contact@domain.com
1, My Address, My Street, New York City, NY, USA

ENVIRONMENTAL PROTECTION MANAGEMENT

Solicitamos persoación na obra que se está a realizar no Fogar de Santa María
Home » Arqueoloxía  »  Solicitamos persoación na obra que se está a realizar no Fogar de Santa María
Solicitamos persoación na obra que se está a realizar no Fogar de Santa María

Prsentouse solicitude de persoación na obra que se está a realizar no Fogar de Santa María ante a Sra. Alcaldesa do Concelo de Lugo. Achegamos a continuación un resumo da mesma.

EXPÓN

1-.Para realizar unha actuación urbanística, a construción dun aparcadoiro, no Fogar de Santa María, edificio da Deputación de Lugo, situado na Rolda da Muralla, intentouse realizar unha corta de arbores centenarias, que foi paralizada por unha denuncia realizada aos servicios de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, cuestión á que días antes xa alegamos para intentar evitar o arboricidio , ainda que a día de hoxe non recibimos resposta


2-. Os responsables da deputación de Lugo, manifestaron que tiñan permiso do Concello de Lugo para a corta das arbores.

Polo que, en base o anteriormente exposto SOLICITAMOS:

1-. Que se considere á Asociación Ecoloxistas en Acción Galiza, parte interesada no procedemento administrativo que teña aberto o Concello de Lugo, nesta autorización.


2-.A Organización Ecoloxistas en Acción, quere saber se esa corta ten permiso do Concello de Lugo. Se tivera permiso do Concello queremos que se nos achegue a seguinte documentación como parte interesada :

  • Copia da autorización do Concello de Lugo, para a corta de esas arbores centenarias.
  • Copia da solicitude do organismo que realiza a actuación, a Deputación de Lugo, ao Concello de Lugo, e informe que presentou si fora o caso, para xustificar a corta das arbores.
  • Identificación dos responsables do Concello de Lugo, que autorizaron, a referida tala.

Incorporamos a continuación xustificante da presentación na ligazón.

Scroll al inicio