Contaminación luminosa – Ecoloxistas Galiza https://ecoloxistasgal.org Atlantica e Verde Thu, 25 Apr 2024 11:47:55 +0000 es hourly 1 https://wordpress.org/?v=6.5.5 https://i0.wp.com/ecoloxistasgal.org/wp-content/uploads/2024/07/cropped-00.-LOGO-EG-SEN-FONDO-150x150-1.png?fit=32%2C32&ssl=1 Contaminación luminosa – Ecoloxistas Galiza https://ecoloxistasgal.org 32 32 234963627 ALEGACIÓNS P.E. Barreiros IV https://ecoloxistasgal.org/alegacions-p-e-barreiros-iv/ Thu, 25 Apr 2024 11:47:55 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=3008 PRAZO ATA O 27 DE MAIO!

(¡GRACIAS AS NOVAS APORTACIÓNS DE TÉCNICOS VOLUNTARIOS TEMOS DUAS NOVAS ACTUALIZACIÓNS NAS ALEGACIÓNS CONTRA O PE BARREIROS IV!) VERSIÓN v2

Anexamos as alegacións en PDF e en WORD para presentar ante a Área Funcional de Industria y Energía de la Delegación del Gobierno en Galicia, pero ten que ser ANTES do luns 27 de MAIO de 2024!

Recordade facer referencia ao número de expediente «PEol-834 BARREIROS IV» para que poidan identificar ben as alegacións e así non se “equivoquen”…

O sentimos pero as alegacións as fixemos en castelá… non vaia a ser que non nos “entendan” en Madrid…

As alegacións pódense presenta polo Registro Electrónico Común da “Administración General del Estado” dispoñible en: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso.do; ou na oficina de “Registro de las
Subdelegaciones del Gobierno
” e outros rexistros oficiais.

E recorda, se tes dúbidas de como presentar as alegacións podes acceder ao NOSO MANUAL onde te ensinamos cómo facelo, tanto en papel como en formato dixital.

]]>
3008
ALEGACIÓNS P.E. Barreiros I https://ecoloxistasgal.org/alegacions-p-e-barreiro-1/ Tue, 16 Apr 2024 09:19:55 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=2946 PRAZO ATA O 3 DE MAIO!

(¡GRACIAS AS NOVAS APORTACIÓNS DE TÉCNICOS VOLUNTARIOS TEMOS DUAS NOVAS ACTUALIZACIÓNS NAS ALEGACIÓNS CONTRA O PE BARREIROS I!) VERSIÓN v2

Anexamos as alegacións en PDF para presentar ante a Xefatura Territorial na Coruña de la CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA, pero ten que ser ANTES do venres 3 de MAIO de 2024!!

Anexamos as alegacións en PDF e en WORD para presentar ante a Xefatura Territorial na Coruña,CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA, pero ten que ser ANTES DO Xoves 18 DE ABRIL DE 2024!

E recorda, se tes dúbidas de como presentar as alegacións podes acceder ao NOSO MANUAL onde te ensinamos cómo facelo, tanto en papel como en formato dixital.

]]>
2946
A Patronal eólica reclama que se desatasque xudicialmente o sector … https://ecoloxistasgal.org/a-patronal-eolica-reclama-que-se-desatasque-judicialmente-o-sector/ Thu, 08 Feb 2024 22:45:49 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=2189 En resposta a este artigo na prensa

“A EÓLICA ESTÁ XUDICIALMENTE ATASCADA
O DESATASCADOR XUDICIAL
QUE XUDICIALMENTE A DESATASQUE
BO DESATASCADOR XUDICIAL SERÁ”

É tempo de Entroido. É tempo de disfraces!. “LA VOZ DE GALICIA” disfrazada de xornal e Beatriz Couce disfrazada de xornalista falando de ENERXÍA EÓLICA en Galicia. Unha nova mostra de PROPAGANDA SUBVENCIONADA disfrazada de INFORMACIÓN XORNALÍSTICA.

A Asociación Eólica de Galicia, máis coñecida como EGA polas súas siglas en inglés, reclama que se desatasque xudicialmente o sector eólico.
Manuel Pazo, presidente da EGA: “Levamos vintecinco anos facendo as tramitacións ambientais da mesma forma e nunca houbo problemas, e facémolas exactamente igual que no resto das autonomías, non somos diferentes”… “Non esquezamos ás empresas electrointensivas xa existentes, como o caso de ALCOA na Mariña lucense, que tamén PRECISAN ENERXÍA BARATA para sobrevivir…” …a inmensa maioría dos galegos, perto do 90%, está a favor da implantación eólica”

O que non nos conta nin “La Voz de Galicia” nin a EGA é que despois de moi longos, intrincados e farragosos procedementos administrativos tramitados sempre con todo tipo de trampas e enganos polas consellerías de Medio Ambiente e de Industria XUNTA DE GALICIA e no que foron presentados milleiros de alegacións, queixas e denuncias é o Recurso de Alzada o que pon fin á VIA ADMINISTRATIVA na que a XUNTA tiña a potestade de corrixir erros e mesmo de anular a meirande parte dos proxectos eólicos presentados. Tiña ademáis -tiña e ten- a XUNTA a obriga de defender o territorio e o patrimonio común de todas as galegas e galegos fronte a voracidade dos intereses empresariais e financieiros nesta inadmisible INVASIÓN EÓLICA.

Tiña a XUNTA e ten, sempre e en todo momento, o encargo de defender os intereses da cidadanía fronte a calquera outra consideración. Ese é o encargo que recollerá o novo goberno da Xunta a partir do vindeiro 18 de febreiro.

Pero a Xunta de Feijóo, Rueda, Conde, Vázquez ou Lorenzana decidiron, en vía administrativa, desatender as demandas, alegacións e denuncias da sociedade civil organizada. Mesmo no momento do Recurso de Alzada.
Pechada a vía administrativa sen respostas da XUNTA non queda máis remedio que a vía xudicial contenciosa-administrativa.

Son moitos os proxectos tramitados a correr, sen rigor nin transparencia. Son, todos eles, proxectos inzados de irregularidades e falsidades.
Hai moito esforzo e moito traballo de equipos de persoas que de xeito altruísta e organizadas de asociacións cidadás como PETÓN DO LOBO ou ECOLOXISTAS EN ACCIÓN GALIZA “ATLÁNTICA E VERDE” , incansables, estudamos cada proxecto e presentamos milleiros e milleiros de alegacións todas elas documentalmente respaldadas por argumentos científico-técnicos asinados por persoas especialistas de primeiro nivel en cada unha das áreas.

É certo que son moitos proxectos, cada un deles coas súas ilegalidades. É moi probable que, a Sala Terceira do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) se vexa saturada…

A sra. Couce, recoñecida “especialista eólica”, insistente e sesuda voceira da EGA que adoita transcribir en “La Voz de Galicia” – xornal subvencionado pola Xunta de Galicia- a voz do seu amo, Manuel Pazo, porfía no seu artigo -e van xa non se sabe cantas veces- en lembrarnos o nome e apelidos do maxistrado presidente desa Sala Terceira do Contencioso do TSXG e do resto de maxistrados e maxistradas facendo, como non, especial fincapé na figura de Luís Villares, “que fue candidato a la Xunta por En Marea y luego se reincorporó a la carrera judicial”. “Se reincorporó”, sra. Couce. Si. Así é. Luís Villares xa era maxistrado no TSXG antes de abrir unha paréntese na súa carreira profesional para asumir responsabilidades políticas. Pechada a súa etapa na política activa retoma a súa carreira profesional como maxistrado do TSXG. Cal é o problema?

Se o sector (eólico), sra. Couce e sr. Pazo, está xudicialmente atascado e precisa ser desatascado non será porque tanto nos proxectos como nos procedementos HAI MOITA MERDA OCULTA?

A ver se vai ser iso, sra. (Beatriz) Couce.
A ver se vai ser iso, sr. (Manuel) Pazo.
A ver se vai ser iso, sra. (Mª Jesús) Lorenzana e sra. (Ángeles) Vázquez.
A ver se vai ser iso, sr. (Alberto) N. Feijóo, sr. (Alfonso) Rueda e sr. (Francisco) Conde…

]]>
2189
Lo que las administraciones públicas proyectan para Galicia nos hace temblar https://ecoloxistasgal.org/lo-que-las-administraciones-publicas-proyectan-para-galicia-nos-hace-temblar/ Sat, 16 Dec 2023 19:52:49 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=1579 Hace ya días venimos hablando del comportamiento de la Xunta en relación con la tramitación de los macroparques eólicos, rechazados en su casi totalidad por las personas que habitan las zonas donde se prevé su instalación, con la modificación de la normativa para que sigan adelante a cualquier precio y con la presión a los tribunales gallegos a donde están llegando recursos de modo constante señalando la vulneración de derechos individuales y sociales de estos proyectos.

