Lugo – Ecoloxistas Galiza https://ecoloxistasgal.org Atlantica e Verde Tue, 09 Jul 2024 12:28:06 +0000 es hourly 1 https://wordpress.org/?v=6.5.5 https://i0.wp.com/ecoloxistasgal.org/wp-content/uploads/2024/07/cropped-00.-LOGO-EG-SEN-FONDO-150x150-1.png?fit=32%2C32&ssl=1 Lugo – Ecoloxistas Galiza https://ecoloxistasgal.org 32 32 234963627 Centos de veciños manifestáronse en contra da planta de Biometano en Lugo Coeses https://ecoloxistasgal.org/cientos-de-vecinos-se-manifestaron-en-contra-de-la-planta-de-biometano-en-coeses/ https://ecoloxistasgal.org/cientos-de-vecinos-se-manifestaron-en-contra-de-la-planta-de-biometano-en-coeses/#comments Sat, 29 Jun 2024 17:01:51 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=3302 Os veciños de Lamablanca, Lugo están moi preocupados pola súa saúde e por iso opóñense á planta de Biometano de Coeses un proxecto que producirá 53.000 toneladas ao ano e un investimento de máis de 12 millóns de euros. Se verterán a dominio público hidráulico, ao arroio de Vilalvite, afluente do río Miño, o que supoñerá a xeración de 64.383 toneladas de residuos sólidos e líquidos, augas residuais das fases industriais (previo tratamento), augas residuais pluviais contaminadas (previo tratamento) e as pluviais non contaminadas, os sólidos compostaranse. Pero, ademais, temen que se vexan afectadas augas subterráneas e superficiais.

A empresa Bioenergía Lugo, que a xestionará ten previsto ademais instalar un parque de entre 800 e 900 placas solares, cunha capacidade de 2,5  megawatts (MW), co fin de autoabastecerse energéticamente para o funcionamento da planta. #PlantaBiometanoNON

Centos de veciños manifestáronse o pasado día 20 de xuño pola Rolda dá Muralla e fronte á Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, porque opinan que a fábrica de biometano contaminará os seus pozos e o aire, ademais de supoñer un perigo para Coeses polos depósitos de ácido sulfúrico puro. #PlantaBiometanoNON

Alegacions Biometano Lugo

Botades unha man movendo e asinando esta petición Change.org? Urxente! Necesitamos a vosa axuda para paralizar este proxecto!

A oposición a este proxecto, está en período de exposición pública para presentar alegacións ata o día 10 de xullo.

Ecoloxistas Galiza “Atlántica e Verde”, di NON á planta de Biometano de Coeses. 21noticias.com

A planta de biometano de Coeses necesita informes favorables de Xunta, Concello e CHMS xa foi rexeitada polo Concello de Lugo no 2022, os veciños seguen firmes no seu rexeitamento e preparan novos actos de protesta. #PlantaBiometanoNON

O plan de Bioenerxía para Coeses ten que superar aínda varios trámites, pero está a provocar xa o rexeitamento de veciños de parroquias da contorna, como Soñar, Piúgos, Cuíña, Santa Comba y San Mamede.

Escoitar a entrevista de Rubén Dorado de Onda Cero á nosa compañeira Nery para saber porqué rexeitamos a instalación desta planta de Biometano.:

Veciños de varias parroquias de Lugo opóñense a unha planta de biometano en Coeses, suso varela para La Voz de Galicia.

Todos contra a planta de biometano de Lugo: o Concello mirará “con lupa” o proxecto, Ramudo para Cope.

“Mirarémola con lupa”, dixo a alcaldesa, por suposto “respectando a legalidade”, pero “con lupa”. Ademais, comprometeuse a “informar os veciños” duns trámites administrativos que a Xunta de Galicia simplificou en relación con este proxecto.

Alegacions Biometano Lugo Coeses

Puntos de firma e recollida de alegacións : (moitas grazas aos establecementos pola colaboración)

Zona Residencia:

– Barabau. Locutorio. Fonte dos Ranchos

– Bora bora restaurante .

