contact@domain.com
1, My Address, My Street, New York City, NY, USA

ENVIRONMENTAL PROTECTION MANAGEMENT

NOTA DE PRENSA: Denuncian a desaparición da Pisada do Mouro do Coto do Mouro, no Monte Acibal
Home » Arqueoloxía  »  NOTA DE PRENSA: Denuncian a desaparición da Pisada do Mouro do Coto do Mouro, no Monte Acibal
NOTA DE PRENSA: Denuncian a desaparición da Pisada do Mouro do Coto do Mouro, no Monte Acibal

O colectivo Amil Sen Eólicos expresa a súa indignación pola desaparición da Pisada do Mouro do monte Acibal. Este importante elemento etnográfico e patrimonial, con forma de pisada e que ademáis presentaba gravados de manufactura humana nos catro puntos cardinais.

A Pisada do Mouro ou "Pé do Mouro" xa fora previamente danado e desprazado da súa situación orixinal durante as obras de construción do polígono Eólico Acibal e atopábase balizado e sinalizado.

Os veciños, que seguen vixiantes ante os posibles danos ao patrimonio, detectaron hái dúas semanas a falta desta pedra, así como de outros dous elementos patrimoniais: un gravado dun cérvido e outra pedra con coviñas. Tras denuncialo ao Seprona este contactou con Patrimonio e coa empresa constructora, que recoñeceu que estos elementos foran movidos do monte, a unhas casetas de obra para "evitar o malestar dos veciños".

Patrimonio non considera que o Pé do Mouro sexa un elemento etnográfico, e que para que así o fose, faría falla o estudo dun Historiador. Tamén admite que descoñecía que tivese grabados de manufactura humana, como demostran as fotogrametrías aportadas polos veciños e que, supostamente, tamén realizara o arqueólogo de obra.

Pregúntanse se é tamén a responsabilidade dos propios cidadáns contratar un historiador para facer valer todas as lendas sobre o Coto do Mouro, no que se atopaba esta Pisada do Mouro.

Esta é unha situación máis que se suma á patente falta de estudo e prospección da zona, e que sempre ten o mesmo desenlace: a perda de elementos patrimoniais.

Ademais, lembran que grazas aos seus descubrimentos e comunicacións ás autoridades patrimoniais, confirmouse neste monte a maior concentración de petroglifos de "Tetrasqueis" do mundo.

Unha formación lineal destes elementos nunca antes vista que parece ser a divisoria de varios territorios na época do Bronce.

Solicitan unha vez máis, unha prospección axeitada na zona, temendo que moitos destes símbolos xa fosen destruídos, e onde un grabado compatible con estes Tetrasqueis está a piques de ser dinamitado.

Con todo esto, os veciños denuncian unha vez máis a clara situación de indefensión do patrimonio en Acibal, onde se sigue a eliminar elementos patrimoniais e se pretende realizar construcións a escasos metros  de Bens de Interese Cultural.

O Pé do Mouro ou Pasada do Mouro, desplazado da súa posición orixinal e danado, pero cando aínda se atopaba no Coto do Mouro.

O Pé do Mouro ou Pasada do Mouro, desplazado da súa posición orixinal e danado, pero cando aínda se atopaba no Coto do Mouro.

A Pisada do Mouro, metida nun contenedor de obra a varios kilómetros da súa posición orixinal, no Coto do Mouro.

A Pisada do Mouro, metida nun contenedor de obra a varios kilómetros da súa posición orixinal, no Coto do MOuro.

Posible tetrasquel, no Coto do Mouro, con burato para dinamitalo xusto ao lado.

Posible tetrasquel, no Coto do Mouro, con burato para dinamitalo xusto ao lado

Diferentes elementos patrimoniais destruídos nas obras do monte Acibal

Diferentes elementos patrimoniais destruídos nas obras do monte Acibal

Scroll al inicio