Hoy vamos a hablar del Ministerio de Transición Ecológica y Reto Demográfico; una administración que viene demostrando en los últimos años que la transición que proyecta no es ecológica, ni justa ni social y que el reto demográfico que aborda es el de expulsión de personas de territorios con baja densidad poblacional, no sabemos muy bien hacia dónde; ¿nos vamos todas y todos a las ciudades?

Hoy nos enteramos por la prensa que este Ministerio prevé la creación de una nueva subestación eléctrica SE 400kV en Naraio, que se conectará mediante un doble circuito a una segunda nueva subestación SE 400kV Maciñeira y una nueva subestación en As Pontes de García Rodriguez. La justificación para estas infraestructuras está en “conectar directamente a los consumidores significativos con la red de transporte” , “surgimiento de un nuevo bombeo y la aparición de nuevos consumidores industriales” y “la llegada de muy alta tensión a las comarcas de Ferolterra Eume, paso imprescindible para la viabilidad de proyectos como los de Sentury Tire, Reganosa o Ence, proyectos que se caracterizan por requerir unos consumos de electricidad solo posibles si se abastecen directamente desde la red de transporte eléctrica.”

Una vez más el sacrificio poblacional y medioambiental por proyectos industriales privados que de no recibir “subvenciones directas o indirectas” de la administración española no serían viables; ¿no tenemos el claro ejemplo de Alcoa? 

Los proyectos que parecen “merecer” semejante destrozo del territorio son 

  1. Sentury Tire, empresa cuya sede está en China según su página web (https://senturytireusa.com/about/section:the-facts), uno de los 3 países con mayor carga de emisiones de CO2 y por tanto más contaminante del planeta. Para esta planta Endesa aporta el suelo (más de 12 hectáreas) y la energía eléctrica para producir en torno a 12 millones de neumáticos. Por cierto, se  estiman 700 empleos (aunque ya estamos acostumbrados a este tipo de falsedades).

  (https://cincodias.elpais.com/cincodias/2022/09/23/companias/1663950571_471968.html)

Y toca preguntarse: ¿La transición ecológica consiste en continuar apoyando el vehículo? ¿sustituir los actuales por eléctricos con baterías de litio y otros minerales cuya extracción tiene consecuencias ya conocidas? ¿Cómo se van a transportar esos millones de neumáticos anuales? ¿Acaso no sabemos que para su producción se precisa de derivados de combustible fósil? ¿No nos acaba de decir Señora Ribera que ya está escrito el fin de los combustibles fósiles?

  1. Reganosa, para la primera gran planta de hidrógeno verde en Galicia y promovida junto con la empresa EDP. (https://reganosa.com/es/la-primera-gran-planta-de-hidr%C3%B3geno-verde-de-galicia-inicia-su-tramitaci%C3%B3n). Para esto, se utilizará una vez más el territorio de As Pontes y según su web una superficie inicial de 35.000 m2. Al uso del agua del lago de As Pontes que se viene vendiendo como recurso turístico desde hace años, se añaden los 7,2 kilómetros de hidrogenoductos  para vehicular la mayor parte de la producción y los 4,9km de líneas subterráneas de alta tensión, necesarios para llevar a la terminal la electricidad necesaria en el proceso.(https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/as-pontes-de-garcia-rodriguez/2023/10/26/declaracion-impactoambiental-favorable-primera-gran-planta-hidrogeno-verde-galicia/00031698305270405787790.htm). Por cierto, su operación y mantenimiento generarían 50 empleos directos y 55 indirectos.

¿Nos hemos olvidado que fabricar y utilizar hidrógeno verde gasta mucha energía y esa energía tiene que pagarla el usuario final, aunque se desperdicie?. ¿tampoco recordamos que es muy caro y siempre será más caro que la electricidad de la que se obtiene”?  Según Ana María Jeller-Makarewicz — Ingeniera analista del Institute for Energy Economics: “Estamos haciéndolo al revés: ahora no hay demanda y, sin demanda, se está implementando la red de conexión y estimulando la producción sin saber a qué vamos a dedicar esa producción” (https://www.eldiario.es/sociedad/hidrogeno-verde-burbuja-solucion-climatica-riesgo-ambiental_1_9892272.html)

  1. Ence, de nuevo en  As Pontes tiene el proyecto de abrir una bioplanta para la producción de fibra blanqueada recuperada y biomateriales. Según su web, esta planta “constituye una iniciativa empresarial que alcanza, en esta primera fase, un volumen de inversión de 125 millones de €, la creación de 120 puestos de trabajo directo y el cierre de la cadena de valor de la celulosa, dando una segunda vida a estos materiales: cartón y papel recuperados” Es decir, estamos blanqueando el uso de la celulosa, su contaminación y el desastre forestal que en Galicia supone; se puede preguntar a los habitantes de Pontevedra y alrededores sobre el “valor de la celulosa” (https://ence.es/la-bioplanta-que-ence-estudia-poner-en-marcha-en-as-pontes-declarada-proyecto-industrial-estrategico-por-la-xunta-de-galicia/). Se estima una capacidad de producción de fibra reciclada en torno a 100.000 toneladas anuales y surge la misma pregunta ¿Cómo se transportará esto? Pero no queda aquí el proyecto, ya que tras esta primera fase vendrán una segunda con una planta de cogeneración con biomasa y una siguiente de una línea para la fabricación de 30.000 toneladas anuales de productos papeleros. (https://cincodias.elpais.com/cincodias/2023/02/09/companias/1675963713_953299.html)

Parece que la Sra Ministra tiene previsto “modificaciones para acometer en 2026 64 actuaciones concretas que aumenten la capacidad de las redes en lugares donde ya está prevista una mayor generación y demanda eléctrica”. Y ante esto, exigimos transparencia, información pública y participación ciudadana de modo que las personas que habitamos el territorio podamos ejercer nuestros derechos. 

Todos los proyectos que no tengan en cuenta el decrecimiento, el autoconsumo de energía y las comunidades energéticas, la protección del modo de vida rural, de los recursos naturales y los entornos naturales y paisajísticos nos van a tener enfrente. La transición energética solo puede   ser justa, solidaria y sin sacrificio territorial; si no, no lo es, es negocio!.

]]>
1579
ANULACIÓN DE PROXECTOS EÓLICOS Vendendo (outra vez) a mesma moto… https://ecoloxistasgal.org/anulacion-de-proxectos-eolicos-vendendo-outra-vez-a-mesma-moto/ Thu, 14 Dec 2023 12:48:57 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=1525 Publica hoxe o DOG a anulación definitiva dos proxectos eólicos PUZA, PENA OMBRA, PEDRA LONGA, O VAO, MANCELO, ALTO DA CROA (non confundir co ALTO DA CROA II), A PICOTA (non confundir co A PICOTA II), A ESPADA e A COSTA.

Pero o certo é que non hai novidade. Isto era sabido xa desde hai tempo. Desde que foran publicadas en DOG as respectivas DIA,s DESFAVORABLES.

Por exemplo a DIA DESFAVORABLE do PE PUZA foi publicada no DOG do 22/12/22. Hai case un ano!

Que outra cousa podería ter acontecido distinta á publicación no DOG do arquivo/anulación definitivo do proxecto?

Agora queda que, dentro de 5 ou 6 meses, nolo comuniquen dixitalmente a través do notifica.gal e que nolo conten tamén por e-mail avisándonos, ademais, de que recibiremos notificación escrita, por correo certificado entregado en man… Como fixeran co Albariño I (e con ningún outro, que eu saiba) . Lembrades?

Xa sabemos que o retraso nas publicacións no DOG non son intencionados. Débense sempre a “problemas técnicos”.

PE PUZA: DIA DESFAVORABLE publicada no DOG 22/12/22

PE PENA OMBRA: DIA DESFAVORABLE publicada no DOG 24/01/23

PE PEDRA LONGA: DIA DESFAVORABLE publicada no DOG 20/01/23

PE O VAO: DIA DESFAVORABLE publicada no DOG 20/01/23

PE MANCELO: DIA DESFAVORABLE publicada no DOG 22/12/22

PE ALTO DA CROA: DIA DESFAVORABLE publicada no DOG 24/01/23 (ALTO DA CROA II 20/01/23)

PE A PICOTA: DIA DESFAVORABLE publicada no DOG 23/01/23 (A PICOTA II 20/01/23)

A ESPADA: DIA DESFAVORABLE publicada no DOG 10/07/23

A COSTA: DIA DESFAVORABLE publicada no DOG 20/01/23

É de supoñer que nestas datas vaian aparecendo no DOG os anuncios de SUSPENSIÓN DEFINITIVA doutros proxectos eólicos con DIA DESFAVORABLE publicada hai xa varios meses no DOG…

Manexan e manipulan a información á súa comenencia e pretenden facer pasar este tipo de publicacións como se fosen novidades ou mesmo o resultado da súa boa xestión na defensa do territorio…

E aínda haberá quen o celebre!

É un absoluto insulto á intelixencia da cidadanía.

