contact@domain.com
1, My Address, My Street, New York City, NY, USA

ENVIRONMENTAL PROTECTION MANAGEMENT

Quen o ten máis grande?
Home » Biodiversidade  »  Quen o ten máis grande?
Quen o ten máis grande?

Vía NationalGeographic enterámonos que nin o Caballero de Vigo, nin o Albiol de Badalona, nin o de Granada 🤔. Cartes,Capións !!! 

Unha aldea de Cantabria na que fixeron unha estructura, que din é unha árbore, de 65 metros de altura o equivalente a un edificio de 20 pisos…

Malgasto de diñeiro, insensibilidade, incultura, BRU TA LI DA DE..."Penser et panser" Pensar e coidar  -Achille Mbembe-.

Unha tradición centenaria de respeto á natureza e a vida, convertida en brutalidade e dispendio de diñeiro ...

Serve como base para denunciar os excesos e a contaminación lumínica que parece que lexos de reducirse como en outros lugares, aquí  parece ir en aumento. Deshumanizacion total !!!

Deixamos por aquí un audio de Xosé Santos de Val da Limia, comentando o verdadeiro orixe do arbol de nadal.: Escoitar

E aproveitando que falamos de arbores … facemos tamén eco do artigo do Progreso co seguinte titulo: Arboles-paraiso-especie-cuestionada-sustituiran-aligustres-Montevideo. Supoñemos que coñecen a nosa posición a través do noso X (antes twitter) @ecoloxistaslugo. Podes ver de que arbore se trata o paraiso aquí

E que é xa unha loita continúa.. en Lugo un arboricidio tras outro:

  • Fogar de Sta María
  • O Carmen
  • Rúa Breogán
  • Rúa Montevideo …

Enviamos escritos, vemos que non teñen informes necesarios de Patrimonio, da CHMS … nen permisos... pero non pasa nada, entre eles permitense todo (Deputación, Concello, Xunta), e é un suma e segue…

Bon é, polo menos, que profesores e alumnos non queden indiferentes…Artigo no Progreso 

Alumnos-xoan-montes-concentran-tala-arboles-montevideo

Fai uns meses sacaronse unhas fotos onde xa se ve o "delicado" tratamento. Claro, "enferman" e hai que talalos.... en fin, o absurdo a enėsima potencia.

E hai tamen outras imaxes que xa deixan ben claro como os coidaron durante a obra.

Dada a súa práctica cotiá a RAE incluiu recentemente dúas verbas:

Arboricidio.- tala inxustificada de árbores e

Arboricida.- que estraga ás árbores.

Dúas verbas que deben facernos recapacitar sobre o trato que lle dispensamos no día a día ao patrimonio arbóreo. Estrago, maltrato, tallas polo pé inxustificadas, decapitacións/desmoucados, feridas coa conseguinte propagación de enfermidades...actuacións especialmente preocupantes cando son executadas polas administracións públicas pois todos e todas entendemos que son as que saben e deben dar exemplo.

🤔 Que podemos facer, como frear os arborcidios e aos arboricidas?

Ademais dos arboricidios inxustificados produce unha profunda mágoa que se siga sen ter en consideración os consellos en canto a planificación do arbóredo urbano. Séguense introducindo especies non aconselladas, especies alleas a nosa flora e fauna, un hábito caro e "snob" que pode traer a medio prazo eivas para os nosos ecosistemas. 
A "Eleagnus angustifolia" é unha especie colonizadora/invasora, naturalizada e pouco problemática actualmente, mais...Hai alternativas, e URXE a posta en marcha de Consellos de Medio Ambiente nos que se planifique/coordine/consensue as políticas de parques e xardíns a levar adiante en Lugo ao igual que acontece nas cidades que son referencia de sustentabilidade e boas políticas medioambientais.

Exemplo de rúas humanizadas e distintas especies de árbores axeitadas con sebes e flores con alcorques ben dimensionados, con aporte de mantillo e laboreo anual...

Scroll al inicio