Zona Parque Milagrosa:

– Tecgal enerxías.

– óptica Carlos. Camiño Real Zona Fontiñas:

-Bico de grao. Tenda ecolóxica.Fontiñas

-clínica veterinaria San Froilán. Fontiñas

-ferretería Anglo. Fontiñas

-Pipa da lúa.Tenda ecolóxica.Fontiñas Zona Fonte do Rey

Barbería Antonio

Zona Centro

– PORTA DE BISPO AGUIRRE. Punto de información dos veciños. POLAS TARDES ATA O DIA 9 De XULLO

– Golosinas Celme. Bispo Aguirre

– Farmacia da Cruz. Conde Pallares

– Cafetería San Marcos

Zona Sur:

– Carballo Saúde. Aceña de Olga (Campos Novos)

– Mascop Centro Formación . Augas férreas (Rua M Castaña)

-Garderia de San Fiz (Luis Soto menor)

– Casa de Baixo, casa de turismo rural en Santiago de Saa

-Campo de golf

Fuera de Municipio de Lugo:

– Eroski de Lousada.

Instagram: @non_a_planta_de_biometano

Contacto Correo Electrónico: parroquiasonarlugo@gmail.com

Un exemplo para seguir: Comunicado oficial del alcalde de Brihuega, su equipo de gobierno, los alcaldes pedáneos del municipio de Brihuega y los alcaldes de Caspueñas y Valdeavellano sobre el proyecto de instalación de una planta de biogás en el municipio de Brihuega

]]>
https://ecoloxistasgal.org/cientos-de-vecinos-se-manifestaron-en-contra-de-la-planta-de-biometano-en-coeses/feed/ 1 3302
ALEGACIÓNS P.E. Barreiros IV https://ecoloxistasgal.org/alegacions-p-e-barreiros-iv/ Thu, 25 Apr 2024 11:47:55 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=3008 PRAZO ATA O 27 DE MAIO!

(¡GRACIAS AS NOVAS APORTACIÓNS DE TÉCNICOS VOLUNTARIOS TEMOS DUAS NOVAS ACTUALIZACIÓNS NAS ALEGACIÓNS CONTRA O PE BARREIROS IV!) VERSIÓN v2

Anexamos as alegacións en PDF e en WORD para presentar ante a Área Funcional de Industria y Energía de la Delegación del Gobierno en Galicia, pero ten que ser ANTES do luns 27 de MAIO de 2024!

Recordade facer referencia ao número de expediente «PEol-834 BARREIROS IV» para que poidan identificar ben as alegacións e así non se “equivoquen”…

O sentimos pero as alegacións as fixemos en castelá… non vaia a ser que non nos “entendan” en Madrid…

As alegacións pódense presenta polo Registro Electrónico Común da “Administración General del Estado” dispoñible en: https://rec.redsara.es/registro/action/are/acceso.do; ou na oficina de “Registro de las
Subdelegaciones del Gobierno
” e outros rexistros oficiais.

E recorda, se tes dúbidas de como presentar as alegacións podes acceder ao NOSO MANUAL onde te ensinamos cómo facelo, tanto en papel como en formato dixital.

]]>
3008
ALEGACIÓNS P.E. Barreiros I https://ecoloxistasgal.org/alegacions-p-e-barreiro-1/ Tue, 16 Apr 2024 09:19:55 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=2946 PRAZO ATA O 3 DE MAIO!

(¡GRACIAS AS NOVAS APORTACIÓNS DE TÉCNICOS VOLUNTARIOS TEMOS DUAS NOVAS ACTUALIZACIÓNS NAS ALEGACIÓNS CONTRA O PE BARREIROS I!) VERSIÓN v2

Anexamos as alegacións en PDF para presentar ante a Xefatura Territorial na Coruña de la CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA, pero ten que ser ANTES do venres 3 de MAIO de 2024!!

Anexamos as alegacións en PDF e en WORD para presentar ante a Xefatura Territorial na Coruña,CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA, pero ten que ser ANTES DO Xoves 18 DE ABRIL DE 2024!