A primeira vez que que nos minten é culpa deles por falsos e mentiráns. A segunda vez xa é culpa nosa por parvos e inxenuos. E a terceira… e a cuarta?


Son un Grupo Armado Organizado para Delinquir. Son auténticos delincuentes!

HAI QUE PARALOS!
HAI QUE BOTALOS!

Ecoloxistas.org Galicia “Atlántica e Verde”

]]>
1525
MALOS TEMPOS…  MALOS VENTOS ! (BORRASCA, BOURA, MONZÓN, VENTISCA, LEVANTE…) https://ecoloxistasgal.org/malos-tempos-malos-ventos-borrasca-boura-monzon-ventisca-levante/ Mon, 11 Dec 2023 12:58:39 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=1521 A piques de rematar a “Ponte da Inmaculada Constitución”, aproveitando o fervor pre-Nadal que embelesa á poboación co seu estridente lucerío…   O DOG e o BOE NON DURMEN!

Levante.jpg

c

MACROPARQUE de 69 aeroxeradores 403,2 MW FRAUDULENTAMENTE FRACCIONADO en CINCO PROXECTOS e tramitado polo MITECO (Goberno de España) 

VEN-BORR.jpg

LAT,s (Liñas de Alta tensión) desde As Nogais a Xove!

VEN-BORR 2.jpg

Ímonos situando no mapa?

VEN-BORR 3.jpg

Pero é que a cousa é moito máis seria do que parece!

Na zona “Becerreá-Ancares ” o  PE LEVANTE (tramitado polo MITECO-Goberno de España) mestúrase compartindo territorio e probablemente estruturas fundamentais coa “Maraña XUNTA” formada, como mínimo, polos proxectos eólicos CHAO DO MARCO, MONTEIRO, NAVALLOS, REBOIRO, RESTELO, SERRA DA LAGOA, SERRA DO PUNAGO, SERRA DA PIÑEIRA, SERRA DO COLMO e SERRA DO FURCO:

lEV + aNCARES.jpg
10+1 001.jpg

E  na “zona norte” a cousa está ainda máis enleada e revolta. O “Grupo Ancares+Levante” conecta coa subestación do PE VENTISCA por medio da súa LAT.
Co VENTISCA continúa a festa eólica chairega  cos proxectos MONZÓN, BOURA e BORRASCA:

Pero é que nesa área temos xa a loucura de proxectos tramitados pola XUNTA DE GALICIA:

MEIRA-FOZ.jpg

Podemos falar, como mínimo dos PE,s PENAS PARDAS, CARBALLAL, FONSECA (Pousadoiro-Fonseca Fases I e II), FARRAPA I Fase I, ALTO DO SEIXAL (Farrapa I Fase II), FARRAPA II, NEDA, NEDA-experimental, PASTORIZA-RODEIRO, A PASTORIZA, AS LOUSEIRAS,  ademáis dos xa coñecidos MONDOÑEDO, SASDÓNIGAS (I e II), CANEDO, FIGUEIRAS, AIRAS…  Tamén aparecen pola zona os PE,s PEQUECHO, CAROLIÑO e MONDIGO. Completan o decorado os PE,s MONTE CONTADO,  COTO DE FRADES e NEIPÍN…   E aínda hai algún máis!

– Non se deberan superpoñer poligonais de parques eólicos diferentes.
– Proxectos diferentes non poderían compartir estruturas básicas e pretender seren tramitados separadamente e con DIA,s diferentes.
– Non se poderían tramitar proxectos eólicos en pezas separadas adiando fraudulentamente a publicación das súas liñas de evacuación.

Veñen malos tempos. Veñen malos ventos!

A INVASIÓN EÓLICA NON É COUSA EXCLUSIVA DESTA ZONA DE LUGO!
É UN PROBLEMA DE TODA GALICIA!

É UN PROBLEMA DE CASE TODA ESPAÑA (Ben sabedes que hai “excepcións”)

Podémolo deixar ir… podemos mirar para outro lado.

Podése dicir máis alto e máis forte.
Pero non máis claro!



HAI QUE PARALOS!

HAI QUE BOTALOS!


…e xa estamos indo algo tarde!

]]>
1521
Así No. Sobre la deriva del movimiento ecologista. Errando en el diagnóstico, fracasando en el tratamiento https://ecoloxistasgal.org/asi-no-sobre-la-deriva-del-movimiento-ecologista-errando-en-el-diagnostico-fracasando-en-el-tratamiento/ Fri, 17 Nov 2023 11:17:48 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=1295 Nuestra sociedad se enfrenta a una grave crisis ecosocial. En 2009 un grupo de científicos estableció nueve procesos1 que regulan la estabilidad y resiliencia del sistema Tierra y que no habría que sobrepasar para garantizar el desarrollo de la sociedad. En septiembre de 2023, en apenas 14 años hemos sobrepasado la zona segura de seis de los nueve límites: el calentamiento global, la biosfera, la deforestación, los contaminantes y el plástico, los ciclos del nitrógeno y el agua dulce. Particularmente preocupantes son los puntos de inflexión, donde un pequeño aumento en la temperatura global podría dar como resultado un gran cambio en el clima. Sobrepasar esos puntos de inflexión podría desencadenar otros en cascada y algunos siguen estando poco estudiados.

Artigo completo en kaosenlared.net

]]>
1295
COMO A XUNTA DE GALICIA CONVERTE OS ANCARES NUN GRAN POLÍGONO INDUSTRIAL EÓLICO https://ecoloxistasgal.org/como-a-xunta-de-galicia-converte-os-ancares-nun-gran-poligono-industrial-eolico/ Mon, 26 Jun 2023 20:14:00 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=484 1.- Os proxectos eólicos Serra da Piñeira e Serra do Colmo presentan as súas poligonais lixeiramente solapadas.

2.- As poligonais dos proxectos eólicos Serra do Colmo e Serra do Furco solápanse.

3.- As poligonais dos proxectos eólicos Serra do Furco e Chao do Marco solápanse.

4.- As poligonais dos proxectos eólicos Chao do Marco e Monteiro tamén se solapan lixeiramente.

5.- As poligonais dos proxectos eólicos Serra do Punago e Navallos tamén se solapan.

6.- As poliongais dos proxectos eólicos Serra da Lagoa e Reboiro solápanse.

7.- O denominado “Complexo eólico dos Ancares” é un conxunto de 10 proxectos eólicos, tramitados pola Xunta de Galicia e ao que hai que engadir o proxecto eólico Levante, de tramitación estatal.

8.- O conxunto dos proxectos localízanse todos moi próximos entre sí e incluso presentan poligonais solapadas.

Na tramitación ambiental non se avaliaron adecuadamente os impactos acumulados do conxunto dos proxectos eólicos previstos, que son aqueles que ocorren con tanta frecuencia en tempo ou en forma tan densa no espazo, que non poden ser asimilados ou combinados con outros efectos ou outras actividades dunha maneira sinerxética

Os proxectos eólicos que conforman o denominado “Complexo eólico dos Ancares” entre os que están os proxectos eólicos Reboiro, Chan do Marco, Serra da Piñeira, Serra da Lagoa, Serra do Colmo, Serra do Furco, Restelo, Monteiro e Levente, localizaríanse nunha área xeográfica cun alto nivel de ocupación polos parques eólicos xa instalados e en tramitación e lindeira con outras ADE tamén con un alto nivel de ocupación de aeroxeradores. Por todo o sinalado despréndese un alto nivel de ocupación e saturación nun área restrinxida e incremento notable no afianzamento do efecto barreira/baleiro, nun entorno con especies sensibles e catalogadas. Do anterior determinase que se xerará un efecto sinérxico e acumulativo de impactos, principalmente de tipo baleiro e/ou barreira sobre a avifauna, incompatible coas necesidades destas poboacións. Polo tanto, á vista dos antecedentes, da análise da documentación e dos datos de campo considérase que o efecto sinérxico e acumulado sobre a avifauna e os quirópteros sería un impacto ambiental crítico. Por todo iso, conclúese que o proxecto presenta impactos acusados sobre o patrimonio natural e a biodiversidade e, por tanto, debera contar con informe ambiental desfavorable e non autorizarse.

]]>
484
Presentado Informe Técnico o Complexo Eólico dos Ancares https://ecoloxistasgal.org/presentado-informe-tecnico-o-complexo-eolico-dos-ancares/ Sat, 24 Jun 2023 07:58:00 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=419 Presentamos por Rexistro ante a Secretaría de Estado de Medio Ambiente do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico, escrito e o informe técnico denominado “INFORME TÉCNICO SOBRE OS PROXECTOS EÓLICOS DO DENOMINADO “COMPLEXO EÓLICO DOS ANCARES: PROXECTO EÓLICO CHAO DO MARCO, PROXECTO EÓLICO SERRA DA PIÑEIRA, SERRA DO COLMO, PROXECTO EÓLICO SERRA DO FURCO, PROXECTO EÓLICO REBOIRO, PROXECTO EÓLICO SERRA DA LAGOA, PROXECTO EÓLICO SERRA DO PUNAGO, PROXECTO EÓLICO NAVALLOS E PROXECTO EÓLICO LEVANTE”,  para a súa consideración no expediente PEol-340 relativo ao proxecto eólico Levante e a  súa infraestructura de evacuación.

