Augas de Galicia – Ecoloxistas Galiza https://ecoloxistasgal.org Atlantica e Verde Sat, 24 Dec 2022 10:00:00 +0000 es hourly 1 https://wordpress.org/?v=6.5.5 https://i0.wp.com/ecoloxistasgal.org/wp-content/uploads/2024/07/cropped-00.-LOGO-EG-SEN-FONDO-150x150-1.png?fit=32%2C32&ssl=1 Augas de Galicia – Ecoloxistas Galiza https://ecoloxistasgal.org 32 32 234963627 Ecoloxistas en Acción alerta que as balsas de mina de Varilongo (Santa Comba) están sobre o leito e a zona de policía dos regos de Casas Vellas e Braña Ancha https://ecoloxistasgal.org/ecoloxistas-en-accion-alerta-que-as-balsas-de-mina-de-varilongo-santa-comba-estan-sobre-o-leito-e-a-zona-de-policia-dos-regos-de-casas-vellas-e-brana-ancha/ Sat, 24 Dec 2022 10:00:00 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=86 A entidade ambientalista urxe á Administración a tomar medidas e determinar o réxime de danos producidos ao medio, aos recursos hídricos e aos humedais colindantes.

Para Nery Díaz, presidenta de Ecoloxistas en Acción Galiza, existe unha notoria falta de dilixencia por parte da Dirección Xeral de Patrimonio Natural con respecto á inscrición destas zonas no Inventario de Humedais da Xunta de Galicia.

Segundo o informe técnico presentado por Ecoloxistas, unha das balsas ocuparía na súa meirande parte o terreo dun humidal denominado Braña da Useira e a potencial rotura desta produciría danos irreparables nos leitos do Rego da Casa Vella -na actualidade debaixo das balsas mineiras- e para o rego da Braña Ancha, co conseguinte dano ambiental para o humidal do mesmo nome.

En consonancia con isto, Ecoloxistas en Acción ven de pedirlle a Augas de Galicia que proceda sen demora a efectuar a drenaxe da auga das balsas mineiras das parcelas implicadas e a e eliminar as mesmas da área afectada, pois debido a visible falla de medidas de seguridade, unha potencial rotura ou fallo no seu manexo podría provocar graves consecuencias ambientais. Ademáis, insta ao organismo público a garantir a continuidade ecolóxica lonxitudinal e transversal dos leitos dos regos de Casas Vellas e Braña Ancha para garantir o equilibrio ecolóxico do humidal da Braña Ancha.

]]>
86