E recorda, se tes dúbidas de como presentar as alegacións podes acceder ao NOSO MANUAL onde te ensinamos cómo facelo, tanto en papel como en formato dixital.

]]>
2946
Nota de prensa da denuncia administrativa por parte de Ecoloxistas Galicia ante a Fiscalía do Estado https://ecoloxistasgal.org/nota-de-prensa-da-denuncia-administrativa-por-parte-de-ecoloxistas-galiza-atlantica-e-verde-ante-a-fiscalia/ Thu, 04 Apr 2024 16:11:57 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=2764 Denuncia ante a Fiscalía a aparición nos metadatos dunha autorización ambiental integrada (AAI) do complexo industrial de San Cibrao, un traballador de ALCOA como autor dos documentos firmados por técnicos da Xunta de Galicia.


Con esta denuncia Solicitamos a ANULACIÓN da Autorización Ambiental Integrada do Complexo industrial de alumina-aluminio (Código: 2020-IPPC-I-110) en Xove, e a Modificación da Autorización Ambiental Integrada Núm. 2020-IPPC-110-331 (Código: 2020-IPPC-M-153), así como a inmediata PARALIZACIÓN DA ACTIVIDADE no COMPLEXO INDUSTRIAL DE ALUMINA-ALUMINIO e o DESMANTELAMENTO e RESTAURACIÓN DA BALSA DE LODOS TÓXICOS existente en Xove.

Adxuntamos a continuación o dictame pericial informático do Licenciado e Doutor en Informática Emilio José, onde analiza a veracidade dos metadatos en arquivos PDF asinados dixitalmente.


Nota de prensa en castellano:

]]>
2764
Toda a verdade sobre Altri https://ecoloxistasgal.org/toda-a-verdade-sobre-altri/ https://ecoloxistasgal.org/toda-a-verdade-sobre-altri/#comments Mon, 18 Mar 2024 01:14:00 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=2638 Todo empezou en abril de 2022, co nome de Proxecto Gama. Presentábao o grupo portugués Altri, apadriñado pola consultoría española Acento Public Affairs.

En CTXT desvélannos toda esta trama perfectamente organizada.

E esta é a “entradilla”:

La Xunta y el Gobierno venden como ‘fábrica de fibras sostenibles’ una macrocelulosa portuguesa apadrinada por la consultora de José Blanco. Consumirá al día tanta agua como los habitantes de la provincia de Lugo.

Xose Manuel Pereiro

(En su momento, la división de medios de comunicación de Altri, Cofina –cinco periódicos, nueve revistas y un canal de televisión, todos de marcado carácter sensacionalista–, se había segregado de la matriz. Desde noviembre pasado, lleva por nombre Medialivre y el accionista principal se llama Cristiano Ronaldo).

Acento (que se define como firma de consultoría supraespecializada en asuntos públicos) es una sociedad fundada por un originario de A Ulloa, el exministro de Fomento en el Gobierno Zapatero y exeurodiputado del PSOE José Blanco.

 En menos de lo que dura una eurolegislatura, Acento se ha convertido en el mayor lobby –si tal figura estuviese regularizada en España– por sus aciertos empresariales. Sobre todo por los de su departamento de recursos humanos, que se ha especializado en captar a una serie de personas excluidas, de una u otra forma, de los pesares de la alta política. Desde su presidente, Alfonso Alonso (exministro de Sanidad con Mariano Rajoy), hasta Elena Valenciano (exvicesecretaria general del PSOE), pasando por Valeriano Gómez (exministro socialista de Trabajo), Elena Pisonero (ex secretaria de Estado de Economía con José María Aznar), José María Lassalle (ex secretario de Estado de Cultura en los dos gobiernos de Mariano Rajoy), sin descuidar el sector de la Defensa (el teniente general Ignacio Bengoechea) y la cantera (Esteban González Guitart, hijo de Esteban González Pons). A este círculo selecto es al que estaba llamado el exministro de Unidas Podemos, Alberto Garzón, que renunció ante las críticas recibidas.

