contact@domain.com
1, My Address, My Street, New York City, NY, USA

ENVIRONMENTAL PROTECTION MANAGEMENT

COMO A XUNTA DE GALICIA CONVERTE OS ANCARES NUN GRAN POLÍGONO INDUSTRIAL EÓLICO
Home » Arqueoloxía  »  COMO A XUNTA DE GALICIA CONVERTE OS ANCARES NUN GRAN POLÍGONO INDUSTRIAL EÓLICO
COMO A XUNTA DE GALICIA CONVERTE OS ANCARES NUN GRAN POLÍGONO INDUSTRIAL EÓLICO

1.- Os proxectos eólicos Serra da Piñeira e Serra do Colmo presentan as súas poligonais lixeiramente solapadas.

2.- As poligonais dos proxectos eólicos Serra do Colmo e Serra do Furco solápanse.

3.- As poligonais dos proxectos eólicos Serra do Furco e Chao do Marco solápanse.

4.- As poligonais dos proxectos eólicos Chao do Marco e Monteiro tamén se solapan lixeiramente.

5.- As poligonais dos proxectos eólicos Serra do Punago e Navallos tamén se solapan.

6.- As poliongais dos proxectos eólicos Serra da Lagoa e Reboiro solápanse.

7.- O denominado “Complexo eólico dos Ancares” é un conxunto de 10 proxectos eólicos, tramitados pola Xunta de Galicia e ao que hai que engadir o proxecto eólico Levante, de tramitación estatal.

8.- O conxunto dos proxectos localízanse todos moi próximos entre sí e incluso presentan poligonais solapadas.

Na tramitación ambiental non se avaliaron adecuadamente os impactos acumulados do conxunto dos proxectos eólicos previstos, que son aqueles que ocorren con tanta frecuencia en tempo ou en forma tan densa no espazo, que non poden ser asimilados ou combinados con outros efectos ou outras actividades dunha maneira sinerxética

Os proxectos eólicos que conforman o denominado “Complexo eólico dos Ancares” entre os que están os proxectos eólicos Reboiro, Chan do Marco, Serra da Piñeira, Serra da Lagoa, Serra do Colmo, Serra do Furco, Restelo, Monteiro e Levente, localizaríanse nunha área xeográfica cun alto nivel de ocupación polos parques eólicos xa instalados e en tramitación e lindeira con outras ADE tamén con un alto nivel de ocupación de aeroxeradores. Por todo o sinalado despréndese un alto nivel de ocupación e saturación nun área restrinxida e incremento notable no afianzamento do efecto barreira/baleiro, nun entorno con especies sensibles e catalogadas. Do anterior determinase que se xerará un efecto sinérxico e acumulativo de impactos, principalmente de tipo baleiro e/ou barreira sobre a avifauna, incompatible coas necesidades destas poboacións. Polo tanto, á vista dos antecedentes, da análise da documentación e dos datos de campo considérase que o efecto sinérxico e acumulado sobre a avifauna e os quirópteros sería un impacto ambiental crítico. Por todo iso, conclúese que o proxecto presenta impactos acusados sobre o patrimonio natural e a biodiversidade e, por tanto, debera contar con informe ambiental desfavorable e non autorizarse.

Scroll al inicio