Naturaleza – Ecoloxistas Galiza https://ecoloxistasgal.org Atlantica e Verde Thu, 20 Jun 2024 18:53:14 +0000 es hourly 1 https://wordpress.org/?v=6.5.5 https://i0.wp.com/ecoloxistasgal.org/wp-content/uploads/2024/07/cropped-00.-LOGO-EG-SEN-FONDO-150x150-1.png?fit=32%2C32&ssl=1 Naturaleza – Ecoloxistas Galiza https://ecoloxistasgal.org 32 32 234963627 A UE aproba a Lei de Restauración da Natureza https://ecoloxistasgal.org/a-ue-aproba-a-lei-de-restauracion-da-natureza/ Thu, 20 Jun 2024 18:53:14 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=3273 A UE aproba definitivamente e ao límite a polémica Lei de Restauración da Natureza

Luxemburgo (EFE).- A Unión Europea aprobou hoxe definitivamente a primeira normativa da súa historia que obriga aos Estados membros a restaurar a natureza, e non só a protexela, tras unha tortuosa tramitación con sorpresas ata o último instante para pechar un expediente que case tomba Hungría e que terminou salvando Austria.

Na véspera da votación deste luns, Viena pasou ao bando do “si” e iso permitiu que o Consello da UE alcance pola mínima a maioría cualificada necesaria: un 66,07 % da poboación da UE, xusto por encima do 65 % requirido.

Súbito cambio de posición de Hungría

Só precisaba a adopción formal dos Vinte e sete, pero case descarrila na liña de meta por un súbito cambio de posición de Hungría, que en marzo se uniu aos detractores, cando o Consello só tiña que confirmar o texto.

Continúa lendo a noticia na Axencia EFE

Este texto e audio do compañeiro Xosé Santos (do grupo de E Val do Limia e deste)

Non cumpre tódalas expectativas nin todo o que precisa a nosa maltratada natureza mais é un pequeno paso. O regulamento aprobado o luns pode ser o comezo para camiñar cara unhas políticas máis sustentables no conxunto da Unión Europea.
Sendo Galicia un dos territorios de sacrificio de Europa con políticas exclusivamente extractivistas que fará a Xunta de Galicia para adaptarse aos compromisos vinculantes recollidos no Regulamento
Estaremos vixiantes

]]>
3273