contact@domain.com
1, My Address, My Street, New York City, NY, USA

ENVIRONMENTAL PROTECTION MANAGEMENT

Denunciamos a situación da colonia de gatos de Santa María
Home » Biodiversidade  »  Denunciamos a situación da colonia de gatos de Santa María
Denunciamos a situación da colonia de gatos de Santa María

Presentamos ante a SEPRONOA LUGO instancia solicitando entre outros que se protexa o benestar animal da colonia de gatos do Fogar de Santa María.

Pola presente comparece ante esta administración e, como mellor proceda en dereito,

EXPÓN


1-.Estase a realizar no Concello de Lugo, no Fogar de Santa María da Deputación de Lugo,
situado na ronda da muralla xunto enfronte da Muralla de Lugo Patrimonio da Humanidade.
Unhas obras que no seu día foron permitidas polo Concello de Lugo. Existe no lugar unha
colonia de gatos rexistrada, no Concello de Lugo. Tratase polo tanto de obras que pertencen a
Deputación Lugo.


2-. Os animais están no medio das obras, sen ningún tipo de protección, e as licencias déronse
sen ter en conta a colonia de gatos, aínda que se sabía da súa existencia. Feitos moi graves
realizados polas administracións Públicas, máxime cando unha ten a colonia na súa propiedade
e dicir a Deputación de Lugo, e a outra o Concello de Lugo, e a responsable dos animais
abandonados que hai dentro do Concello.

3-. Poderíamos estar ante posibles delitos contra o maltrato animal, sen falar das posibles
infraccións administrativas.

Polo que, en base o anteriormente exposto SOLICITAMOS:


1-.Que se investigue os citados feitos se poden ser considerados delitos, ou infraccións
administrativas, se investigue os presuntos responsables de non respectar as normas legais.


2-. Si houbera algunha presunta irregularidade se actúe en consecuencia, se protexa o
benestar animal da colonia de gatos do Fogar de Santa María.

Achegamos na seguinte ligazón xustificante da presentación

Scroll al inicio