta contos,…

    E o prato forte terá lugar as 21h co Curro-Cabaré que se celebrará no curro de Sabucedo con xente do mundo da cultura.

    Durante toda a xornada, as asociacións e colectivos participantes disporán de espazos propios (pendellos) para expoñer as súas loitas e proxectos.

    Iván Sanmartín da Asociación Rapa das Bestas sinaou que para o pobo de Sabucedo é un orgullo ser anfitrión desta primeira edición do encontro. Tamén avanzou que se disporá dunha zona de acampada.

    Son numerosos os artistas confirmados nos diferentes concertos e que en vindeiras datas se irán facendo públicos, como adianto dende a organización confirmou a presenza de: Mounqup, O Rabelo, Sonoro Maxin, Garcia Mc, Toma de Terra, O Leo de Matamá, Maria Lado e Lucia Aldao, Guadi Galego, Xoan Curiel, Uxía Senlle, Xurxo Souto, Jasper, Isabel Risco, NOGA, Aloumiños do Bosque, Peter Punk e Anxo Moure.

    Entre os colectivos que apoian e colaboran atópanse: Arente do Chan, Mina Touro O Pino Non, Adega Vigo, Ecoloxistas en Acción, Comuneiros do Cha Ferrol, Fundación Monteescola, Eólicos no Morrazo NON, Liceo Mutante, Asociación Socioeducativa Aloumiños no Bosque…

    A listaxe completa subirase as RRSS do evento e tamén se irá incorporando toda a información de actividades previas e do propio encontro.

    As RRSS son: https://www.facebook.com/EncontroBurlaVerde en facebook e
    https://www.instagram.com/burlaverde/ en isntagram.

    ORGANIZACIÓN ENCONTRO BURLA VERDE.
    encontroburlaverde@gmail.com

    ]]>
    254
    Ecoloxistas en Acción Galiza di NON á Ronda Leste https://ecoloxistasgal.org/ecoloxistas-en-accion-galiza-di-non-a-ronda-leste/ Mon, 13 Mar 2023 21:43:54 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=249
  • A Asociación Ecoloxistas en Acción Galicia e o Grupo Local de Ecoloxistas en acción Lugo en particular, rexeita a construción desta infraestrutura que fomenta o tráfico de coches e sacrifica carballeiras.
  • O paseo do Rato como pulmón que rodea a cidade de Lugo é un patrimonio natural a conservarDébese protexer de toda intervención que o degrade ambientalmente e paisaxísticamente.
  • Esta construción implicaría uns danos irreparables a nivel ambiental que dende a responsabilidade, o sentido común e o interese xeral deben evitarse. As administracións non deben promover o gasto de fondos públicos no prexuízo do medio ambiente e da mesma sociedade lucense que desfruta destos paraxes diariamente. En todo caso, calquera tipo de actuación que que se quixese levar a cabo debería ir no senso contrario: a renaturalización. Non podemos gastar fondos públicos para fomentar a circulación de coches e moito menos para sacrificar carballeiras, danar á biodiversidade, consumir materiais extractivos e aumentar a contaminación lumínica, acústica ou da calidade do aire.

    A Xunta de Galicia basease en proxectos e estudos ambientais de hai vinte anos e polo tanto desfasados. Por iso, lembrámoslle que estamos no 2023 e a sociedade e as súas demandas mudaron así como as perspectivas de crecemento da cidade, estragar o medio ambiente para adiantar un minuto nunha viaxe que xa ten vías alternativas é un despropósito. Esta obra aos únicos intereses que parece atender son aos das construtoras.

    Os 20 millóns de euros de orzamento que están plantexados, aos  que haberá que engadir os do seu mantemento, poden destinarse a outros moitos fins que si son unha prioridade e supoñen beneficio ao conxunto da sociedade, como tomar medidas para fomentar o transporte público e a redución do tráfico rodado.

    Dicimos un rotundo no porque perderíanse carballeiras centenarias, os seus beneficios ecosistémicos, peches tradicionais, camiños como o das Leiteiras -que debese estar protexido polo seu valor etnográfico– e se infrinxiría un dano irreversible aos ecosistemas e ás especies ameazadas que os habitan.

    Afectaranse tamén outros camiños como a vía Künig ou a vía romana XIX, sorprendentemente, nunha cidade que presume de ter varios patrimonios de Humanidade. Que dirá o ICOMOS de como se protexe o patrimonio cultural por parte da administración que debera defendela?. Non dubidamos que de seguir para adiante este tipo de proxectos, innecesarios e disparatados, Galicia e os seus dirixentes, como responsables últimos, non sairán ben parados.

    O lugar está ademáis, dentro do perímetro dunha zona de protección de augas mineiro medicinais segundo recolle o visor do SIAMS da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, pois toda a zona do rego de Samai e do rio da Chanca -ou rio Rato- está protexida, polo que esta infraestrutura pode prexudicala aínda máis. Dirixirémonos ao organismo competente para que actúe, xa que este tipo de augas ten protección recoñecida.

    En definitiva a sociedade luguesa, debe ser consciente de que este proxecto supón unha obra totalmente innecesaria que nin sequera vai xerar un adianto considerable nos viaxes e que xerará danos irreversibles para os ecosistemas e os seus habitantes. Dende Ecoloxistas en Acción Galiza, pedimos á Xunta que atenda ao interese xeral, protexa o patrimonio natural e cultural e desista deste proxecto na súa totalidade. O grupo local de Ecoloxistas Lugo poñerá todos os medios ao seu alcance para que así sexa.

    Zoa de protección de augas mineiro medicinais

    ]]>
    249
    Ecofeminismo para unha paz xusta https://ecoloxistasgal.org/ecofeminismo-para-unha-paz-xusta/ Wed, 08 Mar 2023 04:26:00 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=242
  • Co motivo da celebración do Día Internacional das Mulleres, e tras un ano da invasión rusa en Ucraína, Ecoloxistas en Acción lanza un manifesto ecofeminista e antibelicista onde pide o fin da guerra en Ucraína e o fin de todas as guerras presentes.
  • A organización ecoloxista tamén se suma ás manifestacións convocadas polos colectivos feministas no Estado español e participará nalgunhas marchas con convocatoria e cartel propios.
  • Ecofeminismo para unha paz xusta é o manifesto que Ecoloxistas en Acción creou para conmemorar o 8M 2023. O texto relaciona o militarismo co patriarcado e defende que a paz é un elemento necesario para garantir calquera forma de vida digna.

    O manifesto, que parte do paradigma poñer a vida no centro, defende o coidado, a cooperación, a redistribución e a reconstrución cotiá da supervivencia. Tamén sinala ao patriarcado (en interacción co capitalismo) como o sistema que reflicte e perpetúa a cultura militarista e belicista. Ao tempo analiza como as guerras, ademais de destruír vidas humanas, impactan na vida natural, destruíndo territorios e vida animal, e inciden particularmente nas condicións vitais e os corpos das mulleres.