]]>
419
Denuncia LAT Serra da Lagoa- Navallos https://ecoloxistasgal.org/denuncia-lat-serra-da-lagoa-navallos/ Fri, 26 May 2023 09:02:00 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=472 Entregada por rexistro denuncia por defectos de tramitación no proxecto de execución da LAT 132 kV SET P Eol Serra da Lagoa-Set PEol NAVALLOS que afecta aos concellos de Ancares (Lugo)

Ligazón ao xustificante da presentación.

A imaxe que acompaña esta publicación é o Barrio do Concello de Baralla ,  afectado se se chegase a levar a cabo o P Eol Serra da Lagoa

]]>
472
Denuncia Procedemento P Eol Anduriña https://ecoloxistasgal.org/denuncia-procedemento-p-eol-andurina/ Fri, 26 May 2023 08:37:00 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=444 Entrégase por Rexistro dirixida á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e recursos Naturais , Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, na condición de persoa interesada denuncia por considerar que se observan defectos de tramitación do expediente do proxecto de execución, en concreto, das instalacións do parque eólico Anduriña, situado nos concellos de Barro, Campo Lameiro, Moraña e Pontevedra, da provincia de Pontevedra (expediente IN408A 2019/46), pola omisión do trámite de posta ao dispor das Administracións Públicas afectadas e das persoas interesadas, dos informes preceptivos que resultan relevantes para os efectos da decisión sobre a execución do proxecto, SOLICITANDO á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais a adopción das medidas administrativas oportunas, ao obxecto de non incorrer deliberadamente na vulneración dos dereitos constitucionais de participación que asisten.

Ligazón ao xustificante de presentación

]]>
444
Denuncia defectos tramitación P Eol Monte do Pé https://ecoloxistasgal.org/denuncia-defectos-tramitacion-p-eol-monte-do-pe/ Fri, 26 May 2023 08:23:00 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=440 Entrégase por Rexistro denuncia, na condición de persoa interesada , e denúncianse os defectos de tramitación do expediente do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) do parque eólico Monte do Pé, situado nos concellos de Cerdedo-Cotobade e Ponte Caldelas, provincia de Pontevedra (IN408A 2019/25), pola omisión do trámite de posta ao dispor das Administracións Públicas afectadas e das persoas interesadas, dos informes preceptivos que resultan relevantes para os efectos da decisión sobre a execución do proxecto, SOLICITANDO á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais a adopción das medidas administrativas oportunas, ao obxecto de non incorrer deliberadamente na vulneración dos dereitos constitucionais de participación que asisten.

Ligazón ao xustificante de presentación

]]>
440
Denuncia Procedemento P Eol ZUDREIRO https://ecoloxistasgal.org/denuncia-procedemento-p-eol-zudreiro/ Thu, 25 May 2023 08:09:00 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=426 Entregada por Rexistro á Dirección Xeral de Planificación  Enerxética  e Recursos Naturais da Vicepresidencia Primera e Consellería de Economía ,Industria e Innovación  : DENUNCIA por  DEFECTOS DE TRAMITACIÓN no expediente do proxecto do P Eol Zudreiro, emprazado nos concellos de Moraña e Campo Lameiro da provincia de Pontevedra (expediente IN408A 2019/45) e na condición de persoa interesadapola omisión do trámite de posta ao dispor das Administracións Públicas afectadas e das persoas interesadas, dos informes preceptivos que resultan relevantes para os efectos da decisión sobre a execución do proxecto, SOLICITANDO á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais a adopción das medidas administrativas oportunas, ao obxecto de non incorrer deliberadamente na vulneración dos dereitos constitucionais de participación que asisten.

Ligazón ao xustificante de presentación

]]>
426
Entregadas por Rexistro Alegación ao P Eol TARGOS https://ecoloxistasgal.org/entregadas-por-rexistro-alegacion-ao-p-eol-targos/ Wed, 24 May 2023 22:30:00 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=398 Entregadas por Rexistro Alegación ao P Eol TARGOS que afecta á Estrada e a Slleda (Pontevedra)

Xustificante de presentación na seguinte ligazón.

Imaxe: Brañas de Xestoso , que sufrirían unha afección severa

]]>
398
Entrega Alegación ao Proxecto Eólico Serra da Fracha https://ecoloxistasgal.org/entrega-alegacion-ao-proxecto-eolico-serra-da-fracha/ Tue, 23 May 2023 22:26:00 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=393 Entregamos por rexistro alegación ao Proxecto Eólico Serra da Fracha que afecta ao Concello de Ponte Caldelas (Pontevedra)

O proxecto afecta de forma severa e permanente á Rede de Miradores da entorna.

Na seguinte ligazón atópase o xustificante da presentación.

Imaxe: Desde a Fracha,Vistas de Arcade e Ponte Sampaio, Mirador do Coto das Forcadas

]]>
393
Enviadas alegacións ao proxecto da Planta de Hidróxeno das Pontes https://ecoloxistasgal.org/enviadas-alegacions-ao-proxecto-da-planta-de-hidroxeno-das-pontes/ Tue, 23 May 2023 22:22:00 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=389 Enviadas por rexistro alegacións á Planta de Hidróxeno Verde das Pontes: Proxecto de Produción de hidróxeno renovable H2 POLE

Na seguinte ligazón atópase o xustificante da presentación.

]]>
389
Entrega Rec Alzada e Inf Tecnico P Eol FIGUEIRAS https://ecoloxistasgal.org/entrega-rec-alzada-e-inf-tecnico-p-eol-figueiras/ Tue, 23 May 2023 09:11:00 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=480 Entrega por rexistro do Recurso de ALZADA  ao P Eol Figueiras sito nos concellos de Alfoz, Mondoñedo e Valadouro (Lugo) dirixido a Francisco Conde, Vicepresidente Primeiro e Conselleiro de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia promovido por Fergo Galicia Vento PEE S.L. Adxuntando tamén o informe técnico correspondente .

Ligazón ao xustificante de presentación.

Imaxe: Detalle da vexetación da área de instalación do aeroxerador F3 con afección severa e directa a breixeiras oromediterráneas endémicas con aliaga , hábitats de interés comunitario.

]]>
480
Amil Sen Eólicos denuncia ante a Fiscalía de Medio Ambiente a destrucción de elementos patrimoniais no polígono eólico do Monte Acibal https://ecoloxistasgal.org/amil-sen-eolicos-denuncia-ante-a-fiscalia-de-medio-ambiente-a-destruccion-de-elementos-patrimoniais-no-poligono-eolico-do-monte-acibal/ Mon, 22 May 2023 19:23:00 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=359 Este Luns, integrantes de Amil Sen Eólicos presentaron unha denuncia formal ante a Fiscalía de Medio Ambiente de Pontevedra, poñendo en coñecemento da xustiza a grave situación que están a vivir no monte Acibal debido á construción dun polígono eólico. Esta denuncia busca abordar a problemática que atenta contra o patrimonio cultural e natural da zona.

O descubrimento casual do primeiro petróglifo o pasado 19 de marzo por parte dos veciños e veciñas durante unha andaina revelou a insuficiencia da avaliación do impacto do proxecto eólico sobre o patrimonio cultural existente na área. Dende entón, Amil sen eólicos ven de atopar máis de 40 posibles elementos patrimoniais na zona de obras, que puxo en coñecemento das autoridades competentes, como o Servizo de Protección da Natureza (Seprona) e distintos departamentos da Xunta de Galicia.

A pesar de múltiples solicitudes por parte de Amil Sen Eólicos, así como doutras organizacións e cidadáns preocupados, non se obtivo resposta por parte da Consellería de Patrimonio e outras consellerías competentes. Ante a falta de acción e supervisión por parte das autoridades responsables, solicitouse un ditame á Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA), o cal concluíu que o monte Acibal non é un lugar axeitado para a instalación do polígono eólico debido á súa riqueza arqueolóxica, a máis ca posible aparición de máis elemen tos, a existencia de brañas e turbeiras, así como a celebración da tradicional festa da Baixa das Bestas, que se vería afectada pola construción do proxecto.

Os veciños tamén contan cun informe elaborado por Xulio Carballo, Arqueólogo de Patrimonio da Xunta xa retirado, no que, ao igual que a RAGBA, sinalan a condición de xacemento da zona e o interés de conservala. A construcción do polígono deixaría un xacemento arqueolóxico rodeado de instalacións industriais de 200m de altura.

Amil Sen Eólicos denuncia ante a Fiscalía de Medio Ambiente a destrucción de elementos patrimoniais no polígono eólico do Monte Acibal

Ante esta situación, Amil Sen Eólicos decidiu presentar formalmente a denuncia ante a Fiscalía de Medio Ambiente de Pontevedra co obxectivo de garantir a protección efectiva do patrimonio cultural e natural do monte Acibal.

