contact@domain.com
1, My Address, My Street, New York City, NY, USA

ENVIRONMENTAL PROTECTION MANAGEMENT

PRESENTACIÓN DO MANIFESTO CONTRA O ESPOLIO DOS NOSOS MONTES E OS SEUS BENS.
Home » Arqueoloxía  »  PRESENTACIÓN DO MANIFESTO CONTRA O ESPOLIO DOS NOSOS MONTES E OS SEUS BENS.
PRESENTACIÓN DO MANIFESTO CONTRA O ESPOLIO DOS NOSOS MONTES E OS SEUS BENS.

O próximo sábado 28 de outubro ás 19h na casa da cultura de Amil terá lugar a presentación do “Manifesto contra o espolio dos nosos montes e os seus bens” elaborado pola veciñanza do concello de Moraña e membros do movemento “Amil Sen Eólicos” a raíz da situación que viven coa construción do polígono eólico Acibal.

O programa do acto será ás 19h foto do grupo, ás 19.30h lectura do manifesto e exposición da situación de espolio de Acibal, debate aberto e remate do acto ás 21h cun pincho no mesmo local.

Sendo conscientes das necesidades dun desenvolvemento económico, sen renunciar nin as enerxías renovables nin ó progreso do país, denuncian as eivas que existen no eido lexislativo esquecendo a protección do patrimonio natural, cultural, paisaxístico, hídrico, gandeiro ou forestal. Todo este patrimonio vese ameazado por polígonos eólicos e liñas de alta tensión que afectan a montes como o de Acibal onde a veciñanza foi quen de atopar ata 50 gravados rupestres e onde existe unha ampla zona húmida. O mesmo acontece nos montes de Campo Lameiro, a Capital da Arte Rupestre considerado unha das maiores concentracións de petróglifos de Europa.

Con este Manifesto que asinaron xa máis de 50 personaxes relevantes do mundo cultural galego e internacional, desde a arqueoloxía, a investigación etnográfica e medioambiental, as artes e o activismo pretenden facer unha oposición clara e firme ás maneiras de proceder das empresas que teñen a concesión das obras e ao beneplácito da Xunta de Galicia para con elas.

Deste xeito solicitan:

-  A paralización das obras do Acibal ante os achados e a destrución de posibles bens por falta dun estudo pormenorizado o que nos leva a solicitar unha moratoria na autorización de proxectos eólicos baseándonos no principio de precaución e de non regresión ambiental

- Unha revisión dos proxectos de macroeólicas en zonas arqueolóxicas mellorando os instrumentos de avaliación ambiental e re-planificando o modelo de desenvolvemento económico de Galicia

-  Respectar a Soberanía dos Concellos que rexeitan a instalación de macroeólicos no seu territorio e deter a discriminación do medio rural

-  Maior Compromiso das Administracións coa posta en valor do patrimonio que atesouran

-  Necesidade de conservación dos espazos naturais para garantir a súa biodiversidade.

Invitan a todo o que queira achegarse a presenciar o acto. Tras a presentación do manifesto, abriranse medios para que calquera cidadán poida apoialo, firmándoo tamén.

Nota: Esta asociación, Ecoloxistas En Accion Galiza, Atlantica e Verde, ten o asunto no Contencioso e ten plazo para presentar a demanda ata o 3 de novembro. Toda acción no mesmo sentido da nosa petición é benvida. A loita é moi desigual e hai que intentar aportar todo o que, de un xeito ou de outro, poda aportar a este asunto.

Fotos: amilseneolicos.org/

Scroll al inicio