contact@domain.com
1, My Address, My Street, New York City, NY, USA

ENVIRONMENTAL PROTECTION MANAGEMENT

Galicia “medra”  175 Ha á conta de Asturias
Home » Biodiversidade  »  Galicia “medra”  175 Ha á conta de Asturias
Galicia “medra”  175 Ha á conta de Asturias

NORVENTO (PE COTO DE FRADES) e FERROLTERRA RENOVABLES (PE NEIPÍN) ocupan ilegalmente territorio asturiano sen que a  XUNTA DE GALICIA, que tramita eses proxectos, faga nada ao respecto. Non teñen límite!


Xa non lles abonda coa SUPERPOSICIÓN DE POLIGONAIS  e coa FRAGMENTACIÓN FRAUDULENTA da tramitación de macroproxectos eólicos que mesmo chegan á INVASIÓN de algo máis de MILLÓN E MEDIO de metros cadrados do Principado de Asturias!  Incríble pero certo!

DET 05.jpg

Resultan chamativos os acordos entre as empresas promotoras, como é o caso das promotoras (Norvento e Ferrolterra)  cos PE COTO DE FRADES e PE NEIPÍN, co detalle de que a poligonal do PE COTO DE FRADES, promovido por NORVENTO e tramitado pola XUNTA DE GALICIA esténdese 167 Ha (1,67 millóns de metros cadrados) por territorio asturiano. 7,36 Ha (73,600 metros cadrados) desta "zona invadida" por NORVENTO estarían ademais afectadas pola poligonal do PE NEIPÍN tramitado tamén pola XUNTA e promovido pola mercantil FERROLTERRA RENOVABLES 

Sen embargo, estes acordos non teñen a súa proxección sobre da avaliación ambiental conxunta dos impactos xerados polas infraestruturas obxecto destes, o que frustra en boa parte a finalidade da avaliación ambiental.

A Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e créanse o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, indica no artigo 2 relativo á definición da Poligonal de delimitación dun parque eólico, como a área efectivamente afectada pola instalación dun parque eólico determinada no seu proxecto de execución.

Detalle da poligonal do PE COTO DE FRADES (Norvento):

Detalle da poligonal do PE NEIPÍN (Ferrolterra Renovables):

Asturias Neipín.jpg

Chama poderosamente a atención que DOUS AEROXERADORES do PE NEIPÍN aparecen situados en territorio asturiano.

Comprobando os datos Google Earth no visor do Plan Básico Autonómico:

Asturias.jpg

Compróbase outra das moitas  ilegalidades de NORVENTO, coñecidas e consentidas pola XUNTA DE GALICIA, cando se trata de Proxectos (ou macroproxectos) eólicos.

Pero isto non sairá en "La Voz de Galicia"

Grupo  Ecoloxistas en Acción Galiza "Atlántica e Verde", 9 de decembro de 2023

Scroll al inicio