parque eólico Picato – Ecoloxistas Galiza https://ecoloxistasgal.org Atlantica e Verde Mon, 06 Feb 2023 10:00:00 +0000 es hourly 1 https://wordpress.org/?v=6.5.5 https://i0.wp.com/ecoloxistasgal.org/wp-content/uploads/2024/07/cropped-00.-LOGO-EG-SEN-FONDO-150x150-1.png?fit=32%2C32&ssl=1 parque eólico Picato – Ecoloxistas Galiza https://ecoloxistasgal.org 32 32 234963627 Ecoloxistas en Acción denuncia ante a UNESCO o impacto negativo do parque eólico Picato sobre o patrimonio cultural de Lugo e prepara accións xudiciais contra a autorización do proxecto https://ecoloxistasgal.org/ecoloxistas-en-accion-denuncia-ante-a-unesco-o-impacto-negativo-do-parque-eolico-picato-sobre-o-patrimonio-cultural-de-lugo-e-prepara-accions-xudiciais-contra-a-autorizacion-do-proxecto/ Mon, 06 Feb 2023 10:00:00 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=92 A entidade insta ao Consello Internacional de Monumentos e Sitios (ICOMOS) a actuar en defensa de elementos catalogados de Patrimonio da Humanidade como son o Camiño de Santiago e a muralla romana, directamente afectados polo plan enerxético de Naturgy.

Neste senso considera que o ICOMOS, como organización internacional vinculada coa UNESCO e adicada a promover a conservación, protección, uso e mellora do patrimonio cultural a nivel global ten que tomar cartas no asunto, dado que o proxecto do parque eólico Picato, de sair adiante, provocará unha afección inasumible sobre Lugo e a súa contorna xa que pola súa proximidade as liñas de aeroxeradores serán claramente visibles dende a cidade e a súa muralla romana, afectando ademáis ao Camiño Primitivo de Santiago.

A proximidade do parque eólico Picato á cidade de Lugo terá un forte impacto sobre o patrimonio cultural e a paisaxe.

Ecoloxistas en Acción Galiza recorda que aínda que o parque eólico Picato, como afirma a promotora, poda xerar un efecto en canto a descarbonización, terá un impacto negativo moito maior sobre o valor patrimonial da paisaxe e os bens históricos que afecta, non sendo posible un efecto de mitigación polas inxentes dimensións dos aeroxeradores, que con 150 metros de altura serán visibles dende toda a contorna urbana e rural luguesa.

AFECTACIÓN SOBRE A RESERVA DA BIOSFERA “TERRAS DO MIÑO”

Doutra banda, e como figura na documentación enviada ao ICOMOS por Ecoloxistas en Acción, o proxecto eólico inclúese por completo dentro da área de protección da zona núcleo da Reserva da Biosfera das Terras do Miño, afectándoa de maneira significativa tanto polas obras de cimentacións dos aeroxeradores como pola apertura de viais e gabias de cableado, algo incompatible cos obxectivos de preservación da mesma. 

Tanto o artigo 80 da Lei 5/2019, do patrimonio cultural e da biodiversidade de Galicia e o artigo 32 da Lei 8/2009, pola que se regula o aproveitamento eólico a nivel autonómico, mostran que os obxectivos da Rede Natura 2000 e as zonas núcleo das reservas da biosfera son similares, polo cal debe asumirse a existencia dunha incompatibilidade manifesta coa instalación de parques eólicos cando se poña en xogo a preservación destas zonas núcleo, como é o caso do parque eólico Picato, en aras de manter os obxectivos polos que se estableceron, como son garantir a preservación da diversidade biolóxica e os ecosistemas.

Cómpre recordar, ademáis, que existe un forte impacto negativo sobre a biodiversidade porque o proxecto de Naturgy pretende desenvolverse nunha área prioritaria para a avifauna que conta coa presenza, entre outras, da tartaraña cincenta (Cyrcus pygargus), unha especie considerada vulnerable polo Catálogo Galego de Especies Ameazadas. Hoxe en día a comunidade científica recoñece que a desaparición de parellas desta especie está en relación directa coa implantación descontrolada de aeroxeradores, feito que a está a poñer ao bordo da extinción.

