contact@domain.com
1, My Address, My Street, New York City, NY, USA

ENVIRONMENTAL PROTECTION MANAGEMENT

Proxecto eólico MERENDÓN : XA VAI SENDO UN POUCO TARDE !
Home » Arqueoloxía  »  Proxecto eólico MERENDÓN : XA VAI SENDO UN POUCO TARDE !
Proxecto eólico MERENDÓN : XA VAI SENDO UN POUCO TARDE !


O ANUNCIO do 20 de outubro de 2022 da rimbombante Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da XUNTA DE GALICIA, publicado no DOG do 4 de novembro  fai pública a DIA (Declaración de Impaco Ambiental) DESFAVORABLE do proxecto eólico MERENDÓN:

No DOG do pasado 13 de decembro, a Consellería de Economía, Industria e Innovación anunciaba a suspensión definitiva de NOVE PROXECTOS EÓLICOS con DIA DESFAVORABLE publicada  varios meses atrás...  dando mostras, unha vez máis, de eficacia e transparencia:

C:\Users\Bruno\AppData\Local\Microsoft\Windows\INetCache\Content.Word\DOG.JPG

Pero ningunha delas tan "antiga" como a do PE MERENDÓN:

Para poñernos en situación cómpre ter en conta que a primeira versión do PE MERENDÓN, do ano 2011  (DOG 11/06/2013),  contaba con SETE aeroxeradores e a súa POLIGONAL era moi diferente á da versión final:

Pero a versión "definitiva" foi sorpresivamente publicada para exposición pública polo Faro de Vigo e polo concello de Oia o 22 de decembro de 2021, na véspera da súa publicación "oficial" no DOG. Toda unha novidade!

E, naquela  mesma "onda de transparencia informativa", aparecera esta simpática proposta:

Rir por non chorar!

Esta nova versión do PE MERENDÓN falaba  de CINCO aeroxeradores e debuxaba unha poligonal absolutamente distinta que "emparentaba" moi claramente co PE ROSAL:

Pero é que, ademais, seguindo o costume da época, pretendíase reducir de modo ILEGAL o prazo para presentar ALEGACIÓNS de trinta (30) a quince (15) días!

Pero en xaneiro o TSXG declara a ilegalidade desa redución de prazos

O que obrigou a "republicar", xa con trinta (30) días de prazo, moitos proxectos que esta sentenza declaraba ilegais, entre eles o do PE MERENDÓN, "republicado" no DOG 06/04/22:

E nesas andamos... logo dunha longa e truculenta historia, o PE MERENDÓN ten DIA DESFAVORABLE coñecida desde o 4 de novembro de 2022, TRECE MESES E MEDIO! e aínda non atoparon ocasión na Consellería de Industria, daquela dirixida por Francisco Conde e agora por Mª Jesús Lorenzana, dunha Xunta de Galicia, antes presidida por Alberto N. Feijóo e agora por Alfonso Rueda.

EcoloxistasEnAccion.org

Ecoloxistas.org

Scroll al inicio