Con este padrinazgo es lógico que en diciembre de 2022 la Xunta de Galicia lo declarase Proyecto Industrial Estratégico…

Segue lendo en CTXT porque aínda descubrirás que hai moito máis… Stop Altri na nosa páxina web.

El Instituto de Estudos Ulloáns (IEU) ha pedido a la Diputación de Lugo que compre la Finca de Quintas, en Palas de Rei (Lugo), donde Altri quiere ubicar la fábrica de celulosa y de fibras textiles, y se suma así a las voces que rechazan la instalación de esta factoría en A Ulloa.

]]>
https://ecoloxistasgal.org/toda-a-verdade-sobre-altri/feed/ 3 2638
Quen o ten máis grande? https://ecoloxistasgal.org/quen-o-ten-mais-grande/ Thu, 07 Dec 2023 00:10:31 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=1556 Vía NationalGeographic enterámonos que nin o Caballero de Vigo, nin o Albiol de Badalona, nin o de Granada 🤔. Cartes,Capións !!! 

Unha aldea de Cantabria na que fixeron unha estructura, que din é unha árbore, de 65 metros de altura o equivalente a un edificio de 20 pisos…

Malgasto de diñeiro, insensibilidade, incultura, BRU TA LI DA DE…”Penser et panser” Pensar e coidar  -Achille Mbembe-.

Unha tradición centenaria de respeto á natureza e a vida, convertida en brutalidade e dispendio de diñeiro …

Serve como base para denunciar os excesos e a contaminación lumínica que parece que lexos de reducirse como en outros lugares, aquí  parece ir en aumento. Deshumanizacion total !!!

Deixamos por aquí un audio de Xosé Santos de Val da Limia, comentando o verdadeiro orixe do arbol de nadal.: Escoitar

E aproveitando que falamos de arbores … facemos tamén eco do artigo do Progreso co seguinte titulo: Arboles-paraiso-especie-cuestionada-sustituiran-aligustres-Montevideo. Supoñemos que coñecen a nosa posición a través do noso X (antes twitter) @ecoloxistaslugo. Podes ver de que arbore se trata o paraiso aquí

E que é xa unha loita continúa.. en Lugo un arboricidio tras outro:

  • Fogar de Sta María
  • O Carmen
  • Rúa Breogán
  • Rúa Montevideo …

Enviamos escritos, vemos que non teñen informes necesarios de Patrimonio, da CHMS … nen permisos… pero non pasa nada, entre eles permitense todo (Deputación, Concello, Xunta), e é un suma e segue…

Bon é, polo menos, que profesores e alumnos non queden indiferentes…Artigo no Progreso 

Alumnos-xoan-montes-concentran-tala-arboles-montevideo

Fai uns meses sacaronse unhas fotos onde xa se ve o “delicado” tratamento. Claro, “enferman” e hai que talalos…. en fin, o absurdo a enėsima potencia.

E hai tamen outras imaxes que xa deixan ben claro como os coidaron durante a obra.

Dada a súa práctica cotiá a RAE incluiu recentemente dúas verbas:

Arboricidio.- tala inxustificada de árbores e

Arboricida.- que estraga ás árbores.

Dúas verbas que deben facernos recapacitar sobre o trato que lle dispensamos no día a día ao patrimonio arbóreo. Estrago, maltrato, tallas polo pé inxustificadas, decapitacións/desmoucados, feridas coa conseguinte propagación de enfermidades…actuacións especialmente preocupantes cando son executadas polas administracións públicas pois todos e todas entendemos que son as que saben e deben dar exemplo.

🤔 Que podemos facer, como frear os arborcidios e aos arboricidas?