]]>
359
Apoioamos aos veciños de Amil en todas as súas accións https://ecoloxistasgal.org/apoioamos-aos-vecinos-de-aml-en-todas-as-suas-accions/ Thu, 18 May 2023 09:38:29 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=341 Agora tamén todo o noso apoio a esta nova iciativa reivindicativa,  que pón en valor o patrimonio cultural afectado ,que merece ser protexido .

Reiteramos á  Xunta, ao Concello de Moraña e a Norvento que debe priorizarse o interés xeral e polo tanto deben parar a obra do Polígono Acibal xá.

No marco das celebracións do Día das Letras Galegas, os veciños e veciñas da localidade de Amil emprenden unha acción simbólica para poñer en valor o seu patrimonio cultural e a súa historia. Aproveitando a ocasión, elaboraron e colocaron carteis no Monte Acibal, onde a empresa Norvento está a desenvolver o Proxecto Eólico Acibal, co obxectivo de preservar a toponimia, lendas e lugares significativos para a comunidade.

Os veciños nun dos cotos que va ser dinamitado se non consiguen parar as obras

Os carteis instalados no Monte Acibal, que foron meticulosamente elaborados polos veciños e veciñas de Amil, representan lugares que non estaban rexistrados por escrito, pero que se transmitiron de xeración en xeración a través de lendas e recordos falados. O Monte Acibal, ademais de ser un espazo de gran importancia histórica para a comunidade de Amil, foi testemuña de actividades cotiás como o pastoreo de bestas e vacas pola mañá, a súa recollida pola noite e a subida dos veciños co carro no mes de agosto para facer acopio de toxo, que posteriormente serviría para a cama dos animais e como esterco.

As Brañas pequenas, sobre as que a empresa está a traballar e a ampliar a carretera, destruíndoas

Este acto de defensa do patrimonio cultural por parte dos veciños e veciñas de Amil busca resaltar a importancia de preservar as tradicións e o coñecemento ancestral que se transmiten de xeración en xeración. Ao colocar os carteis no Monte Acibal, desexan facer visible a riqueza cultural e histórica que conforma o tecido social da comunidade.

Esta acción simbólica representa un chamado á reflexión sobre a necesidade de protexer e valorar a toponimia, lendas e lugares que conforman a identidade cultural de Galicia. Ao poñer en evidencia a importancia do noso patrimonio, os veciños e veciñas de Amil esperan sensibilizar tanto ás autoridades como á sociedade en xeral sobre a necesidade de protexer e preservar a riqueza cultural que define a nosa terra.

O Pé do Mouro, pedra singular citada en lendas na comarca, no pico do Mouro que norvento está preparando para ser DINAMITADO

A comunidade de Amil convida a todos os interesados a visitar o Monte Acibal para descubrir os lugares, lendas e a historia que se agochan alí, reforzando así o vínculo coa súa identidade cultural.

]]>
341
Recurso ALZADA P Eol Rodicio II https://ecoloxistasgal.org/recurso-alzada-p-eol-rodicio-ii/ Thu, 18 May 2023 08:45:00 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=452 Envíase por Rexistro Recurso de ALZADA relativo ao proxecto eólico Rodicio II ao Vicepresidente Primeiro e Conselleiro de Economía, Industria e Innovavión  da Xunta de Galicia Sr. Dn. Francisco Conde López. Este proxecto afectaría aos concellos de Maceda e Montederramo (Ourense). Envíase tamén o informe técnico correspondente.

Ligazón ao xustificante de presentación

]]>
452
Entrega Re ALZADA do P Eol O Cerqueiral https://ecoloxistasgal.org/entrega-re-alzada-do-p-eol-o-cerqueiral/ Tue, 16 May 2023 08:54:00 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=464 Envío por rexistro Recurso de ALZADA adxuntando o correspondente informe técnico dirixido ao Vicepresidente Primeiro e Conselleiro de Economía, Industria e Innovación Sr. Francisco Conde López acerca do P Eol “O Cerqueiral” que afecta aos concellos de Coristanco, Cabana de Bergantiños e Santa Comba promovido por Greenalia Wind Power O Cerqueiral, S.L.U.

Ligazón ao xustificante de presentación.

A imaxe que acompaña esta publicación mostra parte do Humedal das Brañas da Serra, que se encadra nas parroquias de San Pedro de Xallas de Castriz (Santa Comba) e San Miguel de Couso (Coristanco), que constitúen un dos brezais atlánticos húmidos mais grandes de Galicia, actualmente en perigo de desaparición polo abuso do sector forestal.

]]>
464
Entrega Informe LAT Serra da Lagoa-Navallos https://ecoloxistasgal.org/entrega-informe-lat-serra-da-lagoa-navallos/ Mon, 01 May 2023 08:20:00 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=436 Entrégase por Rexistro na Secretaría Xeneral Técnica da Consellería de Economía Industria e Innovación da Xunta de Galicia, oficio e informe técnico denominado “INFORME TÉCNICO SOBRE O PROXECTO DE EXECUCIÓN LAT 132 KV SET PE SERRA DA LAGOA – SET PE NAVALLOS (EXPEDIENTE IN408A/2020/117) E SOBRE O PROXECTO SECTORIAL DE INCIDENCIA SUPRAMUNICIPAL DAS INSTALACIÓNS RELATIVAS AO PARQUE EÓLICO SERRA DA LAGOA solicitando que sexa tido en consideración.

Ligazón ao xustificante de presentación

]]>
436
Entrega Informe P Eolico Serra da FRACHA https://ecoloxistasgal.org/entrega-informe-p-eol-serra-da-fracha/ Mon, 01 May 2023 08:14:00 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=432 Entrégase por Rexistro dirixido á Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación oficio de remisión e  Informe Técnico denominado “INFORME TÉCNICO SOBRE O PROXECTO SECTORIAL (PROXECTO DE INTERESE AUTONÓMICO) E A DECLARACIÓN DE UTILIDADE PÚBLICA DO PARQUE EÓLICO SERRA DA FRACHA, SITUADO NOS CONCELLOS DE PONTE CALDELAS E PONTEVEDRA, NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA (EXPEDIENTE IN408A 2020/148)”, para a súa toma en consideración no expediente da RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción, o estudo de impacto ambiental, o proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico) e a declaración de utilidade pública do parque eólico Serra da Fracha, situado nos concellos de Ponte Caldelas e Pontevedra, na provincia de Pontevedra (expediente IN408A 2020/148)

Ligazón ao xustificante da presentación

]]>
432
Charla informativa -O “Boom” da eólica na provincia de Lugo- e cea solidaria https://ecoloxistasgal.org/charla-informativa-o-boom-da-eolica-na-provincia-de-lugo-e-cea-solidaria/ Wed, 19 Apr 2023 08:19:00 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=309 Convite a toda a xente interesada en coñecer sobre “O boom da eólica na provincia de Lugo”.
que terá lugar sábado 22 de abril en Lugo ás 19:30 no Centro Social A Hedreira, na rúa Catasol nº 17.

Comezaremos ás 19:30 cunha charla informativa sobre O “BOOM” DA EÓLICA NA PROVINCIA DE LUGO con ponencias a cargo da Asociación Ambiental Petón do Lobo e do Instituto de Estudos Miñoráns.


Por parte da Asociación Petón do Lobo intervirá a avogada Ana Varela, e por parte do Instituto de Estudos Miñoráns o mestre Bruno Centelles.


Dúas persoas valentes que defenden un día sí e outro tamén o patrimonio natural, o dereito á paisaxe, a conservación dos acuíferos, á protección a biodiversidade,.. en definitiva: a intentar evitar danos irreversibles que afectarán toda a sociedade e tamén as seguintes xeneracións.


Unha palestra que, sin dúbida, axudar á a que se entenda cal é a situación actual, e qué podemos facer ante eso a cidadanía.


Na Asoc EA Gza consideramos todo un luxo ter a oportunidade de presentar a dúas persoas de máximo nivel .

A presentación e moderación da poñecia estará a cargo Nery Díaz, activista e presidenta da asciación.

E posteriormente as 21:30 celebrarase unha cea solidaria contra os macroeólicos, na que os beneficios da mesma se destinarán a organización da manifestacion do día 21 de Maio.