    O manifesto ecofeminista defende a cultura da paz, do bo trato, da construción de acordos e do respecto así como o recoñecemento das mulleres nos procesos de mediación, reparación e pacificación.

    Por todo iso, a organización ecoloxista esixe á Unión Europea e a todos os gobernos implicados que traballen activamente para favorecer un acordo que poña fin á guerra en Ucraína e a todas as guerras do presente.

    Ademais de lanzar o seu manifesto ecofeminista, Ecoloxistas en Acción mostra o seu apoio ás movilizaciones convocadas por colectivos feministas no Estado español. Nalgúns territorios, como MadridCatalunyaGaliza o País Valencià a organización ecoloxista participará nalgunhas marchas con convocatoria e cartel propios, así como noutras actividades reivindicativas.


    [Manifesto] Ecofeminismo para unha paz xusta

    O pasado 24 de febreiro cumpriuse un ano desde que as tropas rusas invadiron o territorio de Ucraína. Este triste aniversario fainos lembrar que, como este, moitos conflitos bélicos de alta ou baixa intensidade permanecen activos no planeta, ás veces prolongados durante décadas, e que o punto de encontro de todos eles é sempre o sufrimento de poboacións que padecen os horrores dos enfrontamentos militares.

    A área de Ecofeminismo de Ecologistas en Acción quere aproveitar este 8 de marzo de 2023 para manifestar a súa repulsa ante todas as intervencións armadas e o seu defensa da paz con xustiza. A paz é un elemento necesario para garantir calquera forma de vida digna. Conservar o estado de paz debe ser sempre o primeiro obxectivo nas relacións políticas, sociais e humanas.

    Como feministas e ecoloxistas, as nosas lóxicas son pacifistas. O conflito bélico válese da confrontación violenta, a apropiación indebida e a destrución; o ecofeminismo defende o coidado, a cooperación, a redistribución e a reconstrución cotiá da supervivencia. Iso que chamamos de forma sinxela «pór a vida no centro».

    O armazón militarista, os exércitos, as infraestruturas, as tecnoloxías da guerra son ferramentas que reflicten e sosteñen/perpetúan o sistema patriarcal, unha orde de donos que busca a dominación de mulleres, pobos e terras. Unha ferramenta en contra da autoxestión e o mantemento comunitario do que está vivo.

    Cando rompe a paz as mulleres continúan facéndose cargo da reprodución social, tal e como impón o patriarcado, pero esa carga faise máis pesada en tempos de conflito, posto que se dá en condicións de maior carencia, de destrución de redes de apoio, de desabastecemento e falta de saúde.

    Nas guerras os corpos das mulleres convértense en territorio de apropiación e de violencia por parte dos soldados. Violacións, exilio, perda de liberdades, aumento das violencias son prácticas que están vinculadas á guerra e que as mulleres sofren en primeira liña.

    Durante as guerras priorízanse os requirimentos militares e déixanse en segundo termo ou supedítanse a outras as necesidades básicas da poboación civil. Non só durante as guerras -ou poderiamos dicir que o noso sistema sempre está en guerra, xa que sempre supeditan as necesidades da vida ao mercado, aos intereses económicos, ao poder-.

    As guerras arrasan con vidas humanas, pero tamén destrúen o medio natural e a vida de moitos animais. A apropiación de bens naturais escasos está no corazón de moitos conflitos bélicos. En tempos de recursos decrecentes pola sobreexplotación do planeta, a presión militar sobre eles vólvese un risco maior. As guerras consolidan a posición dos grandes poderes económicos. O sistema capitalista axúdase do poder militar, é máis, promóveo, para manter ou aumentar as súas taxas de beneficio.

    As negociacións de paz, se ocorren, fanse de costas ás mulleres. Só as visibiliza como vítimas, non como axentes capaces de ofrecer unha visión máis comunitaria, defensora da vida, conciliadora. Os acordos de paz, se chegan, non se enfocan nas necesidades do groso da poboación ou na mellora das condicións de vida das mulleres. Ao terminar a guerra as mulleres que sobreviven asumen boa parte dos traballos de reconstrución material e social, moitas veces tras perder a prole, parellas, amizades. «Non tivemos fillos», din, «para que morran na guerra».

    O militarismo normaliza unha lóxica de odio e medo ao Outro na que a violencia se presenta como necesaria. Esta lóxica exacerba o racismo e a discriminación. Ademais, justifica o control da poboación e a perda de dereitos en prol dunha suposta seguridade que protexe dunha suposta ameaza exterior. Ese mundo dividido segundo o binomio amigo-inimigo deteriora as redes comunitarias, esas que moitas mulleres tecen para sosterse e soster ás persoas máis vulnerables. Negámonos a aceptar unha orde que se impón pola forza.

    Negámonos a crer que a violencia sexa o único camiño para dirimir desacordos. Como ecofeministas somos pacifistas/antimilitaristas e defendemos a construción dunha cultura da paz e a resistencia non violenta. Sabemos que non é fácil nestes momentos, pero a nosa condición de seres interdependientes deberíanos obrigar a protexer todas as vidas. Estamos convencidas de que a cooperación e non a competencia explican os nosos logros máis valiosos. Por iso sabemos que a paz é posible.

    Esiximos ao Goberno español, á Unión Europea e a todos os gobernos implicados que traballen activamente para favorecer un acordo que poña fin á guerra en Ucraína e a todas as guerras do presente.

    O mundo é unha soa casa. Como ecofeministas opómonos a todas as guerras e ás violencias que o militarismo e a cultura belicista traen consigo. Necesitamos unha cultura do bo trato, da construción de acordos e do respecto. Moitos pobos, moitas comunidades, moitas mulleres camiñan nesta dirección.

    ]]>
    242
    Entidades ecoloxistas alíanse en contra da eólica mariña nas costas galegas https://ecoloxistasgal.org/entidades-ecoloxistas-alianse-en-contra-da-eolica-marina-nas-costas-galegas/ Fri, 03 Mar 2023 12:21:00 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=239

    • As entidades ecoloxistas piden a dimisión inmediata da Ministra Teresa Ribeira e a retirada dos Plans de ordenación do espazo mariño (POEM)
    • As entidades ecoloxistas lembran que a día de hoxe o Ministerio para la Trasición Ecológica y el Reto Demográfico aínda non fixo públicas todas as fichas descritivas dos hábitats mariños
    • Tachan de “lobista” a aprobación dos POEM sen ter completada a documentación relativa aos espazos onde se pretenden implantar a eólica mariña

    Os grupos que a día de hoxe forman parte de Ecoloxistas en Acción Galiza e que supoñen a gran maioría dos existentes na Comunidade: EA A Mariña, EA Lugo, EA Sarria_Monforte, EA Ancares, EA Terra Chá EA Coruña Centro, EA Ártabra, EA Costa da Morte,  EA Galego Transmontano e EA Galiza Centro  xunto co Comité pola Defensa das Rías Altas, a asociación Petón do Lobo , Cova Crea e a Plataforma Galega para a Defensa Animal e da Natureza  asinan un acordo para impugnar diante da Sala do contencioso -administrativo do Tribunal Supremo a disposición do Consello de Ministros do Goberno de España o Plan de ordenación do espazo marítimo (POEM).

