Mina de San Fins – Ecoloxistas Galiza https://ecoloxistasgal.org Atlantica e Verde Mon, 27 Feb 2023 10:11:14 +0000 es hourly 1 https://wordpress.org/?v=6.5.5 https://i0.wp.com/ecoloxistasgal.org/wp-content/uploads/2024/07/cropped-00.-LOGO-EG-SEN-FONDO-150x150-1.png?fit=32%2C32&ssl=1 Mina de San Fins – Ecoloxistas Galiza https://ecoloxistasgal.org 32 32 234963627 Ecoloxistas en Acción Galiza presenta recurso á autorización de vertedura de augas residuais da mina de San Fins e chama a manifestarse en defensa da ría o sábado 4 de marzo en Noia https://ecoloxistasgal.org/ecoloxistas-en-accion-galiza-presenta-recurso-a-autorizacion-de-vertedura-de-augas-residuais-da-mina-de-san-fins-e-chama-a-manifestarse-en-defensa-da-ria-o-sabado-4-de-marzo-en-noia/ Mon, 27 Feb 2023 10:11:14 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=223 A entidade envía á Administración autonómica recurso de alzada en base a os artigos 47 e 48 da Lei 39/2015 por presunta infracción normativa e nulidade de pleno dereito achegando o correspondente informe técnico en relación á resolución da autorización de vertedura ao río Pesqueira ou Rego de Rabaceiros de augas residuais procedentes da explotación extractiva en Lousame, derivadas na cunca da ría de Muros e Noia.

Ecoloxistas en Acción considera que tendo en conta os datos aportados no documento débese anular a autorización de vertedura concedida no expediente Clave DH.V15.54967 polos prexuizos que esta actuación pode causar ao val fluvial afectado, á conectividade ecolóxica, á Rede Natura 2000 e á necesaria coherencia desta, solicitando a suspensión inmediata da eficacia da Resolución de autorización de vertedura á cunca da ría de Muros e Noia.

Cómpre recordar que autorización de vertedura autorizada pola Xunta realízase sen ter en conta a existencia de catro balsas mineiras e varias entulleiras sen restaurar. Dúas delas atópanse na zona de policía do Rego de Rabaceiras, en pleno val fluvial e a máis perigosa -pola altura do dique mineiro, o material acumulado e o seu importante grao de deterioro- ubícase no leito do propio río onde se prevé derivar as verteduras.

Para Verónica Crecente, da Área de Minería da Asociación Ecoloxistas en Acción Galiza “resulta canto menos controvertido que se minimice o contexto hidrolóxico no que se concede a autorización de vertedura” pois antes de chegar a esta posibilidade “deberase acometer e facer cumprir o plan de restauración mineira, proceder á drenaxe das balsas e eliminalas completamente deste val dada a previsión dun impacto crítico e severo sobre a rede fluvial que se estende ao LIC Esteiro do Tambre na ría de Muros e Noia. Ademáis é necesario ter en conta que a área afectada atópase nunha zona protexida de auga potable e sobre masas de auga soterradas que se solapan coa Rede Natura 2000”.

ECOLOXISTAS EN ACCIÓN GALIZA CHAMA A MANIFESTARSE EN DEFENSA DA RÍA O PRÓXIMO SÁBADO 4 DE MARZO EN NOIA

Baixo o lema “Defende a ría. Defende a vida” Ecoloxistas en Acción Galiza chama a mobilización cidadá xunto a outros moitos colectivos sociais na defensa do estilo de vida e das actividades tradicionais vinculadas ao mundo do mar do que na bisbarra dependen de maneira directa ou indirecta centos de familias.

Hai que considerar que as augas residuais que a mercantil Tungsten San Finx pretende verter á cunca fluvial superan, mesmo 1,5 quilómetros augas abaixo, os límites fixados nas normas de calidade ambiental para cadmio (Cd), cobre (Cu) e zinc (Zn), que son metais pesados bioacumulables, tal e como demostran as analíticas presentadas por Augas de Galicia que figuran no expediente.

E todo, nunha circunstancia na que nin os sistema de tratamento proposto nin a súa capacidade son suficientes para garantir que as verteduras cumpran cos obxectivos de calidade que figuran nas normas de calidade ambiental contempladas no Real Decreto 817/2015.

]]>
223