]]>
309
Alegacións Rolda Leste Lugo https://ecoloxistasgal.org/alegacions-rolda-leste-lugo/ Wed, 12 Apr 2023 11:28:00 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=305 Nas seguintes ligazóns dispos de modelos de alegación para presentar ao proxecto da Rolda Leste de Lugo

Modelo alegación en word Modelo alegación en pdf

O prazo para presentalas remata o martes 18 de abril

]]>
305
Ecoloxistas en acción Galiza pídelle a Xunta que poña freo os parques eólicos na Costa da Morte https://ecoloxistasgal.org/ecoloxistas-en-accion-galiza-pidelle-a-xunta-que-pona-freo-os-parques-eolicos-na-costa-da-morte/ Tue, 11 Apr 2023 21:07:17 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=297

]]>
297
Ecoloxistas en Acción Galiza apela ao sentido común e pide que non se continue inzando eólicos na liña do litoral da Costa da Morte. https://ecoloxistasgal.org/ecoloxistas-en-accion-galiza-apela-ao-sentido-comun-e-pide-que-non-se-continue-inzando-eolicos-na-lina-do-litoral-da-costa-da-morte/ Sun, 09 Apr 2023 18:09:48 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=290 A Asociación Ecoloxistas en Acción Galiza pide á Xefatura da Vicepresidencia primeira que recue na tramitación do proxecto eólico Monteagudo polos severos impactos visuais e paisaxísticos que produciría sobre o sistema lagunar de Baldaio.

Segundo Ecoloxistas en Acción Galiza, a protección do litoral que se aplicou cos fallidos proxectos eólicos de Soesto e Monte Chan, no municipio costeiro de Laxe, debera estenderse aos municipios costeiros de Carballo e A Laracha e aos proxectos Monteagudo e Monte Neme, para non afectar ás aves e á Rede Natura

A asociación ecoloxista alega que o proxecto industrial eólico da mercantil Acciona produce unha especial incidencia visual e  paisaxística na Zona de Especial Conservación ZEC Costa da Morte, que a súa vez é Zona de Especial Protección para as Aves ZEPA, International Bird Area (IBA) e Espazo Mariño ZEPA.

Ademais, o proxecto está incluído dentro do ámbito de aplicación do Plan de recuperación da subespecie lusitánica da escribenta das canaveiras, catalogada en perigo de extinción, e afectará a varias especies incluídas no Catálogo Galego de Especies Ameazadas catalogadas como vulnerables e en perigo de extinción. De realizarse o proxecto, haberá unha afección irreversible para a herpetofauna e importantes comunidades de briófitas.

Dende un punto de vista urbanístico, parte das instalacións atópanse no ámbito de aplicación do Plan de ordenación do litoral de Galicia e inclúe un área de protección. De feito, na parte correspondente ao concello de Carballo, domina a clasificación de solo rústico de especial protección paisaxística establecida polo PXOM.

O proxecto vai en contra da prevalencia da protección ambiental sobre a ordenación territorial, afectando de forma severa e irreversible á necesaria coherencia da Rede Natura 2000, tendo en conta ademáis que se sitúa nunha contorna onde xa hai unha presión eólica excesiva. Hai que ter en conta que o proxecto eólico do Monte Neme, ubicado na zona costeira da Costa da Morte conta xa con Declaración de impacto ambiental favorable.

Por outra banda, a asociación Ecoloxistas Galiza considera que o impacto paisaxístico e visual é inasumible. As instalacións do proxecto industrial eliminan a funcionalidade paisaxística das AEIP (areas de especial interese paisaxístico) e afectan aos espazos próximos da Rede Natura 2000 e á rede de miradoiros con particular afección sobre a Lagoa de Baldaio.

A Declaración de impacto ambiental do proxecto eólico Monteagudo indica literalmente:

“O principal impacto paisaxístico deste proxecto será a incidencia visual producida polos aeroxeradores, que pola súa forma e altura, serán visibles desde unha ampla extensión de terreos e a longas distancias; esta incidencia perdurará durante todo o tempo en que estean instalados os aeroxeradores, e verase incrementada polo efecto sinérxico derivado da presenza doutros parques eólicos na contorna. Neste caso, entre as zonas afectadas pola incidencia visual cabe destacar a vila de Caión, o seu contorno e a praia de Baldaio, así como os numerosos miradoiros e demais núcleos de poboación próximos”.

De realizarse o proxecto, haberá unha moi grave perda da funcionalidade paisaxística en áreas de especial interese, e afectará de forma severa e irreversible á conectividade ecolóxica dos espazos naturais de alto valor ecolóxico, pola afección aos hábitats , os procesos erosivos e de perda de humus (capa fértil dos chans) que se xeran coas cimentacións eólicas e demais infraestruturas asociadas. Segundo a Zonificación ambiental establecida polo Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico parte da poligonal localízase sobre zonas non recomendadas para a implantación da enerxía eólica.

Por último, a asociación lembra que o impacto paisaxístico e a descontextualización do patrimonio cultural é inasumible. Apélase por tanto ao sentido común e prégase  que non se continúe inzando eólicos na liña do litoral da Costa da Morte.

]]>
290
Ecoloxistas en Acción Galiza alerta dos 5 parques eólicos que ameazan á aguia real e ao oso pardo nos Ancares-Courel https://ecoloxistasgal.org/ecoloxistas-en-accion-galiza-alerta-dos-5-parques-eolicos-que-ameazan-a-aguia-real-e-ao-oso-pardo-nos-ancares-courel/ Sun, 02 Apr 2023 16:47:00 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=283 Piden non autorizar os proxectos eólicos Treboada, Ventumelo, Xeada, Orballeira e Neboada e anular as respectivas declaracións de impacto ambiental por infracción normativa e nulidade de pleno Dereito alegando os prexuizos que se ocasionarían aos hábitats das especies catalogadas como vulnerables e en perigo de extinción e en consecuencia ás propias especies.

Entre as devanditas especies en perigo de extinción figuran o aguia real, o miñato real e a tartaraña cincenta. Tamén veranse afectados gravemente os hábitats do oso pardo e moitas especies de réptiles e anfibios. A non execución deste proxectos estaría xustificada tendo en conta que se sitúan dentro de zonas de alta sensibilidade, non recomendadas para a instalación de plantas eólicas segundo a zonificación ambiental do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico.

A asociación considera moi grave que a industrialización de territorios emblemáticos non teña en conta o patrimonio natural e a biodiversidade, o cal a todas luces vulnera leis de protección ambiental e ten unhas consecuencias irreversibles para a contorna e a propia Rede Natura. Ademais da afección directa sobre paisaxes protexidas e sobre as especies, a execución do plan podería quebrantar á necesaria conectividade ecolóxica dos ecosistemas. E por se fóra pouco, os proxectos sitúanse preto das poboacións de Treboada, Ventumelo, Neboada, Xeada e Orballeira. Todo xunto, e de levarse a cabo estes proxectos, implicará unha vulneración dos intereses públicos de carácter xeral que de ningún xeito poderían seren paliados con medidas compensatorias.

No referente ao proxecto industrial eólico Ventumelo, sito nos concellos da Pobra de Trives e San Xoán de Río (Ourense) e Ribas de Sil (Lugo), e promovido por Wind Hero, S.L., Ecoloxistas en acción presentou recurso de alzada e solicitude de suspensión. Esta ultima foi denegada por la Consellería de Economía, Industria e Innovación. Entre os motivos de dita solicitude estaban que parte do trazado da poligonal está dentro da paisaxe protexida “Val do río Navea”, incluída dentro da Rede galega de espazos protexidos, e dentro tamén da reserva da biosfera “Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel”, á súa vez incluída no xeoparque Montañas do Courel, ambas consideradas áreas protexidas por instrumentos internacionais. Ademais, o proxecto está incluído dentro do ámbito do Plan de recuperación do sapoconcho europeo, e é moi evidente que a afección paisaxística e moi importante, en especial no Val do Río Navea e Montefurado, e a miradoiros como o de Monte Furado e Pena Folenche.

Afeccións semellantes presenta o proxecto eólico de Treboada, e no caso de Neboada os estudos indican un perigo para a vida de especies protexidas, en perigo de extinción ou catalogadas coma vulnerables, todas elas dentro do Catálogo galego de especies ameazadas (CGEA). Afeccións non só producidas pola industrialización das montañas e os accidentes coas palas dos muíños, senón tamén coas liñas de alta tensión que necesitaranse levantar por todo o territorio.

Ecoloxistas en acción Galiza denuncia que a vulneración paisaxística esténdese ao patrimonio cultural producindo a súa descontextualización dos xacementos, castros, igrexas, capelas e o mesmo Camiño de Santiago (Camiño de Inverno) e a Ribeira Sacra (ben de interese cultural coa categoría de paisaxe cultural). En xeral, o impacto visual e paisaxístico é severo e esténdese aos espazos pretos da Rede Natura 2000, e polo tanto esnaquizando a propia coherencia da Rede Natura. Pero afectaría tamén a núcleos de poboación importantes como O Barco, A Rúa, Quiroga, a Pobra de Trives ou Viloira, sendo as aldeas máis próximas aos parques eólico as que presentan unha visibilidade máis elevada, como ocorre con Roblido, Fiais e Cereixido.

Destacar tamén que o proxecto industrial eólico Orballeira tamén presenta unha afección severa para masas maduras de carballeiras e soutos de castiñeiros: hábitats naturais de interese comunitario, sobre os que existe a obriga normativa de mantelos.

