contact@domain.com
1, My Address, My Street, New York City, NY, USA

ENVIRONMENTAL PROTECTION MANAGEMENT

REPOTENCIACIÓN? Pero de que estamos a falar?
Home » Biodiversidade  »  REPOTENCIACIÓN? Pero de que estamos a falar?
REPOTENCIACIÓN? Pero de que estamos a falar?

Novamente totalmente de acordo con Bruno Centelles, voceiro do IEM ( Instituto de Estudos Miñorans e de SOS Groba

E veña que dalle coa "repotenciación"!
NON EXISTE A REPOTENCIACIÓN !

Desmantelar un polígono industrial obsoleto para instalar na mesma zona un novo complexo coa mesma (ou equivalente) potencia total non é "repotenciar"!

Non é máis que outro "palabro amable e bonito" para ocultar o suculento negocio do desvío de cartos públicos directamente a petos privados.

Non se "repotencia" nada. En todo caso manténse a potencia total.

Desmantélase o polígono existente onde non son aproveitables nin os postes nin as góndolas, nin as aspas. Onde tampouco serven as bases nas que se sustentan os actuais aeroxeradores nin as liñas de evacuación da electricidade, loxicamente dimensionadas para produccións moitísimo máis pequenas.

Pero é que tampouco serven nin as plataformas de montaxe nin os viais existentes para facer chegar ao sitio os xigantescos compoñentes das actuais máquinas.
Haberá que agredir nova e moi seriamente o entorno!

É preciso "repotenciar" parques obsoletos?
Parques que foron aprobados e instalados entre trampas e mentiras?
Moitas trampas e moitas mentiras!. Demasiadas!

Parques obsoletos que levan máis de 25 anos producindo electricidade barata que nos venderon moi cara!

Empresas privadas que fixeron un grandísimo negocio durante 25 anos recibirán agora, outra vez, cartos públicos para "actualizar" as súas máquinas de facer cartos?

De verdade que nos queren facer tragar iso da "REPOTENCIACIÓN"?

Son ou non son un Grupo Armado Organizado para Delinquir?

HAI QUE PARALOS!
HAI QUE BOTALOS!

Scroll al inicio