    As entidades ecoloxistas citadas, que preparan arestora un informe técnico ao respecto, informan que a día de hoxe as investigación científicas non garanten a non afección da eólica mariña á biodiversidade, ás aves nin aos fondos mariños.

    Nin a biodiversidade mariña nin os impactos da eólica mariña están suficientemente investigados como para comezar a instalar a eólica mariña no litoral galego. Aínda arestora en países do Norte con máis experiencia que España na implantación da eólica mariña, están a plantexarse estudar os problemas derivados da acumulación de sedimentos nas augas, que impiden o paso da luz e o desarrollo das especies.

    A instalación de aeroxeradores mariños non só modifica o réxime dos ventos sobre a superficie do mar (algo esperable xa que se está producindo enerxía eólica), senón que se modifican as corrientes e o transporte dos sedimentos na auga. As estelas de sedimentos que xeran as correntes que se moven ao redor das turbinas ainda están a ser obxecto de estudo por parte dos científicos e ignóranse os efectos que poden ter sobre a entorna mariña.

    Faltan datos científicos sobre a distribución e a migración dalgunhas poboacións de especies mariñas e faltan datos científicos sobre os impactos nocivos dalgunhas actividades humanas sobre as especies mariñas. Ademais hai que ser conscientes de que as incidencias de animais varados e a morte de especies de cetáceos coincidiron con, e poden deberse ao, uso de soares activos de alta intensidade e frecuencia media, que aínda hai que continuar investigando.

    Por outra banda, a dificultade de demostrar os posibles impactos negativos das perturbacións acústicas sobre as especies mariñas e as súas presas require un enfoque cautelar nos casos en que tales impactos son probables. O ruído mecánico residual da góndola é inevitable, por moito que se depure o deseño das pás.

    Cómpre ter en conta que polo “efecto borneo” derivado da anclaxe dos pivotes ao fondo mariño e os soportes e arrastre das cadeas producirase un efecto baleiro de biodiversidade, polo que en absoluto estes espazos se poderán catalogar como como reservas para a pesca, posto que non haberá nada.

    Ademais cando existen razóns para supoñer que os efectos nocivos sobre a  biota poden estar causados polo ruído mariño  antropoxénico, a falta dunha plena certeza científica non debe usarse como xustificación para pospoñer medidas que impidan ou reduzan na maior medida posible tales efectos.

    Cómpre ter moi en conta que as infraestruturas eólicas mariñas son unha fonte de ruido de baixa frecuencia na auga. O ruido que se produce ao xirar as pás non penetra na auga pero sí as vibracións que se trasminten ao pilote que sostén as pás, e desde este, a auga na que está sumerxida a base.

    Deben considerarse as posibles afeccións a peixes que son capaces de detectar infrasóns a través da liña lateral, pero ata o momento non hai nin o primeiro estudo de impacto deste tipo.

    Ademais hai especies como Globicephala melas, Orcinus orca, para os que non hai datos dispoñibles sobre o seu estado de conservación, xa que están sin avaliar e a súa presencia é común nas zonas afectadas. Por outra banda, cómpre lembrar a inexistencia de cartografía referente aos HICs mariños.

    O propio Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico recoñece expresamente na súa web que:

    “En 2013 finalizó la elaboración de la Lista Patrón de Hábitats Marinos presentes en España realizada con el apoyo y colaboración de expertos científicos de distintas Administraciones Públicas e instituciones españolas. Este listado ofrece una respuesta a la divergencia de nomenclaturas y denominaciones en áreas de alcanzar un lenguaje común que permita a gestores y técnicos disponer de una herramienta para la identificación e interpretación de los hábitats marinos.

    Como complemento a este listado se están realizando las fichas descriptivas de cada hábitat, se presentan aquí algunas de ellas de hábitats característicos o singulares de nuestras aguas.

    Paulatinamente se irán poniendo a disposición más fichas de habitats presentes en nuestras aguas”.

    (https://www.miteco.gob.es/es/biodiversidad/temas/biodiversidad-marina/habitats-especies-marinos/inventario-espanol-habitats-especies-marinos/list-inventario-habitats-marinas.aspx )

    Aínda a día de hoxe descoñécese que os campos magnéticos asociados ás turbinas eólicas influen nos organismos mariños. As especies electrosensibles como os elasmobranquios poderían verse afectadas polos campos eléctricos xerados polos campos mariños. O campo magnético afecta a moluscos, crustáceos, peixes e mamíferos mariños que utilizan o campo magnético terrestre para orientarse durante a navegación.

    En definitiva, cómpre botar man do principio de precaución en materia ambiental e facer valer a súa prevalencia legal fronte á planificación territorial do espazo mariño, xa que a incertidume científica sobre dos posibles impactos e as súas consecuencias son ainda moi elevadas.

    Por outra banda, o POEM esquece por completo a integración paisaxística da planificación eólica mariña do Estado en Galicia coa Lei da Paisaxe de Galicia, o Catálogo da Paisaxe e as Directrices da Paisaxe de Galicia.

    ]]>
    239
    #RepsolFaiteCargo: A xira de pescadores afectados polo maior desastre ambiental da historia do Perú chega a Galicia https://ecoloxistasgal.org/ecoloxistas-en-accion-galiza-apoia-a-xira-de-pescadores-peruanos-afectados-pola-vertedura-de-repsol-que-o-proximo-2-de-marzo-recalara-na-cidade-da-coruna/ Tue, 28 Feb 2023 10:00:00 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=211 Ecoloxistas en Acción Galiza apoia o evento organizado pola Asociación Entrepueblos e a entidade civil peruana CooperAcción, que conta coa colaboración de Ecologistas en Acción e o Observatorio das Multinacionais en América Latina (OMAL).

    Voluntarios implicados na limpeza da vertedura de Petróleo de Repsol (Fonte: El Salto)

    O acto, presentado pola xornalista Alba Barbadillo e a celebrar no espazo da librería “A Tobeira de Oza” da Coruña (rúa Merced 24) o xoves 2 de marzo ás 18:30 horas, contará coa presenza de Zenón Gallegos e Luis Antonio Díaz, pescadores artesanais e dirixentes das asociacións de pescadores de Chancay e Aucallama, xunto ao sociólogo peruano Alejandro Chirinos -director de CooperAcción- e Aranza González, da plataforma veciñal galega “Aire limpo nas Mariñas Mandeo”. 

