contact@domain.com
1, My Address, My Street, New York City, NY, USA

ENVIRONMENTAL PROTECTION MANAGEMENT

MANIFESTACIÓN O DOMINGO 21 DE XANEIRO
Home » Biodiversidade  »  MANIFESTACIÓN O DOMINGO 21 DE XANEIRO
MANIFESTACIÓN O DOMINGO 21 DE XANEIRO

MANIFESTACIÓN O DOMINGO 21 DE XANEIRO, ÁS 12:00H NA ALAMEDA DE
COMPOSTELA E REMATE NA PRAZA DO OBRADOIRO.

Fronte á situación creada pola chegada masiva de materiais plásticos ás costas galegas e
diante dos potenciais riscos para a saúde, o medio ambiente, os colectivos asinantes queremos en
primeiro lugar denunciar a tardanza e o desleixo das administracións en facer fronte a ésta ameaza.

Novamente, como xa acontecera na catástrofe do Prestige, tiveron que ser os colectivos
cidadás e as persoas voluntarias as que, en ausencia das institucións, saímos ás praias a loitar contra
esta marea plástica.


Denunciamos tamén a impunidade con que milleiros de toneladas de materiais tóxicos
circulan todos os anos diante das costas galegas e a práctica indefensión do noso litoral fronte aos
riscos derivados deste tráfico.
Reclamamos á Xunta de Galicia e ao Estado Español unha mínima coordenación para facer
fronte ás consecuencias desta vertedura e unha maior transparencia na información ao público de
como se usan os medios aéreos, marítimos e as imaxes satelitais e de oceanografía operacional, no
control do tráfico e seguimento dos vertidos e medidas de intervención no mar para evitar que
cheguen as verteduras ás nosas costas.
Reclamamos tamén transparencia na información ao público sobre a toxicidade dos
materiais e os seus efectos sobre a saúde e os ecosistemas mariños.
Reclamamos se subministre ao voluntariado os medios de protección axeitados aos perigos
do material que manipulan e os contedores específicos para a súa recollida.

É xeral a situación de grande debilidade dos bivalvos e a forte mortandade ocasionada por
unha confluencia simultánea de factores como: subida de temperatura, debilitamento do
afloramento coa consecuencia de menos placton -alimento- e menor renovación das augas das rías e
por tanto un maior impacto da contaminación e das baixadas de salinidade ocasionadas pola falta de
regulación dos encoros.

– Despois de levar anos reclamándolle á Administración que se realice un estudo
interdisciplinar independente
que nos permita un diagnóstico integral da situación.

– Despois de levar anos reclamándolle á Administración un Plan serio de rexeneración dotado
economicamente.

– Diante do silencio e a pasividade da Administración que ten todas as competencias, a
Consellería do Mar, que deixou apodrecer a situación sen tomar medidas.

– Diante da falta de solucións aos nosos problemas e ao abandono dos mariscadores e
mariscadoras
que quedan sen traballo e sen poder facer fronte ás necesidades das súas
familias. E as confrarías afectadas quedan sen entradas económicas que lles permitan
manterse.

Demandamos que a Xunta actúe xa, publicando no DOGA un plan urxente de actuación que
inclúa:

1. Estudo interdisciplinar, independente e integral.
2. Plan de rexeneración dotado economicamente.
3. Regulación e publicidade do protocolo de desencoros.
4. Cobertura económica a TODO o sector do mar -mariñeiros, mariscadoras e confraríasmentres
se manteña o cese de actividade.
5. Un plan de actuación contra as verteduras ao mar e aos ríos.
6. Control sanitario das importacións de marisco.

Scroll al inicio