Por último, Ecoloxistas en Acción Galiza denuncia a elevada saturación de aeroxeradores crea unha barreira crítica para as aves e a biodiversidade, fragmenta os hábitats, produce un inaceptable efecto sinerxia e xera un importante “feísmo” paisaxístico que debera terse en conta polo órgano substantivo. Asemade, reduce as posibilidades de recuperación de especies como oso pardo, cuxa presenza no termino municipal de Quiroga, por exemplo, está xa documentada polos numerosos danos en colmeas producidos nestes últimos anos por exemplares desta especie.

]]>
283
A plataforma Amil Sen Eólicos, Asociación Ecoloxistas en Acción de Galicia e a Asociación Petón do Lobo solicitan a paralización inmediata das obras do parque eólico Acibal de Moraña https://ecoloxistasgal.org/a-plataforma-amil-sen-eolicos-asociacion-ecoloxistas-en-accion-de-galicia-e-a-asociacion-peton-do-lobo-solicitan-a-paralizacion-inmediata-das-obras-do-parque-eolico-acibal-de-morana/ Thu, 16 Mar 2023 12:51:00 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=264 Informes técnicos apuntan cara unha grave alteración hidrolóxica do humedal e dos
manantiais de auga potable a consecuencia das obras de cimentación para instalar os
aeroxeradores do proxecto industrial eólico que impulsa Norvento, S.L. polo que
veciñanza, plataformas e entidades ecoloxistas piden medidas cautelares urxentes

Debido aos posibles efectos negativos sobre o humedal de Brañas do Amil no monte Acibal e sobre a Masa protexida de auga soterrada “Caldas -O Salnés”, as tres asoacións solicitan que se se proceda á delimitación do humedal seguindo criterios hidrolóxicos, edáficos, paleoecolóxicos, sedimentolóxicos e botánicos, e baseándose na identificación de hábitats característicos dos humedais de Galiza.

De non facelo e proceder a dar comezo ás obras, vaise producir una alteración importante da capa freática coa conseguinte alteración do ecosistema. Unha circunstancia que é cualificada de
inadmisible, máis cando isto vai supoñer tamén unha modificación da conectividade dos cursos de auga subterráneos e superficiais. Como consecuencia final, teríamos un maior fluxo de auga na superficie por falta de drenaxe e polo tanto unha maior chaira de inundación e unha maior erosión.

Polos datos do catastro, a delimitación das superficies inundables coinciden coas parcelas previstas para a instalación industrial, circunstancia pola que se solicita a adopción da medidas cautelares urxentes e a inmediata paralización das obras do proxecto industrial eólico Acibal pois os prexuizos serán severos e irreversibles para o humedal das Brañas de Amil, quedando afectado o ecosistema de tal xeito que o humedal perdería gran parte da súa biodiversidade. Entre as especies en perigo de extinción está a Macromia splendens, unha especie de libélula protexida pola directiva europea de Hábitats.



Conclúese, en consecuencia, a necesidade de requerir á Dirección Xeral de Planificación enerxética e recursos naturais da Xunta de Galicia, a Augas de Galicia, á Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Xunta de Galicia e ao Concello de Moraña sobre a paralización cautelar indicada en base ao principio de precaución en materia ambiental.

]]>
264
Presentación oficial do Encontro Burla Verde https://ecoloxistasgal.org/presentacion-oficial-do-encontro-burla-verde/ Wed, 15 Mar 2023 09:41:00 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=254
  • Máis de 50 colectivos galegos apoian e colaboran con este encontro reivindicativo dunha transición enerxética real en este momento.
  • Durante as semanas previas realizaranse diversas actividades artísticas e deportivas enmarcadas dentro do programa oficial do certame.

No día de onte tivo lugar en Santiago de Compostela, a presentación oficial do Encontro Burla Verde e das actividades que nas vindeiras semanas se van a desenrolar como parte do programa oficial.

A presentación correu o cargo das asociacións: Rapa das Bestas de Sabucedo, SOS Suído Seixo, Colectivo do Vento, Asociación Veciñal e Sociocultural Ambiental Alarma na Terra de Montes e A de Rousmeri Caroi, no seu papel de organizadores e anfitrións nesta primeira edición do Encontro Burla Verde.

Nunha primeira parte trasladouse a motivación do certame, dando lectura ao seguinte:

O que nos xunta é a vontade de coidar, conservar e defender a terra do afán ecocida das eléctricas e das mineiras. A responsabilidade como pobo de conservar a vida fronte a especulación mafiosa das multinacionais da devastación.

Queremos encontrarnos con todos os colectivos, asociacións, artistas e xente que se moveu e move pola defensa da terra, queremos que a Burla Verde festexe a irmandade do ben común que nos
vincula: a terra, o patrimonio material e inmaterial e a biodiversidade
.

Dende a sociedade reivindicamos unha transición enerxética real baseada na redución do consumo, no decrecemento e na priorización da biodiversidade e a conservación do entorno. Unha transición na que se teña en conta a voz de quen habita os lugares.

O 1 de Febreiro do 2003 o pobo galego xuntábase nunha mobilización cultural a prol do movemento Nunca Máis. Nacía a Plataforma contra a Burla Negra como ferramenta de protesta dende o sector cultural.

Hoxe, ás portas do segundo cuarto do século 21, dende as montañas ao mar, o territorio galego e as súas habitantes, O 29 de Abril do 2023 xuntarémonos nun grande encontro nacional en Sabucedo (A Estrada) contra esta gran burla verde, contra a estafa da transición enerxética, contra a depredación dos nosos montes e ríos, pola defensa da terra e da vida. Unha xuntanza de convivio, loita e festexo á que estades todas convidadas

Posteriormente fíxose público o calendario de actividades a desenrolar nas semanas previas.

  • 18 de Marzo: ACCIÓN ARTÍSTICA FOTOGRÁFICA “O devalar do monte galego” nos montes do Cádavo e Montouto (Concellos de A Estrada, Cuntis, Campo Lameiro e Cerdedo)
  • 1 de Abril: Recital poético en Toubes (Ourense)
  • 8 de Abril: TORNEO DE BALOMPÉ no pavillón de Cerdedo
  • 22 de Abril: Gran SUBIDA A CONLA co galo do día da terra (Concellos A Estrada, Campo Lameiro e Cerdedo)

Para cada unha de estas accións, se enviará a correspondente nota de prensa con máis detalles.

Posteriormente pasou a detallarse o programa festivo-formativo-reivindicativo coas diversas actividades do propio día do Encontro Burla Verde.

Entre as principais actividades destacan a medio día a misa de romaxe para dar a benvida aos asistentes antes de proceder a sesión vermú e o xantar de confraternidade no que se disporá de carpa con polbo e tamén de food trucks .

Xa pola tarde terán lugar diversas mesas redondas onde abarcar desde diversas perspectivas a actual situación de asoballamento das eólicas tanto no mar coma na montaña e as mineiras.
En paralelo celebraranse espectáculos varios o longo da tarde para todas as ideades. Exposicións
fotográficas, concertos, teatro, conta contos,…

E o prato forte terá lugar as 21h co Curro-Cabaré que se celebrará no curro de Sabucedo con xente do mundo da cultura.

Durante toda a xornada, as asociacións e colectivos participantes disporán de espazos propios (pendellos) para expoñer as súas loitas e proxectos.

Iván Sanmartín da Asociación Rapa das Bestas sinaou que para o pobo de Sabucedo é un orgullo ser anfitrión desta primeira edición do encontro. Tamén avanzou que se disporá dunha zona de acampada.

Son numerosos os artistas confirmados nos diferentes concertos e que en vindeiras datas se irán facendo públicos, como adianto dende a organización confirmou a presenza de: Mounqup, O Rabelo, Sonoro Maxin, Garcia Mc, Toma de Terra, O Leo de Matamá, Maria Lado e Lucia Aldao, Guadi Galego, Xoan Curiel, Uxía Senlle, Xurxo Souto, Jasper, Isabel Risco, NOGA, Aloumiños do Bosque, Peter Punk e Anxo Moure.

Entre os colectivos que apoian e colaboran atópanse: Arente do Chan, Mina Touro O Pino Non, Adega Vigo, Ecoloxistas en Acción, Comuneiros do Cha Ferrol, Fundación Monteescola, Eólicos no Morrazo NON, Liceo Mutante, Asociación Socioeducativa Aloumiños no Bosque…

A listaxe completa subirase as RRSS do evento e tamén se irá incorporando toda a información de actividades previas e do propio encontro.

As RRSS son: https://www.facebook.com/EncontroBurlaVerde en facebook e
https://www.instagram.com/burlaverde/ en isntagram.