    O seu obxectivo será reivindicar xustiza e reparación para as máis de 50.000 persoas afectadas pola vertedura de petróleo acontecida na costa do país sudamericano en xaneiro de 2021, así como esixir a restitución ambiental dos ecosistemas danados polo vertedura, que finalmente afectou a unha superficie de 11.060 hectáreas.

    A vertedura, de 10.396 barriles de petróleo, causou non só un verdadeiro desastre ecolóxico senón que tivo un grande impacto a nivel socioeconómico en actividades como a pesca, o comercio e o turismo. Doutra banda, afectou gravemente á biodiversidade, nalgúns casos a especies en perigo de extinción como a nutria mariña ou o pingüín de Humbold, ademáis de a 48 praias e dúas áreas naturais protexidas.

    “Este desastre ambiental supuxo unha dura proba para a capacidade de resposta do Estado peruano a todos os niveis, e as comunidades e familias deben ser compensadas de maneira xusta, polo que repsol debe facerse cargo dos danos causados e asumir a súa responsabilidade” -declarou Nery Díaz, presidenta da Asociación Ecoloxistas en Acción Galiza-.

    A xira, iniciada o 14 de febreiro, rematará o próximo 3 de marzo logo de percorrer as cidades españolas de Barcelona, Valencia, Alicante, Madrid, Bilbao e A Coruña.

    Cando? xoves 2 de marzo.

    Onde? librería A tobeira de Oza (rúa da Merced nº14, A Coruña).

    ]]>
    211
    Ecoloxistas en Acción Galiza presenta recurso á autorización de vertedura de augas residuais da mina de San Fins e chama a manifestarse en defensa da ría o sábado 4 de marzo en Noia https://ecoloxistasgal.org/ecoloxistas-en-accion-galiza-presenta-recurso-a-autorizacion-de-vertedura-de-augas-residuais-da-mina-de-san-fins-e-chama-a-manifestarse-en-defensa-da-ria-o-sabado-4-de-marzo-en-noia/ Mon, 27 Feb 2023 10:11:14 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=223 A entidade envía á Administración autonómica recurso de alzada en base a os artigos 47 e 48 da Lei 39/2015 por presunta infracción normativa e nulidade de pleno dereito achegando o correspondente informe técnico en relación á resolución da autorización de vertedura ao río Pesqueira ou Rego de Rabaceiros de augas residuais procedentes da explotación extractiva en Lousame, derivadas na cunca da ría de Muros e Noia.

    Ecoloxistas en Acción considera que tendo en conta os datos aportados no documento débese anular a autorización de vertedura concedida no expediente Clave DH.V15.54967 polos prexuizos que esta actuación pode causar ao val fluvial afectado, á conectividade ecolóxica, á Rede Natura 2000 e á necesaria coherencia desta, solicitando a suspensión inmediata da eficacia da Resolución de autorización de vertedura á cunca da ría de Muros e Noia.

    Cómpre recordar que autorización de vertedura autorizada pola Xunta realízase sen ter en conta a existencia de catro balsas mineiras e varias entulleiras sen restaurar. Dúas delas atópanse na zona de policía do Rego de Rabaceiras, en pleno val fluvial e a máis perigosa -pola altura do dique mineiro, o material acumulado e o seu importante grao de deterioro- ubícase no leito do propio río onde se prevé derivar as verteduras.

    Para Verónica Crecente, da Área de Minería da Asociación Ecoloxistas en Acción Galiza “resulta canto menos controvertido que se minimice o contexto hidrolóxico no que se concede a autorización de vertedura” pois antes de chegar a esta posibilidade “deberase acometer e facer cumprir o plan de restauración mineira, proceder á drenaxe das balsas e eliminalas completamente deste val dada a previsión dun impacto crítico e severo sobre a rede fluvial que se estende ao LIC Esteiro do Tambre na ría de Muros e Noia. Ademáis é necesario ter en conta que a área afectada atópase nunha zona protexida de auga potable e sobre masas de auga soterradas que se solapan coa Rede Natura 2000”.

    ECOLOXISTAS EN ACCIÓN GALIZA CHAMA A MANIFESTARSE EN DEFENSA DA RÍA O PRÓXIMO SÁBADO 4 DE MARZO EN NOIA

    Baixo o lema “Defende a ría. Defende a vida” Ecoloxistas en Acción Galiza chama a mobilización cidadá xunto a outros moitos colectivos sociais na defensa do estilo de vida e das actividades tradicionais vinculadas ao mundo do mar do que na bisbarra dependen de maneira directa ou indirecta centos de familias.

    Hai que considerar que as augas residuais que a mercantil Tungsten San Finx pretende verter á cunca fluvial superan, mesmo 1,5 quilómetros augas abaixo, os límites fixados nas normas de calidade ambiental para cadmio (Cd), cobre (Cu) e zinc (Zn), que son metais pesados bioacumulables, tal e como demostran as analíticas presentadas por Augas de Galicia que figuran no expediente.

    E todo, nunha circunstancia na que nin os sistema de tratamento proposto nin a súa capacidade son suficientes para garantir que as verteduras cumpran cos obxectivos de calidade que figuran nas normas de calidade ambiental contempladas no Real Decreto 817/2015.

    ]]>
    223
    Ecoloxistas en Acción Galiza apoia as concentracións contra as matanzas de raposos como actividade “deportiva” https://ecoloxistasgal.org/ecoloxistas-en-accion-galiza-apoia-as-concentracions-contra-as-matanzas-de-raposos-como-actividade-deportiva/ Thu, 23 Feb 2023 17:27:07 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=198 O reconto anual de todos os exemplares que notifican as asociacións galegas de caza falan que, segundo os datos facilitados pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente, unha media de 15.000 exemplares son abatidos cada ano, algo totalmente inaceptable nunha sociedade que se considere a si mesma como civilizada. Antes da pandemia, esta cifra chegou a superarse ampliamente con máis de 17.000 raposos mortos durante a tempada 2018-2019.

    A nivel galego o raposo forma parte da nosa mitoloxía e crenza popular, ao igual que noutras moitas culturas o que a levou a formar parte de mitos e lendas que abranguen todos os xéreros imaxinables, sen súbida polo seu frecuente contacto coas sociedades labregas. O mesmo Álvaro Cunqueiro chegou definilo como o “animal máis antigo de Galiza”.

    Pola súa representatividade, e porque é a nosa natureza a que está en xogo, Ecoloxistas en Acción Galiza manifesta rotundamente a súa oposición á matanza anual de raposos e chama a manifestarse na concentración organizada por #LoitaRaposa e #FreeFox contra esta irracionalidade tolerada pola Xunta.

    Cando? o venres 24 de febreiro de 2023, ás 12:00 horas.

    Onde? simultánea diante da Consellería de Medio Ambiente en Santiago de Compostela (r/ Ceuta, 59) e na rúa Alcalá, 16 (Madrid).