RECURSO XUDICIAL CONTRA A AUTORIZACIÓN ADMINISTRATIVA AO PARQUE EÓLICO PICATO

Finalmente a entidade fai constar que logo do rexeitamento da Xunta de Galicia ao recurso de reposición presentado por Ecoloxistas en Acción e outros dez colectivos o pasado 16 de xaneiro contra a autorización administrativa do proxecto, actuará por todas as vías legais ao seu alcance para acadar a paralización dun parque eólico que considera ilegal, invasivo e claramente lesivo para os intereses de Lugo, a súa bisbarra e a súa poboación.

]]>
92
Un informe técnico de Ecoloxistas en Acción alerta dos graves impactos que o parque eólico Picato pode ter sobre Lugo, a súa muralla romana e o Camiño de Santiago, Patrimonio da Humanidade https://ecoloxistasgal.org/un-informe-tecnico-de-ecoloxistas-en-accion-alerta-dos-graves-impactos-que-o-parque-eolico-picato-pode-ter-sobre-lugo-a-sua-muralla-romana-e-o-camino-de-santiago-patrimonio-da-humanidade/ Mon, 30 Jan 2023 10:00:00 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=64 A entidade ambiental urxe á suspensión da autorización administrativa do parque e a paralización inmediata das obras polos prexuizos que o proxecto pode causar.

Segundo o informe técnico presentado por Ecoloxistas en Acción Galiza, os 13 aeroxeradores a instalar por parte de Naturgy provocarán a descontextualización do patrimonio cultural e un impacto visual e paisaxístico irreparable. Neste senso, a afección para a vía histórico-cultural do Camiño de Santiago considérase inasumible, xa que dende os 700 metros de altitude na que se pretenden ubicar as liñas de aeroxeradores a vista alcanzará non só ao Camiño Primitivo senón que chegará a observarse dende Lugo e a súa muralla romana, Patrimonio da Humanidade.

Recreación infográfica do forte impacto ambiental e paisaxístico do parque eólico Picato sobre a cidade de Lugo.

Esta situación determina un dano irreparable para a a cidade, condicionando a visibilidade da súa contorna inmediata e deixando en papel mollado o estipulado no Convenio Europeo da Paisaxe (Florencia, 2000), que sinala que este “desempeña un papel importante de interese xeral nos campos cultural, ecolóxico, ambiental e social”, constituíndo ademáis un recurso favorable para a actividade económica xa que a súa correcta protección e a dos seus valores e áreas de influencia pode contribuir á creación de emprego.

AFECTACIÓN DIRECTA AO CAMIÑO PRIMITIVO

Cómpre tamén destacar que o Camiño Primitivo a Santiago transcorre a escasos metros ao norte dos aeroxeradores máis próximos (máquinas 1 á 9) e un amplo tramo atravesa a poligonal do parque eólico Picato.

Estamos a falar dunha das rutas do Camiño do Norte, a ruta de interior, a cal ten o máximo recoñecemento patrimonial ao estar incluida na lista de Patrimonio Mundial da Unesco dende o 2015, polo que segundo o punto 1 do artigo 75 incluido no Título VI da Lei 5/2016 do 4 de maio, de Patrimonio Cultural de Galicia ten a consideración de Ben de Interese Cultural (BIC).

Ante isto resulta incomprensible que debido a esta gravísima afección Naturgy, como empresa promotora, non aporte ningún estudo de expertos no Camiño de Santiago que de maneira imparcial acredite que o impacto deste proxecto enerxético non terá unha grave afectación sobre a Ruta Xacobea. Nesta liña Ecoloxistas en Acción Galiza considera imprescindible que calquera decisión da Administración galega que impacte sobre o valor histórico e sobre o futuro do Camiño de Santiago sexa respaldada por especialistas de maneira profesional e independente.

]]>
346