ORGANIZACIÓN ENCONTRO BURLA VERDE.
encontroburlaverde@gmail.com

]]>
254
Ecoloxistas en Acción informa negativamente ao MITECO sobre o parque eólico mariño Ventus polo seu forte impacto sobre a biodiversidade e a actividade pesqueira sostible https://ecoloxistasgal.org/ecoloxistas-en-accion-informa-negativamente-ao-miteco-sobre-o-parque-eolico-marino-ventus-polo-seu-forte-impacto-sobre-a-biodiversidade-e-a-actividade-pesqueira-sostible/ Mon, 20 Feb 2023 05:41:52 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=193 Ecoloxistas en Acción informa negativamente ao MITECO sobre o parque eólico mariño Ventus polo seu forte impacto sobre a biodiversidade e a actividade pesqueira sostible

A entidade, consultada ao respecto polo Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico, considera que o proxecto da cordobesa Abey Energy & Infraestructure S.L. non debe considerarse de maneira única pois alén dos 40 aeroxeradores de 15 MW e 260 metros de altura en punta de pa planteados pola mercantil, que ocuparían unha inmensa superficie mariña de 127 kilómetros cadrados, hai que sumar o forte impacto sinérxico e acumulativo dos proxectos Celta I, de Ferrovial (33 aeroxeradores, 495 MW), Galwind, do Grupo Cobra (68 aeroxeradores, 1000 MW) e San Brandán e San Cibrao, de Iberdrola, con 35 aeroxeradores e 490 MW cada un deles.

Por si alguén o olvida, ademáis, na contorna do proxecto eólico mariño Ventus atópanse un total de 22 caladoiros pesqueiros dos que dependen de maneira directa e indirecta miles de familias, sen olvidar a afección potencial en todas as súas fases sobre hábitats sensibles (tamén a nivel terrestre) e un gran número de aves ameazadas, algunhas en perigo de extinción, como no caso do alcaraván común (Burhinus oedicnemus).

Doutra banda, diversos estudos científicos confirman que aparte da contaminación lumínica dos aeroxeradores e infraestruturas asociadas o aumento do ruído e a vibración vinculados ao desenvolvemento da eólica mariña pode conlevar un aumento da mortandade de larvas de especies de peixes e invertebrados, o desplazamento ou a interrupción dos seus patróns migratorios e os seus comportamentos reprodutivos, pero ademáis destes danos significativos sobre a biodiversidade mariña hai que considerar tamén os danos irreparables á paisaxe, co que isto supón de afección ao sector turístico na costa lucense.

TRAMITACIÓN IMPROCEDENTE POR PARTE DO GOBERNO DE ESPAÑA

Alén do criterio desenvolvido a nivel gubernativo, Ecoloxistas en Acción valora que non parece procedente que se tramiten este tipo de consultas por parte do MITECO cando aínda se está a traballar na elaboración da planificación do espazo marítico (POEM) sen determiñarse todavía as posibles zonas de implantación e sen ter, polo tanto, un espazo físico confirmado no que instalar este tipo de proxectos.

POSTURA ROTUNDA DE ECOLOXISTAS EN ACCIÓN CONTRA A INSTALACIÓN DE PARQUES EÓLICOS MARIÑOS

Finalmente, a Asociación Ecoloxistas en Acción Galiza, ten unha posición clara e definida contraria a instalación de este tipo de megaproxectos mariños, considerando que poden provocar un dano irreparable nas zonas nas que se instalan, polo que este tipo de iniciativas non compensa baixo ningún concepto e non deben ser consideradas nin estratéxicas nin de interés público, máis tendo en conta que este tipo de infraestruturas supoñen unha ameaza sen precedentes para a biodiversidade e poden causar colisións de aves, mamíferos e tartarugas mariñas alén de problemas significativos sobre as comunidades pesqueiras e o seu tecido social e produtivo.

]]>
193
Envío escrito de remisión e informe P Eol VILARTOXO https://ecoloxistasgal.org/envio-escrito-de-remision-e-informe-p-eol-vilartoxo/ Thu, 09 Feb 2023 09:08:00 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=476 Enviase por Rexistro á Xunta o escrito de remisión do informe e o informe técnico do P Eol VILARTOXO que  afecta aos Concellos da Baña e Val do Dubra ( A Coruña)

Ligazón do xustificante de presentación.

Acompaña a publicación a imaxe do mirador do Picoto, no Val do Dubra.

]]>
476
Envio informe técnico de P Eol CERQUEIRAL https://ecoloxistasgal.org/envio-informe-tecnico-de-p-eol-cerqueiral/ Wed, 08 Feb 2023 08:57:00 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=468 Entrégase por rexistro dirixido á Vicepresidencia Primeira escrito de remisión e informe técnico do P Eol Cerqueiral  que afecta aos concellos de: Cabana de Bergantiños, Coristanco e Santa Comba promovido por Greenalia Wind Power O Cerquqeizal, S.L.U.

Ligazón ao xustificante de presentación.

A imaxe que acompaña esta publiación mostra a lagoa de CUNS sobre a que se produciría un forte impacto visual e paisaxístico, e impacto severo para as aves que aniñan e campan na entorna da lagoa.

]]>
468
FITUR 2023 | Ecoloxistas en Acción considera lamentable a certificación da Costa da Morte como destino turístico ‘Starlight’ sen valorar o impacto nocturno da nova xeración de parques eólicos https://ecoloxistasgal.org/fitur-2023-ecoloxistas-en-accion-considera-lamentable-a-certificacion-da-costa-da-morte-como-destino-turistico-starlight-sen-valorar-o-impacto-nocturno-da-nova-xeracion-de-parques-eolicos/ Thu, 19 Jan 2023 10:00:00 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=100 A organización ambientalista rexeita o evento propagandístico organizado ao respecto pola Xunta de Galicia na Feira Internacional de Turismo (FITUR) e critica que dende a Fundación Starlight non se tiveran en conta as reiteradas alertas sociais efectuadas durante a tramitación do proxecto neste senso, recordando que centenares de aeroxeradores instalados ou en proxecto van camiño de converter a esta zona do noroeste galego levan camiño de converter a esta zona do noroeste galego nunha verdadeira “árbore navideña”, algo que prexudica non só a observación e o disfrute do ceo estrelado, senón á poboación circundante a á biodiversidade.

Como xa se fixo constar públicamente o pasado verán desde Ecoloxistas en Acción, aínda que a denominación de “Destino turístico Starlight” ten facetas positivas, as actuais condicións do ceo nocturno en moitos puntos dos concellos implicados dista moito de ser a ideal xerando ademáis un problema de moi difícil solución, dado que o cambio de normativa fomentada polo PP dende a Xunta e deseñada a medida das grandes corporacións enerxéticas concede un carácter supramunicipal aos proxectos eólicos de nova creación pasando por alto e sen nengún tipo de miramento tanto de intereses veciñais como ambientais.

Doutra banda, hai que sinalar que a normativa de seguridade aérea non deixa lugar a dúbidas, pois os parques eólicos deberán sinalizarse e iluminarse conforme ás directrices da “Guía de señalamiento e iluminación de turbinas y parques eólicos”, elaboradas pola Agencia Española de Seguridad Aérea (AESA), e dacordo a este documento serán susceptibles de incorporar iluminación nocturna aqueles proxectos cuxos elementos teñan unha altura superior aos 100 metros en todo o territorio nacional situados sobre planicies ou partes prominentes do terreo ou nivel do mar dentro de augas xurisdiccionais.

Tendo estes factores en conta e os numerosos proxectos eólicos que atenazan o territorio da Costa da Morte, que en todos os casos incorporan alturas en punta de pa superiores aos 150 metros e noutros moitos alcanzan ou superan os 200, isto supón de maneira automática e en función da normativa vixente a incorporación obrigatoria de iluminación aos aeroxeradores, o que afecta gravemente á liña base do horizonte nocturno causando un efecto distractivo e de molestia no observador que dificulta non só o disfrute do ceo senón a realización doutras disciplinas como a astrofotografía, que necesita ceos nas mellores condicións de escuridade posible.

Resulta imperdoable que a Fundación Starlight non valorase o prexuizo evidente da contaminación lumínica na liña do horizonte e olvide, xa sexa por desidia ou descoñecemento, que as condicións anteriormente mencionada obrigan a que a iluminación dos aeroxeradores se instale en todos os casos na parte superior da góndola, incorporando ademáis outros elementos luminosos na torre a distintos niveis.

É por todos estes motivos que a entrega do selo ‘Starlight’ á Costa da Morte nestas condicións só pode calificarse de irracional, máis centrado no interés persoal e comercial de algúns que en examinar a realidade e poñer solución aos problemas, que neste caso non só pasa por cambiar o pésimo alumbrado público que xa se contempla, senón por modificar por completo o sistema de implantación de proxectos eólicos no territorio e o establecemento dun novo plan sectorial que sexa respectuoso non só coas poboacións afectadas, a paisaxe e a biodiversidade, senón coas condicións do propio ceo nocturno.

Neste sentido, Ecoloxistas en Acción demanda un ceo nocturno libre de contaminación lumínica que permita a observación directa da bóveda celeste nas mellores condicións posibles e que sexa compatible coa “Declaración sobre a defensa do ceo nocturno e o dereito á luz das estrelas” (“Declaración da Palma”), algo que a día de hoxe non sucede. 

]]>
100