    ]]>
    198
    Ecoloxistas en Acción informa negativamente ao MITECO sobre o parque eólico mariño Ventus polo seu forte impacto sobre a biodiversidade e a actividade pesqueira sostible https://ecoloxistasgal.org/ecoloxistas-en-accion-informa-negativamente-ao-miteco-sobre-o-parque-eolico-marino-ventus-polo-seu-forte-impacto-sobre-a-biodiversidade-e-a-actividade-pesqueira-sostible/ Mon, 20 Feb 2023 05:41:52 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=193 Ecoloxistas en Acción informa negativamente ao MITECO sobre o parque eólico mariño Ventus polo seu forte impacto sobre a biodiversidade e a actividade pesqueira sostible

    A entidade, consultada ao respecto polo Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico, considera que o proxecto da cordobesa Abey Energy & Infraestructure S.L. non debe considerarse de maneira única pois alén dos 40 aeroxeradores de 15 MW e 260 metros de altura en punta de pa planteados pola mercantil, que ocuparían unha inmensa superficie mariña de 127 kilómetros cadrados, hai que sumar o forte impacto sinérxico e acumulativo dos proxectos Celta I, de Ferrovial (33 aeroxeradores, 495 MW), Galwind, do Grupo Cobra (68 aeroxeradores, 1000 MW) e San Brandán e San Cibrao, de Iberdrola, con 35 aeroxeradores e 490 MW cada un deles.

    Por si alguén o olvida, ademáis, na contorna do proxecto eólico mariño Ventus atópanse un total de 22 caladoiros pesqueiros dos que dependen de maneira directa e indirecta miles de familias, sen olvidar a afección potencial en todas as súas fases sobre hábitats sensibles (tamén a nivel terrestre) e un gran número de aves ameazadas, algunhas en perigo de extinción, como no caso do alcaraván común (Burhinus oedicnemus).

    Doutra banda, diversos estudos científicos confirman que aparte da contaminación lumínica dos aeroxeradores e infraestruturas asociadas o aumento do ruído e a vibración vinculados ao desenvolvemento da eólica mariña pode conlevar un aumento da mortandade de larvas de especies de peixes e invertebrados, o desplazamento ou a interrupción dos seus patróns migratorios e os seus comportamentos reprodutivos, pero ademáis destes danos significativos sobre a biodiversidade mariña hai que considerar tamén os danos irreparables á paisaxe, co que isto supón de afección ao sector turístico na costa lucense.

    TRAMITACIÓN IMPROCEDENTE POR PARTE DO GOBERNO DE ESPAÑA

    Alén do criterio desenvolvido a nivel gubernativo, Ecoloxistas en Acción valora que non parece procedente que se tramiten este tipo de consultas por parte do MITECO cando aínda se está a traballar na elaboración da planificación do espazo marítico (POEM) sen determiñarse todavía as posibles zonas de implantación e sen ter, polo tanto, un espazo físico confirmado no que instalar este tipo de proxectos.

    POSTURA ROTUNDA DE ECOLOXISTAS EN ACCIÓN CONTRA A INSTALACIÓN DE PARQUES EÓLICOS MARIÑOS

    Finalmente, a Asociación Ecoloxistas en Acción Galiza, ten unha posición clara e definida contraria a instalación de este tipo de megaproxectos mariños, considerando que poden provocar un dano irreparable nas zonas nas que se instalan, polo que este tipo de iniciativas non compensa baixo ningún concepto e non deben ser consideradas nin estratéxicas nin de interés público, máis tendo en conta que este tipo de infraestruturas supoñen unha ameaza sen precedentes para a biodiversidade e poden causar colisións de aves, mamíferos e tartarugas mariñas alén de problemas significativos sobre as comunidades pesqueiras e o seu tecido social e produtivo.

    ]]>
    193
    Ecoloxistas en Acción agradece a Rodrigo Sorogoyen o seu apoio na gala dos Goya ás comunidades afectadas polos parques eólicos en Galicia e recorda o seu forte impacto sobre os montes de Sabucedo e Campo Lameiro https://ecoloxistasgal.org/ecoloxistas-en-accion-agradece-a-rodrigo-sorogoyen-o-seu-apoio-na-gala-dos-goya-as-comunidades-afectadas-polos-parques-eolicos-en-galicia-e-recorda-o-seu-forte-impacto-sobre-os-montes-de-sabucedo-e-ca/ Mon, 13 Feb 2023 11:00:00 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=181 Dous informes técnicos encargados por Ecoloxistas en Acción Galiza enviados á Administración autonómica inciden na importancia de rexeitar os proxectos Campo das Rosas, Porto Vidros e Touriñán III-2 entre os municipios pontevedreses da Estrada, Cuntis e Campo Lameiro e instan a anular as súas respectivas declaracións de impacto ambiental promovidos respectivamente nos dous primeiros casos por Naturgy e no terceiro por parte da enerxética Greenalia.

    Os proxectos afectan a zonas de máxima sensibilidade ambiental, xa que nunha porcentaxe significativa aséntanse sobre hábitats prioritarios ou de interés comunitario, sobre humedais e paraxes higrófilas con afección severa aos leitos da área de actuación, ás veigas dos ríos e vales fluviais, a zonas protexidas de augas potables, a zonas sensibles de captación de augas e a masas de augas soterradas que se solapan coa Rede Natura 2000 afectando á necesaria coherencia desta e a súa conectividade ecolóxica.

    DESCONTEXTUALIZACIÓN DA “RAPA DAS BESTAS”

    Doutra banda cómpre recordar que estes proxectos desvirtúan a funcionalidade das áreas de especial interés paisaxístico de forma irreversible, afectando ao hábitat natural dos cabalos salvaxes dos montes de Sabucedo e descontextualizando a Festa de Interés Turístico Nacional da Rapa das Bestas, algo incompatible coa presión eólica fomentada por Naturgy e Greenalia e que entra directamente en conflito co expediente promovido dende o Concello da Estrada para que como actividade anual de carácter ancestral sexa declarada Ben de Interese Cultural (BIC).

    GRAVE AFECTACIÓN PATRIMONIAL

    Ademáis Os proxectos industriais eólicos afectan de forma severa á AEIP 08.10 “Área Arqueolóxica de Campo Lameiro”, coincidente en gran parte co BIC e xacemento arqueolóxico “Área de gravados rupestres de Paredes-Praderrei”, nas proximidades dos proxectos eólicos Campo das Rosas e Porto Vidros, producindo a descontextualización do patrimonio cultural e a xeración de feísmo paisaxístico.

    IMPACTO SOBRE A BIODIVERSIDADE

    Os proxectos afectan a diversas especies incluídas no Catálogo Galego de Especies Ameazadas catalogadas como vulnerables e en perigo de extinción. Por outra parte ten unha afección severa e irreversible para a herpetofauna e importantes comunidades de briófitas.

