Perú – Ecoloxistas Galiza https://ecoloxistasgal.org Atlantica e Verde Tue, 28 Feb 2023 10:00:00 +0000 es hourly 1 https://wordpress.org/?v=6.5.5 https://i0.wp.com/ecoloxistasgal.org/wp-content/uploads/2024/07/cropped-00.-LOGO-EG-SEN-FONDO-150x150-1.png?fit=32%2C32&ssl=1 Perú – Ecoloxistas Galiza https://ecoloxistasgal.org 32 32 234963627 #RepsolFaiteCargo: A xira de pescadores afectados polo maior desastre ambiental da historia do Perú chega a Galicia https://ecoloxistasgal.org/ecoloxistas-en-accion-galiza-apoia-a-xira-de-pescadores-peruanos-afectados-pola-vertedura-de-repsol-que-o-proximo-2-de-marzo-recalara-na-cidade-da-coruna/ Tue, 28 Feb 2023 10:00:00 +0000 https://ecoloxistasenaccion.fala.gal/?p=211 Ecoloxistas en Acción Galiza apoia o evento organizado pola Asociación Entrepueblos e a entidade civil peruana CooperAcción, que conta coa colaboración de Ecologistas en Acción e o Observatorio das Multinacionais en América Latina (OMAL).

Voluntarios implicados na limpeza da vertedura de Petróleo de Repsol (Fonte: El Salto)

O acto, presentado pola xornalista Alba Barbadillo e a celebrar no espazo da librería “A Tobeira de Oza” da Coruña (rúa Merced 24) o xoves 2 de marzo ás 18:30 horas, contará coa presenza de Zenón Gallegos e Luis Antonio Díaz, pescadores artesanais e dirixentes das asociacións de pescadores de Chancay e Aucallama, xunto ao sociólogo peruano Alejandro Chirinos -director de CooperAcción- e Aranza González, da plataforma veciñal galega “Aire limpo nas Mariñas Mandeo”. 

O seu obxectivo será reivindicar xustiza e reparación para as máis de 50.000 persoas afectadas pola vertedura de petróleo acontecida na costa do país sudamericano en xaneiro de 2021, así como esixir a restitución ambiental dos ecosistemas danados polo vertedura, que finalmente afectou a unha superficie de 11.060 hectáreas.

A vertedura, de 10.396 barriles de petróleo, causou non só un verdadeiro desastre ecolóxico senón que tivo un grande impacto a nivel socioeconómico en actividades como a pesca, o comercio e o turismo. Doutra banda, afectou gravemente á biodiversidade, nalgúns casos a especies en perigo de extinción como a nutria mariña ou o pingüín de Humbold, ademáis de a 48 praias e dúas áreas naturais protexidas.

“Este desastre ambiental supuxo unha dura proba para a capacidade de resposta do Estado peruano a todos os niveis, e as comunidades e familias deben ser compensadas de maneira xusta, polo que repsol debe facerse cargo dos danos causados e asumir a súa responsabilidade” -declarou Nery Díaz, presidenta da Asociación Ecoloxistas en Acción Galiza-.

A xira, iniciada o 14 de febreiro, rematará o próximo 3 de marzo logo de percorrer as cidades españolas de Barcelona, Valencia, Alicante, Madrid, Bilbao e A Coruña.

Cando? xoves 2 de marzo.

Onde? librería A tobeira de Oza (rúa da Merced nº14, A Coruña).

]]>
211