contact@domain.com
1, My Address, My Street, New York City, NY, USA

ENVIRONMENTAL PROTECTION MANAGEMENT

O TSXG estima a paralización cautelar do parque eólico Alto de Montouto
Home » Arqueoloxía  »  O TSXG estima a paralización cautelar do parque eólico Alto de Montouto
O TSXG estima a paralización cautelar do parque eólico Alto de Montouto

A instancia de Ecoloxistas En Acción Galiza, “Atlántica e Verde” O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén de estimar a pretensión da asociación Ecoloxistas en Acción Galiza “ Atlántica e Verde” (EcoloxistasEnAccion.org) para a suspensión cautelar da executividade da resolución dictada pola Direción Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, que outorga a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do parque eólico “Alto de Montouto” sito nos concellos da Cañiza e de Covelo (Pontevedra).

O auto ditado polo TSX non conta con nengún voto particular e estima a pretensión da asociación ecoloxista en base a “división artificiosa do parque e defectuosa tramitación da información pública”.

O TSX razoa que dado que conflúen varios parques eólicos nas inmediacións do proxecto “Alto de Montouto”, non poden “dar por enteiramente veraz” a declaración de impacto ambiental (DIA) do mesmo, nin os informes que a apoian: “Persiste a incógnita sobre se a DIA refire a radiografía exacta do medio ou estaría mediatizada pola fragmentación artificiosa do parque”.

Amais, subliña que “non cabe ter dúbidas” de que “existen moitas posibilidades de que a afectación ao medio sexa efectiva e irreversible”. 

Apoiándose no principio de precaución do Dereito Comunitario, afirma que de nada valería permitir a execución do proxecto empresarial, se posteriormente “hai que desfacer o status quo a costa do erario público”.

Doutra banda, tamén se vería perxudicada a promotora que vería paralizada de maneira permanente a construción e explotación da súa empresa eólica.

O auto do alto tribunal galego tamén recalca que o amplo lapso temporal de espera na vía administrativa que padeceu a empresa promotora para obter a autorización, fai que non sexa “moi equitativo pola súa parte” achacar a culpa da caducidade das autorizacións administrativas que se puidesen producir á xustiza.

Finalmente, o auto recoñece que a asociación ecoloxista “invoca con éxito” a doutrina da aparencia de bo dereito para conseguir a inmediata suspensión cautelar do acto administrativo, pois alega sentencias da Sección Terceira anulando actos substancialmente similares relativos á autorización de parques eólicos.

Scroll al inicio