Ademais dos arboricidios inxustificados produce unha profunda mágoa que se siga sen ter en consideración os consellos en canto a planificación do arbóredo urbano. Séguense introducindo especies non aconselladas, especies alleas a nosa flora e fauna, un hábito caro e “snob” que pode traer a medio prazo eivas para os nosos ecosistemas. 
A “Eleagnus angustifolia” é unha especie colonizadora/invasora, naturalizada e pouco problemática actualmente, mais…Hai alternativas, e URXE a posta en marcha de Consellos de Medio Ambiente nos que se planifique/coordine/consensue as políticas de parques e xardíns a levar adiante en Lugo ao igual que acontece nas cidades que son referencia de sustentabilidade e boas políticas medioambientais.

Exemplo de rúas humanizadas e distintas especies de árbores axeitadas con sebes e flores con alcorques ben dimensionados, con aporte de mantillo e laboreo anual…

]]>
1556
Ecoloxistas en Acción denuncia ante a UNESCO o impacto negativo do parque eólico Picato sobre o patrimonio cultural de Lugo e prepara accións xudiciais contra a autorización do proxecto https://ecoloxistasgal.org/ecoloxistas-en-accion-denuncia-ante-a-unesco-o-impacto-negativo-do-parque-eolico-picato-sobre-o-patrimonio-cultural-de-lugo-e-prepara-accions-xudiciais-contra-a-autorizacion-do-proxecto/ Mon, 06 Feb 2023 10:00:00 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=92 A entidade insta ao Consello Internacional de Monumentos e Sitios (ICOMOS) a actuar en defensa de elementos catalogados de Patrimonio da Humanidade como son o Camiño de Santiago e a muralla romana, directamente afectados polo plan enerxético de Naturgy.

Neste senso considera que o ICOMOS, como organización internacional vinculada coa UNESCO e adicada a promover a conservación, protección, uso e mellora do patrimonio cultural a nivel global ten que tomar cartas no asunto, dado que o proxecto do parque eólico Picato, de sair adiante, provocará unha afección inasumible sobre Lugo e a súa contorna xa que pola súa proximidade as liñas de aeroxeradores serán claramente visibles dende a cidade e a súa muralla romana, afectando ademáis ao Camiño Primitivo de Santiago.

A proximidade do parque eólico Picato á cidade de Lugo terá un forte impacto sobre o patrimonio cultural e a paisaxe.

Ecoloxistas en Acción Galiza recorda que aínda que o parque eólico Picato, como afirma a promotora, poda xerar un efecto en canto a descarbonización, terá un impacto negativo moito maior sobre o valor patrimonial da paisaxe e os bens históricos que afecta, non sendo posible un efecto de mitigación polas inxentes dimensións dos aeroxeradores, que con 150 metros de altura serán visibles dende toda a contorna urbana e rural luguesa.

AFECTACIÓN SOBRE A RESERVA DA BIOSFERA “TERRAS DO MIÑO”

Doutra banda, e como figura na documentación enviada ao ICOMOS por Ecoloxistas en Acción, o proxecto eólico inclúese por completo dentro da área de protección da zona núcleo da Reserva da Biosfera das Terras do Miño, afectándoa de maneira significativa tanto polas obras de cimentacións dos aeroxeradores como pola apertura de viais e gabias de cableado, algo incompatible cos obxectivos de preservación da mesma. 

Tanto o artigo 80 da Lei 5/2019, do patrimonio cultural e da biodiversidade de Galicia e o artigo 32 da Lei 8/2009, pola que se regula o aproveitamento eólico a nivel autonómico, mostran que os obxectivos da Rede Natura 2000 e as zonas núcleo das reservas da biosfera son similares, polo cal debe asumirse a existencia dunha incompatibilidade manifesta coa instalación de parques eólicos cando se poña en xogo a preservación destas zonas núcleo, como é o caso do parque eólico Picato, en aras de manter os obxectivos polos que se estableceron, como son garantir a preservación da diversidade biolóxica e os ecosistemas.

Cómpre recordar, ademáis, que existe un forte impacto negativo sobre a biodiversidade porque o proxecto de Naturgy pretende desenvolverse nunha área prioritaria para a avifauna que conta coa presenza, entre outras, da tartaraña cincenta (Cyrcus pygargus), unha especie considerada vulnerable polo Catálogo Galego de Especies Ameazadas. Hoxe en día a comunidade científica recoñece que a desaparición de parellas desta especie está en relación directa coa implantación descontrolada de aeroxeradores, feito que a está a poñer ao bordo da extinción.