    DIRECTRICES ENERXÉTICAS EXCEDIDAS

    As Directrices Enerxéticas 2018-2020 de Galicia expoñen para a enerxía eólica unha potencia instalada en 2030 de 4.122 MW, sendo a finais de 2019 a potencia instalada de 3.986 MW. Sen embargo, dende setembro de 2022 esta potencia superouse ampliamente, polo que estes proxectos só poden xustificarse desde un punto de vista especulativo e de fomento do lucrativo negocio privado a costa de bens públicos fundamentais para as comunidades.

    De feito, Galicia xa superou en 2020 os obxetivos marcados en renovables pola UE para 2030 cunha porcentaxe sobre o consumo final bruto do 46% renovable, o que representou o 107% da súa demanda eléctrica.

    AGRADECEMENTO ESPECIAL A RODRIGO SOROGOYEN

    Finalmente, Ecoloxistas en Acción desexa facer constar o seu máis sinceiro agradecemento ao director de cine Rodrigo Sorogoyen pola súa valentía e o seu apoio sinceiro e desinteresado na gala dos premios Goya ás comunidades afectadas polos parques eólicos. Un apoio que sen dúbida vai máis alá dos montes de Sabucedo que el menciona, e que a nivel galego fala de que son ducias de plataformas veciñais, asociacións e moitos miles de persoas as que por todo o territorio están dando a cara fronte a un modelo depredador e amoral implantado pola Xunta que só beneficia ás grandes corporacións enerxéticas e vai contra o interese xeral da poboación no ámbito rural galego.

    ]]>
    181
    Envío escrito de remisión e informe P Eol VILARTOXO https://ecoloxistasgal.org/envio-escrito-de-remision-e-informe-p-eol-vilartoxo/ Thu, 09 Feb 2023 09:08:00 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=476 Enviase por Rexistro á Xunta o escrito de remisión do informe e o informe técnico do P Eol VILARTOXO que  afecta aos Concellos da Baña e Val do Dubra ( A Coruña)

    Ligazón do xustificante de presentación.

    Acompaña a publicación a imaxe do mirador do Picoto, no Val do Dubra.

    ]]>
    476
    Envio informe técnico de P Eol CERQUEIRAL https://ecoloxistasgal.org/envio-informe-tecnico-de-p-eol-cerqueiral/ Wed, 08 Feb 2023 08:57:00 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=468 Entrégase por rexistro dirixido á Vicepresidencia Primeira escrito de remisión e informe técnico do P Eol Cerqueiral  que afecta aos concellos de: Cabana de Bergantiños, Coristanco e Santa Comba promovido por Greenalia Wind Power O Cerquqeizal, S.L.U.

    Ligazón ao xustificante de presentación.

    A imaxe que acompaña esta publiación mostra a lagoa de CUNS sobre a que se produciría un forte impacto visual e paisaxístico, e impacto severo para as aves que aniñan e campan na entorna da lagoa.

    ]]>
    468
    Ecoloxistas en Acción denuncia ante a UNESCO o impacto negativo do parque eólico Picato sobre o patrimonio cultural de Lugo e prepara accións xudiciais contra a autorización do proxecto https://ecoloxistasgal.org/ecoloxistas-en-accion-denuncia-ante-a-unesco-o-impacto-negativo-do-parque-eolico-picato-sobre-o-patrimonio-cultural-de-lugo-e-prepara-accions-xudiciais-contra-a-autorizacion-do-proxecto/ Mon, 06 Feb 2023 10:00:00 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=92 A entidade insta ao Consello Internacional de Monumentos e Sitios (ICOMOS) a actuar en defensa de elementos catalogados de Patrimonio da Humanidade como son o Camiño de Santiago e a muralla romana, directamente afectados polo plan enerxético de Naturgy.

    Neste senso considera que o ICOMOS, como organización internacional vinculada coa UNESCO e adicada a promover a conservación, protección, uso e mellora do patrimonio cultural a nivel global ten que tomar cartas no asunto, dado que o proxecto do parque eólico Picato, de sair adiante, provocará unha afección inasumible sobre Lugo e a súa contorna xa que pola súa proximidade as liñas de aeroxeradores serán claramente visibles dende a cidade e a súa muralla romana, afectando ademáis ao Camiño Primitivo de Santiago.

    A proximidade do parque eólico Picato á cidade de Lugo terá un forte impacto sobre o patrimonio cultural e a paisaxe.

    Ecoloxistas en Acción Galiza recorda que aínda que o parque eólico Picato, como afirma a promotora, poda xerar un efecto en canto a descarbonización, terá un impacto negativo moito maior sobre o valor patrimonial da paisaxe e os bens históricos que afecta, non sendo posible un efecto de mitigación polas inxentes dimensións dos aeroxeradores, que con 150 metros de altura serán visibles dende toda a contorna urbana e rural luguesa.

    AFECTACIÓN SOBRE A RESERVA DA BIOSFERA “TERRAS DO MIÑO”

    Doutra banda, e como figura na documentación enviada ao ICOMOS por Ecoloxistas en Acción, o proxecto eólico inclúese por completo dentro da área de protección da zona núcleo da Reserva da Biosfera das Terras do Miño, afectándoa de maneira significativa tanto polas obras de cimentacións dos aeroxeradores como pola apertura de viais e gabias de cableado, algo incompatible cos obxectivos de preservación da mesma. 

    Tanto o artigo 80 da Lei 5/2019, do patrimonio cultural e da biodiversidade de Galicia e o artigo 32 da Lei 8/2009, pola que se regula o aproveitamento eólico a nivel autonómico, mostran que os obxectivos da Rede Natura 2000 e as zonas núcleo das reservas da biosfera son similares, polo cal debe asumirse a existencia dunha incompatibilidade manifesta coa instalación de parques eólicos cando se poña en xogo a preservación destas zonas núcleo, como é o caso do parque eólico Picato, en aras de manter os obxectivos polos que se estableceron, como son garantir a preservación da diversidade biolóxica e os ecosistemas.

    Cómpre recordar, ademáis, que existe un forte impacto negativo sobre a biodiversidade porque o proxecto de Naturgy pretende desenvolverse nunha área prioritaria para a avifauna que conta coa presenza, entre outras, da tartaraña cincenta (Cyrcus pygargus), unha especie considerada vulnerable polo Catálogo Galego de Especies Ameazadas. Hoxe en día a comunidade científica recoñece que a desaparición de parellas desta especie está en relación directa coa implantación descontrolada de aeroxeradores, feito que a está a poñer ao bordo da extinción.

