contact@domain.com
1, My Address, My Street, New York City, NY, USA

ENVIRONMENTAL PROTECTION MANAGEMENT

Recurso Alzada VILARTOXO
Home » Arqueoloxía  »  Recurso Alzada VILARTOXO
Recurso Alzada VILARTOXO

Preséntase por Rexistro o RECURSO DE ALZADA contra a RESOLUCIÓN do 12 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se outorgan autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción ás instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Vilartoxo, sito nos concellos da Baña e Val do Dubra (A Coruña) e promovido por Green Capital Power, S.L. (expediente IN408A 2019/044), DOG Núm. 101, de 30 de maio de 2023, ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia dentro do prazo legalmente establecido. Adxuntando tamén o correpondente informe técnico.

Ninguén nin ningún poder público ou Administración ten dereito a emborronar a dimensión paisaxística dun territorio sen ter primeiro en conta o interese do conxunto da poboación local afectada. E o dereito á Paisaxe, protexido polo Convenio europeo da Paisaxe non pode ser determinado por un desenvolvemento económico que non ten en conta a aparencia dos territorios aos que afecta, senón que debe reflectir as verdadeiras aspiracións dos homes e mulleres que o habitan.

Neste caso debe considerarse a actividade eólica como un uso incompatible e prohibido en relación a capacidade de producción forestal e vocación tradicional dos terreos nos que se asientan as explotacións forestais e os prexuizos irreversibles para os humedais presentes e afectados polas infraestruturas do proxecto do parque eólico Vilartoxo e os parques eólicos asociados que afecta de forma significativa e irreversible á conectividade ecolóxica dos ecosistemas.

Xustificante presentación

Milvus milvus, en perigo de extinción, na área de afección do proxecto industrial eólico Vilartoxo

Scroll al inicio