RECURSO XUDICIAL CONTRA A AUTORIZACIÓN ADMINISTRATIVA AO PARQUE EÓLICO PICATO

Finalmente a entidade fai constar que logo do rexeitamento da Xunta de Galicia ao recurso de reposición presentado por Ecoloxistas en Acción e outros dez colectivos o pasado 16 de xaneiro contra a autorización administrativa do proxecto, actuará por todas as vías legais ao seu alcance para acadar a paralización dun parque eólico que considera ilegal, invasivo e claramente lesivo para os intereses de Lugo, a súa bisbarra e a súa poboación.

]]>
92
Un informe técnico de Ecoloxistas en Acción alerta dos graves impactos que o parque eólico Picato pode ter sobre Lugo, a súa muralla romana e o Camiño de Santiago, Patrimonio da Humanidade https://ecoloxistasgal.org/un-informe-tecnico-de-ecoloxistas-en-accion-alerta-dos-graves-impactos-que-o-parque-eolico-picato-pode-ter-sobre-lugo-a-sua-muralla-romana-e-o-camino-de-santiago-patrimonio-da-humanidade/ Mon, 30 Jan 2023 10:00:00 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=64 A entidade ambiental urxe á suspensión da autorización administrativa do parque e a paralización inmediata das obras polos prexuizos que o proxecto pode causar.

Segundo o informe técnico presentado por Ecoloxistas en Acción Galiza, os 13 aeroxeradores a instalar por parte de Naturgy provocarán a descontextualización do patrimonio cultural e un impacto visual e paisaxístico irreparable. Neste senso, a afección para a vía histórico-cultural do Camiño de Santiago considérase inasumible, xa que dende os 700 metros de altitude na que se pretenden ubicar as liñas de aeroxeradores a vista alcanzará non só ao Camiño Primitivo senón que chegará a observarse dende Lugo e a súa muralla romana, Patrimonio da Humanidade.

Recreación infográfica do forte impacto ambiental e paisaxístico do parque eólico Picato sobre a cidade de Lugo.

Esta situación determina un dano irreparable para a a cidade, condicionando a visibilidade da súa contorna inmediata e deixando en papel mollado o estipulado no Convenio Europeo da Paisaxe (Florencia, 2000), que sinala que este “desempeña un papel importante de interese xeral nos campos cultural, ecolóxico, ambiental e social”, constituíndo ademáis un recurso favorable para a actividade económica xa que a súa correcta protección e a dos seus valores e áreas de influencia pode contribuir á creación de emprego.

AFECTACIÓN DIRECTA AO CAMIÑO PRIMITIVO

Cómpre tamén destacar que o Camiño Primitivo a Santiago transcorre a escasos metros ao norte dos aeroxeradores máis próximos (máquinas 1 á 9) e un amplo tramo atravesa a poligonal do parque eólico Picato.

Estamos a falar dunha das rutas do Camiño do Norte, a ruta de interior, a cal ten o máximo recoñecemento patrimonial ao estar incluida na lista de Patrimonio Mundial da Unesco dende o 2015, polo que segundo o punto 1 do artigo 75 incluido no Título VI da Lei 5/2016 do 4 de maio, de Patrimonio Cultural de Galicia ten a consideración de Ben de Interese Cultural (BIC).

Ante isto resulta incomprensible que debido a esta gravísima afección Naturgy, como empresa promotora, non aporte ningún estudo de expertos no Camiño de Santiago que de maneira imparcial acredite que o impacto deste proxecto enerxético non terá unha grave afectación sobre a Ruta Xacobea. Nesta liña Ecoloxistas en Acción Galiza considera imprescindible que calquera decisión da Administración galega que impacte sobre o valor histórico e sobre o futuro do Camiño de Santiago sexa respaldada por especialistas de maneira profesional e independente.

]]>
346