    RECURSO XUDICIAL CONTRA A AUTORIZACIÓN ADMINISTRATIVA AO PARQUE EÓLICO PICATO

    Finalmente a entidade fai constar que logo do rexeitamento da Xunta de Galicia ao recurso de reposición presentado por Ecoloxistas en Acción e outros dez colectivos o pasado 16 de xaneiro contra a autorización administrativa do proxecto, actuará por todas as vías legais ao seu alcance para acadar a paralización dun parque eólico que considera ilegal, invasivo e claramente lesivo para os intereses de Lugo, a súa bisbarra e a súa poboación.

    ]]>
    92
    Un informe técnico de Ecoloxistas en Acción alerta dos graves impactos que o parque eólico Picato pode ter sobre Lugo, a súa muralla romana e o Camiño de Santiago, Patrimonio da Humanidade https://ecoloxistasgal.org/un-informe-tecnico-de-ecoloxistas-en-accion-alerta-dos-graves-impactos-que-o-parque-eolico-picato-pode-ter-sobre-lugo-a-sua-muralla-romana-e-o-camino-de-santiago-patrimonio-da-humanidade/ Mon, 30 Jan 2023 10:00:00 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=64 A entidade ambiental urxe á suspensión da autorización administrativa do parque e a paralización inmediata das obras polos prexuizos que o proxecto pode causar.

    Segundo o informe técnico presentado por Ecoloxistas en Acción Galiza, os 13 aeroxeradores a instalar por parte de Naturgy provocarán a descontextualización do patrimonio cultural e un impacto visual e paisaxístico irreparable. Neste senso, a afección para a vía histórico-cultural do Camiño de Santiago considérase inasumible, xa que dende os 700 metros de altitude na que se pretenden ubicar as liñas de aeroxeradores a vista alcanzará non só ao Camiño Primitivo senón que chegará a observarse dende Lugo e a súa muralla romana, Patrimonio da Humanidade.

    Recreación infográfica do forte impacto ambiental e paisaxístico do parque eólico Picato sobre a cidade de Lugo.

    Esta situación determina un dano irreparable para a a cidade, condicionando a visibilidade da súa contorna inmediata e deixando en papel mollado o estipulado no Convenio Europeo da Paisaxe (Florencia, 2000), que sinala que este “desempeña un papel importante de interese xeral nos campos cultural, ecolóxico, ambiental e social”, constituíndo ademáis un recurso favorable para a actividade económica xa que a súa correcta protección e a dos seus valores e áreas de influencia pode contribuir á creación de emprego.

    AFECTACIÓN DIRECTA AO CAMIÑO PRIMITIVO

    Cómpre tamén destacar que o Camiño Primitivo a Santiago transcorre a escasos metros ao norte dos aeroxeradores máis próximos (máquinas 1 á 9) e un amplo tramo atravesa a poligonal do parque eólico Picato.

    Estamos a falar dunha das rutas do Camiño do Norte, a ruta de interior, a cal ten o máximo recoñecemento patrimonial ao estar incluida na lista de Patrimonio Mundial da Unesco dende o 2015, polo que segundo o punto 1 do artigo 75 incluido no Título VI da Lei 5/2016 do 4 de maio, de Patrimonio Cultural de Galicia ten a consideración de Ben de Interese Cultural (BIC).

    Ante isto resulta incomprensible que debido a esta gravísima afección Naturgy, como empresa promotora, non aporte ningún estudo de expertos no Camiño de Santiago que de maneira imparcial acredite que o impacto deste proxecto enerxético non terá unha grave afectación sobre a Ruta Xacobea. Nesta liña Ecoloxistas en Acción Galiza considera imprescindible que calquera decisión da Administración galega que impacte sobre o valor histórico e sobre o futuro do Camiño de Santiago sexa respaldada por especialistas de maneira profesional e independente.

    ]]>
    346
    FITUR 2023 | Ecoloxistas en Acción considera lamentable a certificación da Costa da Morte como destino turístico ‘Starlight’ sen valorar o impacto nocturno da nova xeración de parques eólicos https://ecoloxistasgal.org/fitur-2023-ecoloxistas-en-accion-considera-lamentable-a-certificacion-da-costa-da-morte-como-destino-turistico-starlight-sen-valorar-o-impacto-nocturno-da-nova-xeracion-de-parques-eolicos/ Thu, 19 Jan 2023 10:00:00 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=100 A organización ambientalista rexeita o evento propagandístico organizado ao respecto pola Xunta de Galicia na Feira Internacional de Turismo (FITUR) e critica que dende a Fundación Starlight non se tiveran en conta as reiteradas alertas sociais efectuadas durante a tramitación do proxecto neste senso, recordando que centenares de aeroxeradores instalados ou en proxecto van camiño de converter a esta zona do noroeste galego levan camiño de converter a esta zona do noroeste galego nunha verdadeira “árbore navideña”, algo que prexudica non só a observación e o disfrute do ceo estrelado, senón á poboación circundante a á biodiversidade.

    Como xa se fixo constar públicamente o pasado verán desde Ecoloxistas en Acción, aínda que a denominación de “Destino turístico Starlight” ten facetas positivas, as actuais condicións do ceo nocturno en moitos puntos dos concellos implicados dista moito de ser a ideal xerando ademáis un problema de moi difícil solución, dado que o cambio de normativa fomentada polo PP dende a Xunta e deseñada a medida das grandes corporacións enerxéticas concede un carácter supramunicipal aos proxectos eólicos de nova creación pasando por alto e sen nengún tipo de miramento tanto de intereses veciñais como ambientais.

    Doutra banda, hai que sinalar que a normativa de seguridade aérea non deixa lugar a dúbidas, pois os parques eólicos deberán sinalizarse e iluminarse conforme ás directrices da “Guía de señalamiento e iluminación de turbinas y parques eólicos”, elaboradas pola Agencia Española de Seguridad Aérea (AESA), e dacordo a este documento serán susceptibles de incorporar iluminación nocturna aqueles proxectos cuxos elementos teñan unha altura superior aos 100 metros en todo o territorio nacional situados sobre planicies ou partes prominentes do terreo ou nivel do mar dentro de augas xurisdiccionais.

    Tendo estes factores en conta e os numerosos proxectos eólicos que atenazan o territorio da Costa da Morte, que en todos os casos incorporan alturas en punta de pa superiores aos 150 metros e noutros moitos alcanzan ou superan os 200, isto supón de maneira automática e en función da normativa vixente a incorporación obrigatoria de iluminación aos aeroxeradores, o que afecta gravemente á liña base do horizonte nocturno causando un efecto distractivo e de molestia no observador que dificulta non só o disfrute do ceo senón a realización doutras disciplinas como a astrofotografía, que necesita ceos nas mellores condicións de escuridade posible.

    Resulta imperdoable que a Fundación Starlight non valorase o prexuizo evidente da contaminación lumínica na liña do horizonte e olvide, xa sexa por desidia ou descoñecemento, que as condicións anteriormente mencionada obrigan a que a iluminación dos aeroxeradores se instale en todos os casos na parte superior da góndola, incorporando ademáis outros elementos luminosos na torre a distintos niveis.

    É por todos estes motivos que a entrega do selo ‘Starlight’ á Costa da Morte nestas condicións só pode calificarse de irracional, máis centrado no interés persoal e comercial de algúns que en examinar a realidade e poñer solución aos problemas, que neste caso non só pasa por cambiar o pésimo alumbrado público que xa se contempla, senón por modificar por completo o sistema de implantación de proxectos eólicos no territorio e o establecemento dun novo plan sectorial que sexa respectuoso non só coas poboacións afectadas, a paisaxe e a biodiversidade, senón coas condicións do propio ceo nocturno.

    Neste sentido, Ecoloxistas en Acción demanda un ceo nocturno libre de contaminación lumínica que permita a observación directa da bóveda celeste nas mellores condicións posibles e que sexa compatible coa “Declaración sobre a defensa do ceo nocturno e o dereito á luz das estrelas” (“Declaración da Palma”), algo que a día de hoxe non sucede. 

    ]]>
    100
    Ecoloxistas en Acción pide á Fiscalía que investigue o posible delito que supón a matanza de raposos “por deporte” a nivel galego https://ecoloxistasgal.org/ecoloxistas-en-accion-pide-a-fiscalia-que-investigue-o-posible-delito-que-supon-a-matanza-de-raposos-por-deporte-a-nivel-galego/ Wed, 11 Jan 2023 10:00:00 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=104 A asociación ven de solicitar ao Ministerio Público a apertura de dilixencias de investigación por un presunto ilícito contra o medio ambiente e os recursos naturais.

    Ecoloxistas en Acción Galiza explica que a Federación Galega de Caza está a organizar matanzas de raposos a nivel competitivo rexéndose polo regulamento de caza menor. Sen embargo, a modalidade empregada é a de “batida”, considerada de caza maior pola lexislación vixente. Neste senso, que a batida sexa unha modalidade de caza maior supón que ten que cumprir de maneira obligatoria uns requisitos específicos de seguridade, de comunicación previa e de resultados, ademáis de normas de control de subproductos animais non destinados ao consumo humano e de sanidade animal.

    A Xunta elabora os censos das especies cinexéticas únicamente a partir dos datos dos inventarios da fauna que forman parte dos Plans de Ordenación Cinexética dos tecores (terreos cinexéticamente ordenados). O censo de raposos estimado pola Xunta a 30/05/2022, despois da pandemia na que se reduciron as actividades cinexéticas e non houbo competicións de caza, é de 46.863 raposos na comunidade autónoma; antes da pandemia, na tempada 2019/2020, con toda seguridade habería menos raposos. A Xunta tamén aporta o dato de que na tempada 2019/2020 se cazaran 15.728 raposos; posiblemente o número de raposos cazados obtido a partir de datos de capturas é inferior ao número de raposos cazados na realidade, porque os tecores que o solicitaron non teñen a obriga de contabilizar nas capturas os raposos cazados por danos.

    A partir dos datos anteriores resulta un 33,56% de animais mortos, e dicir, en cada tempada de caza mátase máis da terceira parte da poboación total de raposos, o que só pode ser calificado de auténtica masacre.

    A presión cinexética sobre o raposo é moi elevada porque se caza en tódolos terreos sen respectar nin os vedados; porque se pode cazar por danos durante todo o ano sen respectar as épocas de maior sensibilidade reproductiva; porque se poden cazar as crías e as femias seguidas de crías por ser considerada especie de caza menor (nas especies de caza maior está prohibido, agás no xabaril); cázanse  con modalidades de caza maior e menor e con municións de caza maior e menor, e ademais celébranse numerosas competicións de caza (campionatos oficiais e sociais, copas e probas clasificatorias) nas que o obxectivo é matar o maior número de raposos.

    Os raposos tamén se cazan por xestión nos tecores que levan a cabo as denominadas “actuacións de mellora sobre poboacións cinexéticas que poidan ser afectadas negativamente polo raposo”, ou sexa, soltas de perdices e coellos procedentes de granxas cinexéticas na maioría dos casos. A Xunta autoriza caza por xestión dos raposos en toda a superficie dos tecores sen esixir o informe técnico preceptivo para cazar en vedados.

    Nas normas para os campionatos de raposo da FGC figura a seguinte observación: “cando nos nosos montes escasea a perdiz, o coello e a lebre, vemos con xúbilo que o raposo aumenta cada ano a súa poboación”. Para a entidade federativa, coa caza sementada os cazadores alimentan aos raposos e aumentan a súa taxa de reproducción; é así xustifican a súa caza.

    Sen embargo e na práctica os cazadores son os responsables de que a esperanza de vida dun raposo silvestre sexa únicamente duns 3 anos debido á presión existente sobre a especie, ao tempo que coas actuacións cíclicas de caza intensiva e solta de presas como coello e perdiz rematan por alterar o equilibrio dos ecosistemas.

    ]]>
    104
    Ecoloxistas en Acción alerta que as balsas de mina de Varilongo (Santa Comba) están sobre o leito e a zona de policía dos regos de Casas Vellas e Braña Ancha https://ecoloxistasgal.org/ecoloxistas-en-accion-alerta-que-as-balsas-de-mina-de-varilongo-santa-comba-estan-sobre-o-leito-e-a-zona-de-policia-dos-regos-de-casas-vellas-e-brana-ancha/ Sat, 24 Dec 2022 10:00:00 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=86 A entidade ambientalista urxe á Administración a tomar medidas e determinar o réxime de danos producidos ao medio, aos recursos hídricos e aos humedais colindantes.

    Para Nery Díaz, presidenta de Ecoloxistas en Acción Galiza, existe unha notoria falta de dilixencia por parte da Dirección Xeral de Patrimonio Natural con respecto á inscrición destas zonas no Inventario de Humedais da Xunta de Galicia.

    Segundo o informe técnico presentado por Ecoloxistas, unha das balsas ocuparía na súa meirande parte o terreo dun humidal denominado Braña da Useira e a potencial rotura desta produciría danos irreparables nos leitos do Rego da Casa Vella -na actualidade debaixo das balsas mineiras- e para o rego da Braña Ancha, co conseguinte dano ambiental para o humidal do mesmo nome.

    En consonancia con isto, Ecoloxistas en Acción ven de pedirlle a Augas de Galicia que proceda sen demora a efectuar a drenaxe da auga das balsas mineiras das parcelas implicadas e a e eliminar as mesmas da área afectada, pois debido a visible falla de medidas de seguridade, unha potencial rotura ou fallo no seu manexo podría provocar graves consecuencias ambientais. Ademáis, insta ao organismo público a garantir a continuidade ecolóxica lonxitudinal e transversal dos leitos dos regos de Casas Vellas e Braña Ancha para garantir o equilibrio ecolóxico do humidal da Braña Ancha.

    ]]>
    86